Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de noviembre de 2017

SIMONE SAIBENE PRESENTA PELERINAXES

   O día 28 de novembro o produtor, guionista e director de cine Simone Saibene presentou a súa película Pelerinaxes no IES de Monterroso. Mantivo unha charla co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato sobre cine e, máis concretamente, sobre a rodaxe de Pelerinaxes, que en parte se realizou na propia vila de Monterroso.




miércoles, 28 de mayo de 2014

"Balzac y la joven costurera china"


Esta obra de Dai Sijie é unha homenaxe á literatura non só como medio de coñecemento senón de ventá cara a plenitude persoal e a liberdade. Os dous adolescentes protagonistas alivian a súa penosa situación na China de Mao a través da lectura, coñecendo así outros mundos. No libro  está presente o tema do amor e  da liberdade.
Para rematar o curso, que mellor forma que lendo sobre libros!
 

A obra foi levada o cine polo propio autor en 2001 recibindo o Globo de Oro á mellor película no ano seguinte. 



martes, 27 de mayo de 2014

Cadro-estrela da semana: "Marilyn Monroe" de Andy Warhol


A obra proposta é o retrato de Marilyn Monroe, do artista pop Andy Warhol


O Pop Art é un movemento artístico que nace a mediados dos anos 50 en Reino Unido (David Hockney) e nos Estados Unidos (Warhol, Lichtenstein, Wesselmann), acadando a súa plenitude nos anos 60.
As obras do arte pop teñen un marcado carácter figurativo, apoiado na imaxinaría do mundo do consumo e da cultura popular: anuncios, revistas, periódicos, cómics, personaxes famosas ou obxectos cotiáns de consumo. Unha arte de fácil comprensión que se contrapón frontalmente coa excesiva intelectualización do Expresionismo abstracto (Pollock, Rothko, De Kooning). Ademáis, téntase achegar a obra de arte ás masas, repetindo en series as súas obras a través de medios mecánicos e semiautomáticos.
 Entre os máximos representantes do Pop Art destaca a personalidade do norteamericano Andy Warhol, autor da obra que nos ocupa. Son famosas, por exemplo, as súas latas de sopas Campbell's, ou de botellas de Coca-Cola, os retratos serigrafiados de personaxes famosos como Liz Taylor, Marilyn Monroe ou Elvis Presley, cun estilo moi similar ós anuncios publicitarios.
 Xunto a Warhol tamén deben mencionarse outros artistas como Roy Lichtenstein ou Tom Wesselmann. En Inglaterra, os representantes máis importantes foron Eduardo Paolozzi e David Hockney.
 A traxectoria de Warhol comeza primeiro coa reproducción de tiras cómicas e publicitarias para logo centrarse na realización de imaxes de obxectos cotiáns, así como retratos das personaxes máis célebres da súa época, utilizando principalmente a técnica da serigrafía.
  En efecto, a serigrafía de Marilyn Monroe é unha das obras máis coñecidas de Warhol, nela reprodúcese unha fotografía da sex-symbol dos 50.

 A imaxe amosa a face da diva, elaborada con formas simples e sen excesivos detalles, destacando nela as cores vivas e os contrastes cromáticos. Non hai perspectiva, a obra configúrase en dous planos coma nos anuncios publicitarios.
 A técnica da serigrafía permítelle ó artista reproducir a súa obra ata a saciedade, algo que se convertiría nun selo persoal de Warhol. Máis alá da representación da cara de Marilyn, Warhol explora na súa obra a banalidade e fugacidade da fama (non fai falta recordar o tráxico destino de Marilyn Monroe), e como a sociedade crea íconos de masas.

 O Pop Art é unha nova tendencia artística que xorde despois da Segunda Guerra Mundial e que tenta recuperar a complicidade do público levando ó museo elementos da cultura popular e de masas.

Emilio Gómez Méndez, 2º BAC A



miércoles, 7 de mayo de 2014

Club de lectura: "El señor de las moscas"


"El señor de las moscas" é unha obra clásica da literatura contemporánea. O seu autor é o británico Willian Golding que foi Premio Nobel de literatura no ano 1983.

O autor, ademáis de novelista, foi profesor e tomou parte na II Guerra Mundial. Os seus textos exploran os dilemas morais e as reaccións do ser humano cando éste está sometido  a situacións extremas. Os anos de barbarie e a crueldade da guerra causáronlle un gran impacto. De aí a súa visión pesimista sobre o ser humano.

"El señor de las moscas" é unha obra sobre a condición humana, unha reflexión sobre a falta de normas e do establecemento dunha forma de goberno tiránica e violenta. Isto está moi en relación co contexto da época que vivíu Golding: o ascenso dos totalitarismos.

