jueves, 27 de junio de 2013

REFRÉSCATE LENDO. RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN.


Excursión dos clubs de lectura a Allariz-Ourense


Despois dun curso de boas lecturas, os clubs de lectura do IES de Monterroso "Enrédate coa lectura I", "Enrédate coa lectura II" e "Lector@s da Ulloa", compartiron onte experiencias nuha saída a Allariz e Ourense.
Na vila natal de Vicente Risco fixemos un percorrido polo fermoso casco histórico, así como a visita aos museos do coiro, do liño, do muíño e do xoguete.
O xantar foi xunto ao literario río Arnoia donde algúns atrevéronse a bañarse nas súas augas.
Tras unha breve visita a Ourense, pola tarde, disfrutamos enormemente das termas de "A Chavasqueira" donde realizamos un circuito termal completo.
Día de cultura, ocio e relax despois dun curso de lecturas trepidantes. Vos agardamos para o vindeiro curso 2013-14.
Bo verán e boas lecturas. Grazas pola vosa colaboración.








viernes, 21 de junio de 2013

Teatro para os máis pequenos


O día 20 de xuño, alumnos de 1º ESO do club de lectura "Enrédate coa lectura", representaron esceas teatrais no Colexio "Os Pinos" de Monterroso. Os máis pequenos disfrutaron coas actuacións de "Casa de bonecas" de Ibsen e curtas adaptacións da obra "Besos" de Roger Olmos.
 Grazas o colexio polo trato tan familiar co que nos recibiron.






lunes, 3 de junio de 2013

Mini e Mero: Trovadores deste século



O pasado mércores estiveron no IES de Monterroso Mini e Mero. Charla e música de novo no Salón de Actos do centro. Os cantantes do inicial grupo "Fuxan os ventos" e despóis integrantes de "A Quenlla" ofrecéronnos unha nova forma de aprender disfrutando. O tema xirou en torno á música de tradición oral baseada nas cantigas medievais. 

Mini e Mero como trovadores deste século.

Última sesión de Lector@s da Ulloa


Última sesión do club "Lector@s da Ulloa". O pasado xoves asistimos á última xuntanza do club de pais e nais do IES de Monterroso. "Unha lectora fóra do común"  de Alan Bennet foi o libro que pechou este curso 2012-13. Unha noveliña sobre libros e e bibliotecas. 

Recollimos nesta última sesión algunhas das opinións dos membros do club, son respostas á cuestión Que vos aporta vir cada mes ao club de lectura?

Manuel: "Sabiduría"

Pedro:"A lectura e asistir ao club prodúceme sosiego e tranquilidade, poder falar dos libros que compartimos... pasamos bos momentos, sen dúbida"

Asunción: "Fórzate, no bo sentido da palabra, a ler. É un encontro con novos autores.

Filo: Un encontro con autores que eu nunca leería, así coñezo autores continuamente, cada mes...

Miguel:"Volver a ler. Compartir, enriquecer a miña lectura coas aportacións de todos e todas. Unha experiencia que ten que continuar"

Isabel: "A experiencia de compartir moito más cun libro"

Cadro-estrela da semana: "O nacemento de Venus"




Pintura italiana do Renacemento do século XV italiano.


A táboa representa o nacemento de Venus nas augas, empuxada á beira polo sopro dos Zéfiros, ventos suaves,  sendo recibida por Flora, deusa da vexetación e a natureza,  entre unha choiva de rosas.


O verdadeiro tema do cadro é Venus como a representación da beleza inalcanzable, espiritual, de ensoñó, existente no Mundo das Ideas (Platón) pero non no mundo terreal.

Outra lectura, de signo relixioso, é o bautismo. O Cristián nace da auga do bautismo.


Na pintura de Botticelli prevalece a liña, o debuxo, desatendendo o volume e a perspectiva. Botticelli busca plasmar a beleza, non pretende ser fiel á realidade. As cores, azuis  e verdosas, danlle ao cadro unha sensación de irrealidade celestial.

"O nacemento de Venus" é unha das grandes obras da Historia da Arte universal. A podemos contemplar, xunto á sua xemela "A primavera" na Galería Ufizzi de Florencia.