viernes, 25 de mayo de 2012

Club de pais "Lector@s da Ulloa": "Mil soles espléndidos"



O vindeiro xoves día 31 de maio "Lector@s da Ulloa" reúnese por última vez neste curso que xa remata. A charla e debate xirará en torno á novela do afgano Khaled Hosseini "Mil soles espléndidos".

Segunda novela de Khaled Hosseini, autor de "Cometas en el cielo". "Mil soles espléndidos" ó igual que a primeira xa se convertíu nun gran éxito de ventas. Esta novela do autor afgano-estadounidense narra a historia de amizade entre duas mulleres de orixes diversas cuxos destinos crúzanse polo azar. De fondo, a historia convulsa de Afganistán nos últimos trinta anos.

Khaled Hosseini é medico e novelista. O seu país natal é Afganistán pero a súa familia exiliouse a EEUU donde él estudiou e está afincado desde a invasión soviética en 1979. Publicou en 2003 "Cometas en el cielo", a historia de amizade entre dous nenos e en 2007 sorprendeunos con outra historia de amizade, esta vez entre duas mulleres en "Mil soles espléndidos", obras que xa se convertiron en bestsellers. As súas obras desenvólvense no seu país natal, e supoñen un canto cara a igualdade e a consecución dos dereitos humanos en Afganistán. Sen dúbida, un autor comprometido.

Día das Letras Galegas: Valentín Paz Andrade


Este ano as Letras Galegas rememoran a Valentín Paz Andrade (1898-1987), xurista, político e escritor pontevedrés. Pertenceu ao movemento galeguista nos seus inicios, sendo director do periódico "Galicia" pechado nos anos 20 polo dictador Primo de Rivera. Presidíu o grupo autonomista galego, núcleo do galeguismo en Vigo. Escribíu ensaios literarios, históricos e económicos, sempre amosando preocupación polo avance e progreso de Galicia. Colaborou en "Pueblo Gallego", sendo detido en varias ocasións durante a dictadura franquista pola súa ideoloxía política. Como poeta, pertenceu á Xeración de 1925, destacando a súas obras "Sementeira do vento" e "Cartafol de homenaxe a Otero Pedraio". Asimesmo impulsou ó grupo industrial "Pescanova" en Vigo.

martes, 8 de mayo de 2012

7 de maio: Día da banda deseñada


Nestes días podemos contemplar nas diferentes aulas materia do IES unha homenaxe á incombustible Mafalda, a máis destacada creación do debuxante arxentino Quino.

Mafalda cumpriu xa 50 anos e de sempre foi unha nena intelixente e reflexiva que naceu en 1962. O día da súa primeira publicación foi o 29 de setembro de 1964, co cal o seu aniversario, según comenta o seu creador, celebrarase en 2014.

Calqueira data é boa para lembrar a un dos personaxes máis influintes na historia da banda deseñada. Mafalda sempre amosa a súa preocupación pola paz mundial e pola Humanidade, as súas reflexións son profundas, trátase dunha verdadeira filósofa.

Mafalda sempre foi un gran éxito de vendas. En 1973, coincidindo co seu exilio, Quino puxo fin as andanzas da famosa rapariga filósofa.

Os personaxes secundarios son os seus pais, sempre abraiados ante as observacións da súa filla; o seu traveso irmán Guille; Felipe o tímido e soñador; Miguelito, enérxico filósofo; Manolito o capitalista e Susanita, a súa parlanchina amiga.




Cadro-estrela da semana: "As señoritas de Avignon"



Pablo Ruiz Picasso foi un pintor e escultor español, creador, xunto a George Bracque e Juan gris, do movemento cubista.

Naceu en Málaga en outubro de 1881. Desde 1897 traballa en Barcelona e entra en relación cos ambentes artísticos do modernismo catalán. Alí frecuenta "Els Quatre Gats", lugar de encontro de intelectuais. En 1901 instálase en Madrid donde funda e dirixe a revista "Arte Joven".

Entre 1901 e 1904 leva a cabo os cadros que corresponden a súa Etapa Azul, en cuxas obras dominan os tons azuis.

En 1905 a súa pintura cambia de cor e comeza a denominada Etapa Rosa que se prolonga ata 1906. Nesta etapa os tons son rosas pasteis principalmente.

