Mostrando entradas con la etiqueta día contra a violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día contra a violencia de xénero. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de diciembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


   Na semana do 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero en colaboración co Concello de Monterroso, co CEIP de Monterroso e co CEIP de Antas de Ulla, tal e   como vimos facendo dende hai uns anos.                                                                                                

   O día 25 o alumnado de 4ª ESO e 1º de Bac. tivo a oportunidade de participar nunha charla, organizada polo departamento de Orientación, sobre a prevención da violencia de xénero.



   O mesmo día, o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO desprazouse ata o CEIP de Monterroso para participar nun partido solidario.
Alumnos e alumnas de primaria e secundaria leron diferentes manifestos contra a violencia de xénero. Acto seguido gardouse un minuto de silencio e finalmente rapaces e rapazas do CEIP de Antas de Ulla, do CEIP de Monterroso e do noso centro xogaron varios partidos.





   O xoves 28 de novembro o alumnado de 2º ESO reuníuse na Biblioteca para participar nunha lectura de poemas nas diferentes linguas que se imparten no centro: castelán, galego, inglés e francés. Os textos seleccionados tiñan como tema común a igualdade.



O venres 29 de novembro o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistíu a unha representación teatral no Centro Sociocultural de Monterroso. A obra, Mariposas negras, foi patrocinada polo Concello de Monterroso.
Ao tratarse dunha sesión de teatro foro, o alumnado tivo a oportunidade de opinar, preguntar e incluso participar na propia representación.




Ademais, os alumnos e alumnas de 3º ESO B realizaron traballos contra a violencia de xénero que están expostos no recibidor do centro.



lunes, 10 de diciembre de 2018

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis conmemoramos o día contra a violencia de xénero en coordinación co Concello de Monterroso e cos CEIP de Monterroso e Antas de Ulla. 



O venres 23 de novembro organizamos unha marcha polo pobo a modo de rexeitamento que rematou no centro socio-cultural Lorenzo Varela. Alí alumnas e alumnos dos tres centros educativos leron uns manifestos e unha alumna e unha ex-alumna do instituto interpretaron a canción La puerta violeta de Rozalén.




Finalmente, o alumnado de 1º e 2º de ESO, xunto co alumnado de 5º e 6º de primaria, participaron nun obradoiro no que elaboraron chapas con lemas e/ou debuxos contra a violencia de xénero.

miércoles, 29 de noviembre de 2017

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   O xoves 23 de novembro tivo lugar no IES de Monterroso un acto rexeitando a violencia de xénero.
Participou o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP de Monterroso e o de 1º e 2º de ESO do IES.
   A actividade foi coordinada polos dous centros educativos da vila e contou coa colaboración do Concello de Monterroso.





domingo, 3 de abril de 2011

SEGUIMOS DE EXPOSICIÓN

Durante 15 días o vestíbulo do noso IES engalánase ca exposición Cartas e Amor, a cal recolle a visión de 15 artistas sobre a violencia machista.
Esta exposición prestamos a oportunidade de facer reflexionar ao alumnado sobre a violencia machista, e o que xera: odio, violencia, posesión, celos, perda de identidade, etc...
Ademais esta exposición acompáñase de máis medio cento de libros emprestados pola Biblioteca da Fundación Novacaixagalicia. Todos estes libros fomentan a lectura en igualdade, introducíndonos algúns no universo feminino dende diferentes perspectivas.
Así que estades todos invitados, a ver e ler.
Non me quero despedir sen agradecer a tódolos organismos pertinentes a súa colaboración e axuda para levar a cabo esta exposición. Grazas.

domingo, 28 de noviembre de 2010

SETAS E BOLBORETAS


Este mes xunto ca exposición sobre setas organizada polos Departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Dinamización Lingüística, tamén se expuxo a instalación "BolBoretas" , realizada polo Departamento de Artes Plásticas, que quizo facer un homenaxe a tódolas víctimas de violencia de machista exponendo unha instalación a semana do día Internacional contra a violencia de xénero.
As bolvoretas simbolizan a metamorfosis dun medoñento verme a unha fermosa mariposa LIBREb

lunes, 22 de noviembre de 2010

AS ARTES CONTRA A VIOLENCIA

Con motivo do día Contra a Vilencia de Xénero proxectaremos na Biblioteca cancións de varios artistas contra a violencia machista, poñendo así banda sonora a un día no que nos gustaría que ningunha persoa, xa sea muller ou home fose maltratad@.
Videoclip de música de Uhecco, contra a violencia machista:


Rap Bella y Bestia contra a violencia de xénero.

http://www.youtube.com/watch?v=sFHPRKlCB6g

Outro rap contra a vilencia de xénero e este, poesía urbana, non credes?
http://www.youtube.com/watch?v=vxvUO-FwXeU


A continuación veremos un montaxe de fotografías de personaxes famosas que prestaron os seus rostros para unha campaña contra a violencia de xénero:


Estas famosas no son as únicas en prestar a súa imaxe para campañas publicitarias contra o maltrato, a ontinuación vos poño outra, unha campaña protagonizada por Chenoa, Forlán, e Javier Cámara entre outros.

http://www.youtube.com/watch?v=vWMRO-n-884

O montaxe con ca canción de Orihas Mujer, e moi bonito e pouco vilento, que é o que queremos destacar dende a Vacaloura que se acabe a violencia.
http://www.youtube.com/watch?v=iQuEk7i52JQ

Tamén vos recomendo ver os seguintes curtos:

O primeiro é de Víctor Alútiz sobre a violencia machista:

http://www.youtube.com/watch?v=lY_00na93NY

Dentro desta dinámica de cambio de roles está o curto que vos presento a continuación, é moi sinxelo e por iso mesmo é moi claro.

http://www.youtube.com/watch?v=m8_lHao1hEI


A continuación unha xenialidade de Miguel G.Bergareche :

http://www.youtube.com/watch?v=9lthYbmVf_c


E para rematar un que curto tamén me gustou moito xa que non é tan duro e violento coma outros pero explica perfectamente a visión de moitas mulleres que sinten o maltrato dos seus iguais.

http://www.youtube.com/watch?v=9lthYbmVf_c