Mostrando entradas con la etiqueta EPV. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EPV. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de mayo de 2014

Cadro-estrela da semana: "Marilyn Monroe" de Andy Warhol


A obra proposta é o retrato de Marilyn Monroe, do artista pop Andy Warhol


O Pop Art é un movemento artístico que nace a mediados dos anos 50 en Reino Unido (David Hockney) e nos Estados Unidos (Warhol, Lichtenstein, Wesselmann), acadando a súa plenitude nos anos 60.
As obras do arte pop teñen un marcado carácter figurativo, apoiado na imaxinaría do mundo do consumo e da cultura popular: anuncios, revistas, periódicos, cómics, personaxes famosas ou obxectos cotiáns de consumo. Unha arte de fácil comprensión que se contrapón frontalmente coa excesiva intelectualización do Expresionismo abstracto (Pollock, Rothko, De Kooning). Ademáis, téntase achegar a obra de arte ás masas, repetindo en series as súas obras a través de medios mecánicos e semiautomáticos.
 Entre os máximos representantes do Pop Art destaca a personalidade do norteamericano Andy Warhol, autor da obra que nos ocupa. Son famosas, por exemplo, as súas latas de sopas Campbell's, ou de botellas de Coca-Cola, os retratos serigrafiados de personaxes famosos como Liz Taylor, Marilyn Monroe ou Elvis Presley, cun estilo moi similar ós anuncios publicitarios.
 Xunto a Warhol tamén deben mencionarse outros artistas como Roy Lichtenstein ou Tom Wesselmann. En Inglaterra, os representantes máis importantes foron Eduardo Paolozzi e David Hockney.
 A traxectoria de Warhol comeza primeiro coa reproducción de tiras cómicas e publicitarias para logo centrarse na realización de imaxes de obxectos cotiáns, así como retratos das personaxes máis célebres da súa época, utilizando principalmente a técnica da serigrafía.
  En efecto, a serigrafía de Marilyn Monroe é unha das obras máis coñecidas de Warhol, nela reprodúcese unha fotografía da sex-symbol dos 50.

 A imaxe amosa a face da diva, elaborada con formas simples e sen excesivos detalles, destacando nela as cores vivas e os contrastes cromáticos. Non hai perspectiva, a obra configúrase en dous planos coma nos anuncios publicitarios.
 A técnica da serigrafía permítelle ó artista reproducir a súa obra ata a saciedade, algo que se convertiría nun selo persoal de Warhol. Máis alá da representación da cara de Marilyn, Warhol explora na súa obra a banalidade e fugacidade da fama (non fai falta recordar o tráxico destino de Marilyn Monroe), e como a sociedade crea íconos de masas.

 O Pop Art é unha nova tendencia artística que xorde despois da Segunda Guerra Mundial e que tenta recuperar a complicidade do público levando ó museo elementos da cultura popular e de masas.

Emilio Gómez Méndez, 2º BAC A



martes, 29 de abril de 2014

85 anos con Tintin



O reporteiro máis famoso cumpliu este ano 85 anos desde que fixera a súa primeira aparición en xaneiro do ano 1929. O personaxe de Hergé é o máis recoñecido do comic europeo.

Tintín é  un periodista intelixente e curioso, convertido en detective cuxa búsqueda de viláns, criminais e de tesouros o leva ao longo de todo o mundo. Hergé baseou as súas  historias en feitos do mundo real e en culturas diversas.


"Las Aventuras de Tintin" reúne  un total de 24 álbumes.O 10 de enero de 1929 Hergé publicou por entregas por primeira vez en Le Petit Vingtième. A primeira aventura de Tintin foi unha viaxe a URSS. A esta aventura sumáronse "Tintin en el Congo", "Tintin en América", "Los cigarros del faraón", "La isla negra" entre outros.

Aquí Tintin visita Inglaterra e Escocia

Un sinfin de carismaticos personaxes acompañan a Tintin nas súas  aventuras como o capitán Haddock, o profesor Tornasol, os detectives Hernández e Fernández e a  cantante Bianca Castafiore.

As aventuras destes personaxes están  ambientadas en escenarios reais dos cinco continentes, e en lugares imaxinarios creados por Hergé, tales como Syldavia ou San Theodoros.

Cristina de Plástica e o seu alumnado expoñen estes días no hall principal do IES de Monterroso un percorrido sobre  as
aventuras de Tintin e o seu inseparable Milu.



"Tintin en el Congo" desde unha perspectiva moi colonialista

miércoles, 17 de octubre de 2012

Cadro-estrela da semana: "La bola de cristal"




Este cadro foi pintado en 1902 polo británico John William Waterhouse. Este artista pertenceu ao Grupo Prerrafaelita, que acolleu a un número importante de pintores ingleses cuxo obxectivo era conseguer a beleza e a simplicidade da arte do século XV e XVI, tendo como principal figura ao gran pintor italiano Rafael.

Os Prerrafaelitas son un grupo que representa ao Romanticismo inglés, buscando plasmar no cadro os sentimentos do artista.

Neste cadro "A bola de cristal" amósase a unha muller vestida de vermello mirando fixamente cara unha bola de cristal e realizando algún feitizo coa axuda dun libro e dunha calavera. O autor trata de transmitir a maxia e o poder das profecías, ou sexa, crear no espectador un sentimento místico rodeado dse certo misterio.

Son os grandes temas de Waterhouse, ademáis dos mitos e das lendas baseados na literatura. 

A continuación, os alumnos de 1º ESO opinan sobre o cadro: 

"Gústanos este cadro porque presenta un debuxo perfecto, cunha cor moi intensa, un vermello que parece terciopelo... O rostro da muller, a bola e a calavera causan moita intriga..."
Carmen Barrul e Jose Luis Fernandes

"Un cadro misterioso, gústame..."
Raúl Ríos

domingo, 27 de marzo de 2011

EPV rende homenaxe a Miguel Hernández


Na área de Educación Plástica o día da poesía traballamos a figura de Miguel Hernández, descubrindo algo sobre a súa biografía e ilustrando o poema de "EL CORAZÓN ES AGUA" do poeta.

As pezas que veredes a continuación foi o resultado da nosa dinamización e participación.


sábado, 13 de noviembre de 2010

CADERNOS DE MEDOS

Como xa vos dixen, os alumnos/as de 3º da ESO na materia de Educación Plástica e Visual xunto co "Enrédate coa lectura II" estaban a preparar unha actividade conxunta, mentras uns escribían os seu medos materializábanos en imaxes. O resultado foi dous Cadernos de Medos, onde se conxugan a verbas e as imaxes adentrándose nos medos máis profundos da humanidade; os insectos, a soidade, a pobreza, a oscuridade, o mar, as alturas, a perda de libertade, os monstruos, a morte,etc.
Espero que vos guste: