miércoles, 19 de noviembre de 2014

COMEZO DE CURSO DO CLUB DE LECTURA "ENRÉDATE COA LECTURA".






 
Cinco grupos (2 de 1º de ESO, 1 de 2º e 2 de 3º/4º) . Os de 1º e 2º empezamos con Lu e Go pola Muralla de Antonio Reigosa, Usha, de María Reimóndez  e Lúa do Senegal, de agustín Fernández Paz, que os iremos intercambiando agora en novembro e en xaneiro (en decembro non hai xuntanza).
Os de 3º/4º empezaron con Retrato de un adolescente manchado, de Jordi Sierra i Fabra, e Corredores de sombra, de Agustín Fernández Paz. Este mes intercambiaranos.



O Club de Lectura de Adultos, "Lector@s da Ulloa" tivo a súa primeira xuntanza deste curso o 28 de outubro. Escomenzamos o curso lendo El Extranjero de Albert Camus.
A  obra  conta  a historia de Mersault, un home en apariencia común e  corriente, desde que recibe a noticia da morte de súa nai, ata que é  condenado por asasinato.

 Pero Mersault  non é tan común e corriente, dalle  igual que o amen ou non, que o condenen  ou  o absolvan. Non cree en Deus nin na vida despois da morte. É dicir, un extranxeiro no seu mundo.

É este carácter (¿inhumano?) de Mersault o que merece a condena, máis incluso que o asasinato. Mersault é enviado ao cadalso non polo que fixo, senón  polo que non sentiu  ao facelo  
A próxima xuntanza terémola o 25 de novembro. Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, será o noso libro de diálogo e reflexión.