martes, 26 de febrero de 2013

Cadro estrela: "Habitación de hotel" de E. Hopper


"Habitación de hotel" é unha das obras máis coñecidas do gran pintor realista norteamericano E. Hopper. Como na maior parte das súas obras, o autor plasma a soidade e a melancolía. Nesta ocasión é unha muller a que aparece no cadro. Está pensativa e concentrada, lendo unha carta. Sentada nunha cama dunha triste e desnuda habitación de hotel, a súa equipaxe está aínda sen desfacer. O cadro nos transmite a soidade do ser humano, o problema deste para comunicarse e relacionarse. A atmosfera  fría e o xeométrico cuarto axudan a esa tristeza e soidade infinitas que se transmiten ao espectador. O rostro en sombra da muller plasma a angustia vital do ser humano.

Libro estrela da semana: "Martes con mi viejo profesor"



"Martes con mi viejo profesor" é o libro estrela desta semana. O seu autor é Mitch Albom e trátase dun testimonio sobre a vida, a amizade e o amor.

A profesora Filomena quixo salientar as seguintes frases do libro:

"Lo más importante de la vida es aprender a dar amor y a dejarlo entrar"

"El amor es lo que te hace sentir vivo, aún después de que te hayas muerto"

"Las cosas materiales no pueden servir de sucedáneo del amor, ni de la delicadeza, ni de la ternura, ni del sentimiento de camaradería"

"Pero si el profesor Morrie me enseñó algo, fue esto: en esta vida no existe el demasiado tarde"

Unha novela que nos da unha lección de vida a todos"

domingo, 24 de febrero de 2013

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Desde Dinamización Lingüística, Remedios García realiza esta selección de poesía no Día de Rosalía de Castro, hoxe 24 de febreiro. É o día do nacemento desta autora galega. Con este poema de temática intimista facémoslle unha pequena homenaxe. Rosalía é a gran representante do RExurdimento da literatura galega do século XIX.


Paseniño, paseniño
vou pola tarde calada
de Bastabales camiño.

Camiño do meu contento;
i en tanto o sol non se esconde
nunha pedriña me sento.

E sentada estou mirando
como a lua vai saíndo,
como o sol se vai deitando.

Cal se deita, cal se esconde
mentras tanto corre a lua
sin saberse para donde.

Para donde vai tan soia
sin que aos tristes que a miramos
nin nos fale nin nos oia.

 
Que si oira e nos falara,
moitas cousas lle dixera,
moitas cousas lle contara.

Cantares Gallegos

viernes, 15 de febrero de 2013

Un poema para cada día: "Toute l'âme résumée..." de Stephane Mallarmé


Stephane Mallarmé foi un poeta e crítico francés; un dos grandes do séc ulo XIX que representa o cumio do movemento simbolista así como o antecedente das vangardas dos primeiros anos do século XX. A súa obra amosa a pegada de maestros como Théofile Gautier e Charles Baudelaire.

Na poesía de Mallarmé atopamos unha sintaxe experimental, cun ritmo e vocabulario pouco comúns. Crea poemas pechados en si mesmos, alonxados do realismo, con constantes resonancias. A sonoridade da súa poesía e as cores xogan un papel importante na súa obra, facendo que a súa traducción sexa complexa.

Toute l'âme résumée
Quand lente nous l'expirons
Dans plusieurs ronds de fumée
Aboli en autres ronds

Atteste quelque cigare
Brûlant savamment pour peu
Que la cendre se sépare
De son clair baiser de feu

Ainsi le choeur des romances
A la lèvre vole-t-il
Exclus-en si tu commences
Le réel parce que vil

Le sens trop précis rature
Te vague littérature

                             Stephane Mallarmé

lunes, 4 de febrero de 2013

O cadro da semana: "A pintora" de Artemisa Gentileschi

Artemisa Gentileschi foi unha pintora do Barroco italiano, discípula de Caravaggio. No século XVII, ser pintora e muller era todo un reto e, sobre todo, algo excepcional.

Artemisa foi unha destacada pintora e a encadramos dentro da innovadora corrente tenebrista.O Tenebrismo supuxo unha  grande innovación na pintura. A partir de contrastes fortes entre luces e sombras trata de representar a realidade. Os focos de luz diríxense as partes que o artista quere salientar do cadro; un rostro, un obxecto... A luz provén do exterior e proxéctase cara os interiores cotiás representados. A muller é a total protagonista da súa pintura; nela atopamos a mulleres bíblicas como Judith ou María Magdalena, autorretratos, mulleres artistas...

En "A pintora", cadro da semana no IES, amosa a unha muller pintora no momento de crear.Trala súa morte en Nápoles, Artemisa Gentileschi foi esquecida durante séculos.


Lector@s da Ulloa: "El gran Gatsby"


O pasado xoves día 31 de xaneiro asistimos a unha nova reunión do club de lectura de pais e nais "Lectr@s da Ulloa". "Marcas de nacemento"  de Nancy Houston e "La vieja sirena" de J. L. Sampedro foron as obra lidas no Nadal. Nosos grandes lectores fixeron comentarios sobre estas obras contemporáneas.

O 28 de xaneiro temos unha nova cita. A obra, nesta ocasión, é "El Gran Gatsby" do norteamericano Francis Scott Fitzgerald. Esta obra captura o espírito da xeración de Fitzgerald é un dos grandes clásicos da literatura contemporánea norteamericana. Unha novela sinxela e fermosa que conta a historia do millonario Jay Gatsby, plasmando á sociedade dun país. Os cartos, a ambición e a luxuria están presentes nesta gran obra. Unha fábula sobre o soño americano.