martes, 29 de marzo de 2011

EXPOSICIÓN: DESTINO O MUNDO



Este ano estamos a levar a cabo uns cantos Proxectos Interdisciplinares, que se materializan en exposicións cas que poñer bonitiña a nosa Biblioteca.
O que vos presentamos a continuación e unha colaboración entre o Departamento de Artes Plásticas e Xeografía e Historia, realizada polo alumnado de 3º da ESO.
Actividade consistíu nun traballo sobre turismo, dirixido pola nosa fantástica profesora de Xeografía e Historia, Isabel, na que os alumnos/as elaboraban un tour por diferentes países, que presenatban en forma de presentación power point, diario de viaxe, guía turistica, etc...
No tocante a Eduación Plástica e Visual, a nosa labor foi realizar maquetas e siluetas dalgúns dos edificios máis representativos do mundo, así mesmo tamén dbuxamos as siluetas dos continentes para situar os monumentos construíos en cada país.
Na zoa de exposición da Biblioteca do IES poderedes atopa, ademáis dos traballos relizados, libros, enciclopedias e películas referentes ao tema.
Estades todos invitados.
Se queredes saber máis visitade a blog Antártida (Xeografía de 3º) ou A Ollada Indiscreta (Educación Plástica e Visual)




No hay comentarios:

Publicar un comentario