lunes, 30 de enero de 2012

Novos boletíns

Como tódolos anos a Biblioteca do IES Monterroso realiza algún boletín de formación de usurios, este ano presentámosvos:




jueves, 26 de enero de 2012

Lector@s da Ulloa: "O cazador de papaventos"


"O cazador de papaventos" é unha obra de Khaled Hosseini, un autor comprometido coa realidade política e social do seu país natal, Afganistán. "O cazador de papaventos" é unha historia de traizón e de culpa, unha historia que amosa a ríxida sociedade de castas nun país polo que se van sucedendo diferentes realidades políticas, o derrocamento da monarquía nos anos 70, a ocupación soviética ata 1989, a loita dos muyaidines contra as tropas rusas e a guerra civil e continuada entre estos e os talibáns.
Khaled Hosseini é tamén o autor de "Mil soles espléndidos", unha historia sobre a problemática da muller en Afganistán.

martes, 24 de enero de 2012

ENRÉDATE COA LECTURA II

Como sabedes fai nuns meses limos o primeira aventura dos Megatoxos de Anxo Fariña, O aprendriz de druída. Despois de comentar o libros segundo as fichas habituais das libretas de lectura, sobre o tema, resumo, persoaxes, frases, opións, etc...Os alumnos convertéronse en superheroes como podedes ver a continuación:



















Cadro-estrela da semana: "A liberdade guiando ao pobo"




Este cadro ilustra un gran momento histórico, a Revolución de 1830 en Francia. O autor, Eugène Delacroix, foi o máximo representante do Romanticismo pictórico francés. Como curiosidade, salientar que o pintor asina a obra nun tablón de madeira que se atopa no cadro o carón do neno armado. A figura de muller que se atopa no centro alzando unha bandeira francesa é a representación da liberdade francesa frente a opresión do monarca francés Carlos X. A figura do home que aparece á dereita da muller empuñando un arma é o propio Delacroix, que se pintou a si mesmo no cadro. A composición é piramidal. Na base represéntanse as mortes que houbo nas xornadas revolucionarias, son os que loitaron pola liberdade. Nun segundo nivel están as armas e n centro, cúspide da pirámide, está a liberdade en forma de muller semiespida, xa anteriormente comentada. A policromía do cadro, así como os contrastes de luces e sombras creadas polo pintor, crean un escenario dramático. A victoria do pobo de París na Revolución de 1830 marca o inicio dunha nova época, a de Luis Filipe de Orleáns oposto ós principios da Restauración.

Brais Vázquez

domingo, 22 de enero de 2012

2012 ANO OLÍMPICO

Como sabedes este ano tocan Xogos Olímpicos, e con motivo desta festa do deporte o Biblioteca do IES Monterroso creou unha webquest para proxecto interdisciplinar, onde ademáis aprendelo todo sobre esta efeméride, aprenderemos a facer unha investigación documental, esta vez disfrutando das novas tecnoloxías. Se picades no seguinte enlace poderedes comenzar a traballar.

jueves, 19 de enero de 2012

Un século do Titanic



O "Titanic" foi, no seu tempo, o barco de pasaxeiros máis grande e luxoso do mundo. Iniciou a súa viaxe inaugural o 10 de abril de 1912 partindo do porto de Southhampton (Inglaterra) con destino a New York. Catro días máis tarde, ás 23.40 h do 14 de abril, o barco chocou cun iceberg ao sur das xeadas costas de Terranova e afundiuse ás 2.20 horas do 15 de abril. O sinistro saldouse coa morte de máis de 1500 persoas. O "Titanic" só levaba botes salvavidas para 1178 persoas. De todos xeitos só se salvaron 705 persoas. A razón foi que non se seguíu o protocolo de salvamento e evacuación da nave.
O "Titanic" deseñouse usando algunhas das máis avanzadas tecnoloxías daquela época. sEn embargo o denominado "Insumerxible" quedou partido en dous debido á grieta que se producíu consecuencia co choque do iceberg. Hoxe en día, no fondo das xélidas augas de Terranova podemos atopar os restos daquel luxoso crucero.
Este ano cúmprense cen anos do afundimento do "Titanic". A película, de 1997, recrea o ambente e o luxo daquel barco que se afundíu case na véspera da I Guerra Mundial. É unha película dirixida por James Cameron e protagonizada por Kate Winslet e Leonardo Di Caprio e que podedes atopar na biblioteca do centro. Baséase nunha historia de amor ficticia entre dous pasaxeiros de moi diferentes estratos sociais pero moitos dos secundarios son persoaxes reais que viaxaron na única viaxe do "Titanic". O director vai estrear neste ano unha versión en 3D que estará nos cines en abril, cen anos despois do acontecemento.

martes, 17 de enero de 2012

LA CIUDAD Y LAS BESTIAS

Este febreiro Enrédate coa lectura I, terá oportunidade de descubrir a Isabel Allende e a súa obra La ciudad y las Bestias.
Trala lectuara desta obra que nos fai reflexionar sobre a nosa condición humana, propoñémosvos unha serie de actividades sobre a lectura.
http://literaturaylengua.com/2008/05/18/guia-de-lectura-la-ciudad-de-las-bestias/