A novela conta a historia dun naufraxio. Os protagonistas son rapaces entre seis e doce anos. A orde é establecida polos maiores, mentras os pequenos só saben xogar, comer e durmir. Os maiores organízanse para a caza, fan os refuxios, piden axuda a través de sinais...Sen embargo a violencia, o sangue e a morte van caracterizar a forma de goberno tiránica que se impón na illa. O tema da guerra está moi presente no libro. Unha reflexión sobre o ser humano, sen dúbida.


A lectura do mes de abril no club de lectura "Lector@s da Ulloa"

martes, 8 de abril de 2014

Cineforum: "Ágora"


Na tarde de onte os alumnos de 2º ESO asistiron a unha sesión de Cineforum na biblioteca do IES de Monterroso. Erica Gayoso,  Lidia Lemos e  Lara Santoalla presentaron o filme dirixido polo director español Alejandro Amenábar.
Antía Pereiro, Martín Rivas e Brandan Martínez foron os encargados de dirixir o debate tras o remate da película cos espectadores.

Esta actividade representa o remate da conmemoración do Día da muller. Os rapaces escolleron este filme entre outros que amosaban o papel da muller en ámbitos moi variados. 

Hipatia de Alexandría é  a personaxe principal de"Agora". É filósofa, astrónoma e matemática nun mundo dominado polos homes. A sabiduría, a intolerancia e o amor son os temas principais desta película cuxa acción se sitúa na cidade de Alexandría


martes, 4 de febrero de 2014

Música de película:"Los descendientes"


 "Los descendientes" é unha película de 2011 dirixida por Alexander Payne e protagonizada por George Clooney.
Matt King (George Clooney), casado e  pai de dúas nenas, vese na obriga de reconsiderar o seu pasado e encauzar o seu  futuro cando a súa muller sofre un terrible accidente de barco en Waikiki. Matt intenta torpemente recompoñer a  relación coas súas  fillas –a precoz Scottie, de 10 años (Amara Miller), e a rebelde Alexandra, de 17 (Shailene Woodley)–, á vez que se enfronta á  difícil decisión de vender as terras da  familia. Herdanza da unión entre a realeza hawaiana e os misioneiros, os King posúen algunhas das últimas zonas vírxenes da praia tropical das illas, dun valor incalculable.

É a  primeira película americana cuxa banda sonora componse exclusivamente con música hawaiana, creada por recoñecidos mestres do género, tanto modernos como clásicos entre os que se atopan Gabby Pahinui, Ray Kane, Keola Beamer, Lena Machado, Sonny Chillingworth , Jeff Peterson, e Dennis Kamakahi.
"Los descendientes" é unha das novidades da biblioteca este ano que acaba de comezar. Emocionante e fermosa película. Recomendable. 

lunes, 27 de mayo de 2013

Saída ao cine dos Lector@s da Ulloa: "El Gran Gatsby"

O pasado venres día 24 de maio, o club de lectura de pais e nais "Lector@s da Ulloa" asistiron ao estreo de "El Gran Gatsby". Filme baseado na obra dun dos grandes escritores  norteamericanos do século XX: Scott Fitgerald.

A película gustou aos ávidos lectores que a atoparon moi fiel ao libro, cunha música e ambientación extraordinarias.

Jay Gatsby, un home cun misterioso pasado, retoma a súa relación con Daisy, o único amor da súa vida e  que se truncara coa I Guerra Mundial. Sen embargo, agora Daisy está casada con Tom Buchanan... Ciumes, amor e desamor son os ingredientes clave nesta pelñicula ambientada nos tolos anos 20.

jueves, 11 de abril de 2013

Cineforum: "Náufrago"


O vindeiro xoves 18 de abril á partir das 17.30 h temos unha nova cita na Biblioteca do IES de Monterroso. Os alumnos de 1º ESO presentan a película "Náufrago". Unha historia de supervivencia a través do Robinson moderno protagonizada por Tom Hanks.

lunes, 9 de julio de 2012

A historia no cine: "14 kilómetros"




Magnífica película dirixida por Gerardo Olivares e estreada en 2007. 14 Kilómetros son os que separan ó continente africano de Europa. Con Violeta, Buba e Mukela percorremos a longa e perigosa viaxe a través do deserto do Sahara para coñecer o que hai detrás do que nos amosan os medios de comunicación. Todos vemos as imaxes da chegada de pateras ata as costas de Canarias e de Cádiz, sen embargo descoñecemos o drama inmenso que hai detrás. Este filme nos transmite todo ese drama que ten como obxectivo a busca dun sono: escapar da pobreza e da fame para intentar chegar a un mundo mellor. 
Esta película formou parte do traballo sobre o Terceiro Mundo realizado na materia de Hª Contemporánea e exposto por Tamara Vázquez, Sandra Núñez e María Rico.

A historia no cine: "Good bye Lenin"



Película do ano 2003 dirixida por W. Becker que amosa a caida do muro de Berlín e a reunificación alemaña cunha mestura de drama e humor. En 1989, antes da caida do muro, a nai de älex, orgullosa socialista, entra en coma. Cando esperta, meses despois, o seu fillo fará todo o posible para que a súa nai non descubra os grandes cambios que tiveron lugar a; a caida do muro, o fin da RDA e  a renificación nunha Alemaña capitalista.
Esta película formou parte do traballo sobre "A caida do mundo comunista" exposto na biblioteca polos alumnos de 1º BAC; Paula Fernández, Cristina Rojo, SAndra Gómez e Martín Mejuto

A historia no cine: "Invictus"





"Invictus" é un filme dirixido por Clint Eastwood en 2009 e protagonizado por Morgan Freeman no papel de Nelson Mandela. Tras o final do Apartheid, o novo presidente do país e figura de primeiro orde contra a política de segregación, Nelson Mandela, trata de acadar a convivencia e a reconciliación de brancos e negros a través do Mundial de rugby celebrado en Sudáfrica en 1995. A victoria de Sudáfrica na Copa Mundial  convírtese no medio para acadar unha cohesión pacífica grazas o deporte.
Apartheid significa separación. Aparece en 1944 para designar a política de segregación racial e da organización territorial aplicadas en África Sur, un estado multirracial, ata 1990. O obxectivo era separar as razas no terreo xurídico establecendo unha xerarquía na que a raza branca dominaba o resto. A poboación negra estaba privada da cidadanía e dos dereitos civís e políticos. O principio do fin do Apartheid tivo lugar co presidente branco De Klerk en 1991. A poboación negra recuperaba así os seus dereitos. O proceso culminou coa chegada de Nelson Mandela á presidencia do país.  tras vintesete anos de cárcere. 
A película amósanos a complexa situación tras o fin do apartheid en Sudáfrica e a política de reconciliación nacional que fomentou Mandela. 
Este filme formou parte da exposición do tema "A descolonización" realizado por Alba González, Dana García, Álex Vázquez e Javier García para a materia de Hª Contemporánea de 1º BAC. O traballo foi exposto na biblioteca do centro donde podemos atopar esta película.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

domingo, 20 de noviembre de 2011

CINE PARA A TOLERANCIA


Recomendamos esta película para traballar a tolerancia no 1º ciclo, Eduardo manostijeras , dirixida por Tim Burton e protagonizado por Johnny Deep, narranos a extraña aparición dun rapaz tímido e amable pero cunha calidade un tanto especial, tixeiras en vez de máns...Na película trátanse diferentes como é o amor, a amizade, a convivencia e a tolerancia e respeto ante o diferente. A min recórdame a un conto infantil mesturado ca historia de Frankeinstein.

Se queredes traballar con ela recoméndovos esta ficha:
http://tolenara2.wikispaces.com/file/view/Eduardo+Manostijeras.pdf

Outra película para traballar a tolerancia no 1º ciclo é Billy Elliot (Quiero Bailar), historia que os relata os esforzos dun rapaz por conseguir o seu soño ser bailarín, enfrentándose aos seus amigos e familia.
Para traballar o película podedes empregar esta ficha de traballo:
http://www.auladecine.es/contenidos/fichas/billy_elliot.pdf

Cine nas titorías

martes, 8 de noviembre de 2011

domingo, 6 de noviembre de 2011

MAIS PELÍCULAS SOBRE CIENCIAS

Na Biblioteca do IES dispoñemos de varias películas que teñen con fio conductor a ciencia nalgunha das súas áreas como.
Una verdad incómoda.
https://docs.google.com/Doc?id=dgtgnh37_28529s9pkhc&pli=1
La Isla.
http://es.wikipedia.org/wiki/La_isla_(pel%C3%ADcula_de_2005)
Blade Ranner
http://www.rafaelrobles.com/tic/cine/dossierbladeurb.pdfEl indomable Will Hunting.
http://fcalzado.es/estudiodefilosofia/sites/default/files/El%20indomable%20Will%20Hunting.pdf
Una mente prodigiosa.
http://www.gaztetxo.com/modulos/usuariosFtp/connrecu/recur349A.pdf

CIENCIA E CINE






















Con motivo do mes da ciencia proxectaranse na Biblioteca dúas películas elexidas polo Departamento de ciencias:
Gattaca e Viaxe ao centro da terra
Se querede traballar estes temas nas titorías podedes empregara s seguintes fichas. Para Gáttaca: http://www.santiagoapostol.net/filosofia/etica.htm
http://mariadoloresgago.blogia.com/2009/111901-actividades-finales-y-gattaca-.php
Viaje al centro de la tierra:
http://www.docentesinnovadores.net/uncontenido.asp?id=1052