1907 é considerado o ano do nacemento do Cubismo ó pintar "As señoritas de Avignon". Este movemento rompe coa perspectiva, nos cadros aparecen formas xeométricas e vistos desde diferentes ángulos de visión.

En 1912 introdúcese o Cubismo Sintético que xurde froito da introdución do collage, descuberto por Picasso e con importantes consecuencias na historia da pintura occidental.

A partir de 1917 Picasso comeza unha nova etapa, a denominada neoclásica, caracterizada por formas escultóricas e imaxes grandiosas. Sen embargo, Picasso nunca abandona o cubismo.

En 1924 Picasso déixase influenciar polo Surrealismo. Picasso vai abrindo novos camiños na arte, busca constantemente novas vías, innova continuamente, de aí a súa xenialidade.

En 1936, cando estala a Guerra Civil en España, o goberno da República encárgalle un cadro: "O Guernica". É un compendio do cubismo e unha obra que denuncia a guerra, entendida esta como universal. Na etapa final da súa vida realiza relecturas de grandes obras da pintura universal.

Picasso morre en abril de 1973.

lunes, 7 de mayo de 2012

EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS



Coincidindo co trimestre adicado a Jordi Sierra e Fabra, nomeamos libro estrela unha obra do autor relacionada coas matemáticas; El asesinato del profesor de matemáticas, de maneira divertida Jordi Sierra e Fabra trata o odio do alumnado cara a materia de matemáticas. Con esta novela o alumnado aprenaprende a solicionar problemas da vida cotidiá con simples fórmulas matemáticas.
O profesor de matemáticas propón un xogo  a tres alumnos para aprobar as matemáticas. O venres pola tarde, o profesor more, pero, antes de falecer comenta aos alumnos que o sobre que hai no seu peto indicaralles como buscar ao seu asesino.


domingo, 6 de mayo de 2012

Trimestre adicado a Jordi Sierra i Fabra

Este trimestre adicamos o expositor de autores a Jordi Sierra i Fabra, que xunto Stephen King, e Agustín Fernández Paz completan esta nova sección que comenzamos o curso pasado con Arturo Pérez Reverte.
Como vedes a elección de escritores e moi diversa depende da data, no trimestre adicamos o expositor a un mestre das novelas de terror coincidindo co Samaín. No segundo trimestre adicamosllos a Agustín Fernández Paz, como pequena homenaxe por recibir o VII Premio Iberoamericano SM. Finalmenmte, este trimeste adicámosllos un dos escritores preferidos e máis lido polo noso alumnado, Jordi Sierra i Fabra.
Este escritor catalán nacido en Barcelona en 1947, é capaz conmover ao noso alumnado con historias inocentes que esconden crudas realidades(El niño que vivía en las estrellas ou Kafka ou  la muñeca viajera), asesinar a todo o claustro de profesores para espertar o inxenio ( El asesinato de la profesora de lengua ou El asesinato do profesor de matemáticas), ou ensinarnos os perigos de caer nas drogas ou na anorexía (Campo de fresas e Las chicas de alambre). E por iso que adicamos este trimestre este escritor con alma de músico.
Se queredes saber moito, moito mais de Jordi Sierra i Fabra .
Se queredes saber máis sobre el podedes visitar a súa páxina oficial  http://www.sierraifabra.com/
Foto de http://nomevengasconhistorias.blogspot.com.es/ blog moi interesante que non vos debedes perder.

jueves, 3 de mayo de 2012

Día Internacional da Danza: As grandes iconas da danza




Na exposición que ocupa estes días parte das paredes do IES e que ten como obxecto  conmemorar o Día Internacional da Danza,  podedes facer un percorrido polas grandes iconas da danza do século XX; Nijinsky, Nureyev, Margot Fonteyn ou Isadora Duncan como unha pequena mostra deste apaixoante mundo.

29 de abril: Día Internacional da Danza







Para conmemorar o Día Internacional da Danza, ao longo da actual semana, podemos contemplar no IES unha exposición que pretende amosar a danza a través da historia da arte. Atopámonos polo tanto co pintor das bailarinas, o impresionista Degas; co cadro " A danza" do fauve Matisse; coa alegre escena dos bailaríns de Botero co seu peculiar estilo; cos pintores  barrocos Rubens e Poussin,  co expresionista Nolde  ou o vangardista do Futurismo Boccione coa súa bailarina. Unha maneira de unir duas artes; Pintura e Danza.