viernes, 13 de enero de 2012

Exposición: 1911-2011 Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro


Desde o IES Monterroso queremos conmemorar a través dunha exposición o recén cumprido centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, unha das figuras cumbre da literatura galega do século XX.
Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo en 1911. Comezou a estudar Filosofía e Letras en Compostela, carreira que logo deixou para adicarse ó periodismo. Alí frecuentou tertulias con Fernández del Riego, Torrente Ballester, Carlos Maside...Foi un dos primeiros membros do Partido Galeguista aínda que máis tarde militou na Falanxe e colaborou posteriormente en diversas publicacións franquistas e antigaleguistas. Ao remate da guerra Civil, Álvaro Cunqueiro estableceuse en madrid donde traballou no diario ABC. Nos anos 50 comezou a traballar no diario "Faro de Vigo". En 1932 publica o seu primeiro libro de poemas "Mar ao Norde", "Poemas de si e de non" " e "Cantiga Nova que se chama riveira". En 1955 publica en galego "Merlín e familia", a que seguirán "As crónicas do Sochantre" e"O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca"Nos anos 60 publica "A noite vai coma un río", "Se o vello Sinbad volvese ás illas", "Escola de menciñeiros" e "Xente de aquí e de acolá". Ademáis de obras literarias, Cunqueiro tamén escribiu libros de cociña en galego e en castelán. Foi membro da Real Academia Galega e recibiu diversos premios, o Premio Gil Vicente pola súa obra "Cantiga nova que se chama riveira", o Premio Nacional da Crítica por "As crónicas de Sochantre", o Valle Inclán de teatro galego pola súa obra "a noite vaicoma un río" e o Premio Nadal por "Un hombre que se parecía a Orestes". álvaro Cunqueiro faleceu en Vigo en 1981. Os seus restos repousan no cemiterio de Mondoñedo. Na súa lápida pódense ler os seguintes epitafios:

"Aquí xaz alguén que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis" e
"Louvado sexa Deus que me permitiu facerme home neste grande reino que
chamamos Galicia"

jueves, 12 de enero de 2012

"O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido" de Elías Knorr


Elías Knörr é o alter ego de Elías Portela, tradutor e poeta en galego ("Imaxes na pel", 2008 e "Cos peitos desenchufados, 2010) e en islandés. Con este pseudónimo medieval foi escollido coma un dos poetas máis representativos da lírica actual islandesa, na centésima edición de Poetry Review do Reino Unido, xunto a Sjón e Kari Tulinius. En 2010 recibiu o premio Xohán de Cangas á Creación Literaria na súa vila natal. ESte ano ven de recoller en Mondoñedo o 2º Premio de POesía Díaz Jácome para novos creadores cun poemario baseado en Lwyma, unha lingua artificial propia. "O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido" é o seu primeiro libro en islandés (Sjoarinn meo morgunhestana undir kjolnum"). "A obra presenta a un poeta na busca de novas ribeiras. O autor faise mariñeiro para ampliar o horizonte. Os poemas son capturados nas redes igual cá pesca, ou van á deriva polo mar ata que os atopa varados na praia (...)"

Elías Portela estivo co club de lectura de pais "Lector@s da Ulloa" o curso pasado nunha amena charla sobre as súas traducións e a súa obra poética. Con el pasamos unha velada extraordinaria.

Co pseudónimo de Elías Knorr o autor presenta o seu novo poemario na Librería Trama de Lugo o vindeiro martes día 17 a partir das 19.30 horas.

martes, 10 de enero de 2012

Un clásico levado ó cinema: :" Jane Eyre"



"Jane Eyre" é a recentemente estreada película sobre unha das xoias da literatura inglesa do XIX e tamén un clásico universal. A autora é Charlotte Bronté, unha das tres irmás Bronté que destacaron como escritoras nun mundo dominado por homes. De feito, Jane Eyre publicouse baixo un seudónimo masculino. A obra conta a historia dunha xoven que chega como institutriz a unha gran mansión da campiña inglesa. No lento e agobiante transcurrir do tempo, Jane escoita risas estranas e angustiosas. A protagonista acabará descubrindo o gran segredo da mansión do señor Rochester. Amor e misterio mestúranse nesta obra levada ó cinema por Fukunaga e protagonizada por Mia Wasikowskane Michael Fassbender. Un clásico.

Cadro- estrela da semana: "O camiñante sobre o mar de néboa"




"O camiñante sobre o mar de néboa" é unha obra do pintor alemán Caspar David Friedrich, reresentante do Romanticismo. O século XIX comeza coa expansión napoleónica, Napoleón quere levar os logros burgueses da revolución a Europa. Tras a súa derrota en Waterloo, impóñese en Europa a restauración a través do Congreso de Viena. Isto da lugar ás oleadas revolucionarias de signo liberal-nacionalista do XIX. Na segunda metade do século materializaranse as unificacións de Italia e Alemania. Neste cadro de Friedrich exprésase o sentimento do home fronte a grandiosidade da natureza, tema característico do Romanticismo. Exáltase a paisaxe xermana de bosques e néboas encarnación do espírito do pobo alemán. Nesta obra podemos observar a un home no centro da composición sobre unhas rochas e de espaldas ó espectador, algo propio dos cadros de Friedrich. Os elementos atópanse formando unha pirámide ademáis de observar un gran contraste de cores branco-azulados e negros. Outros pintores románticos que exaltan os sentimentos e a liberdade da creación son os pintores Delacroix e Gericault, os músicos Chopin, Schubert, Schumann e Bethoven e os escritores Lord Byron, Keats, Goethe e Víctor Hugo.

Alba González 1º BAC A

miércoles, 4 de enero de 2012

DÍA DA PRENSA : PARA XOGAR E APRENDER

Como ben sabedes o día Internacional da Prensa é o 3 de maio. Pero dende a Biblioteca andamos a preparar actividades e recursos interesantes para os nosos profesores, moitos dos cales empregan a prensa de forma cotiá as súas clases.
Pero para contribuir con eles e para que no día da prensa nos sobre recursos estamos a seleccionar algúns que dos máis interesantes da rede.



Para traballar os textos informativos:






Para traballar a publicidade:






Para traballar os textos de cada día:






Ademais non podemos de deixar de visitar a escolma de recursos da rede realizada por Julia González. Ceip Mestres Goldar. Vigo. Xornais na aula.