"Cos peitos desenchufados", poemario de galego afincado en Islandia, Elías Portela, é unha nova viaxe literaria baseada na imaxe poética, na súa forza e nas posibilidades da palabra. A reciclaxe, a cirurxía e a logotecnia compoñen un universo poético prmeable e complexo que só atopa a súa razón da existencia na creación dunha linguaxe propia.
O manuscrito ábrese indeciso
e os membros cápsicos do seu horto...
uns campanean e outros non
As badaladas máis enrubestecidas
condimentan o meu ventre
Hai variantes que son unha orxía
e hai variantes que son unha depilación ortográfica
Elías Portela
No hay comentarios:
Publicar un comentario