domingo, 31 de octubre de 2010

ENRÉDATE CA LECTURA II, CANDO PETAN NA PORTA POLA MOITE E A LÚS DO CANDIL



O pasado mércores realizamos a primeira xuntanza dos dous grupos do club de lectura "Enrédate ca lectura I" . O resultado das primeiras lecturas do club, A lús do candil, de Ángel Fole, e Cando petan na porta pola de noite, de Xabier Puente Docampo foron as seguintes produccións literarias.

Os membros do clube de 1º da ESO seguindo os pasos de Xabier Puente Docampo, redactaron os seu temores, que serán ilustrados por alumnos/as de 3º da ESO.




















TEÑO MEDO A……………

As arañas, as serpes, as medusas, as avespas e algún réptil.

A escuridade, os monstros ,os ladros os extraterrestres e os exames.

A que non haxa animais nin flores.

A morte, a tolear.

As películas de medo, o home do saco, a que veña Dark Vader a miña habitación.

As rapazas que gastan a tarxeta de crédito.

A comunicarme

A perder as miñas pertenzas: obxectos, familia.

A quedarme só.


VICTOR BUSTO . ESO A.


EU TEÑO MEDO A ..........

As mulleres

O troncos

A factura do móbil

Os exames

Os asasinos

A verba ornitorrinco

A quedar inútil

Os caracois e formigas

As cacas

E a morte

ADRIÁN GÓMEZ 1º A

EU TEÑO MEDO A ..............

A morte.

As medusas.

As serpes, os caimáns.

Os ladróns e asasinos.

A factura do móbil.

A quedarme na ruína.

A que dar torto.

A suspender.

A non poder ver as estrelas pola noite.

A que se extingan os seres vivos.

A que lle pase algo a miña familia.

BALBINO 1º A.


EU TEÑO MEDO A .......

As cobras, os cágados, medusas, os ornitorrincos e os caracois.

As mulleres.

A factura do móbil a fin de mes.

Os exames.

A morte.

A quedar vexetal.

A que me rouben.

ALEX DIÉGUEZ NEGRO 1º A
EU TEÑO MEDO A:

As arañas, medusas e as serpes.

Os monstros imaxinarios.

As mulleres.

A factura de fin de mes.

Os exames.

A o mar.

A quedar inútil., en silla de rodas ou nunha cama ríxida.

A non oír, a non ver.

A que lle pase algo a miña familia.

A ser vexetariano ( sen carne non vivo)

DAVOR 1º A

EU TEÑO MEDO A ..............

A suspender.

A factura de fin de mes.

Os ladróns.

Os monstros imaxinarios, a Godzila.

A quedar sen casa.

As pitóns e os ornitorrincos.

A perder as miñas pertenzas.

A morte.
ROI 1º A.
Os/as alumos/as de 2º ESO inventaron a súa historia a partir dun parágrafo do relato; " O espello" do libro de Anxel Fole, Á lus do Candil.

O día das bibliotecas celebra o Samaín

O luns 25 de outubro festexamos o día das Bibliotecas con un contacontos de relatos de terror, levado a cabo por Inés , da Xente das Palabras. A que nos narrou "A morte de Bieto" de Rafael Dieste, Ademáis de lendas urbanas de Arrepíos e outros medos , de Reigosa e Miranda.

Neste obradoiro-contacontos os rapaces de ESO escoitaron contos , riron e participaron describindo qué é o medo para eles, no caso dos alum@s de 1º ciclo.








Os máis grandes arrancaronse tímidemente a contar historias que lle contaban seus avós, como foi o caso de Montse de 4º A,
da que esperamos que nos escriba a historia para poder colgala neste blog.





Outro dos participantes no relato de experiencias foi o alumno de 4º , Héctor Rivas, que nos tivo en intriga durante os 10 minutos que durou a narración do seu relato rematando por tomarnos o pelo a todo, ja,ja,ja. Nembargantes teño que decir que dominou totalmente a técnica da narración oral; narrar en primeira persoa, dar datos concretos de cidades, datas e persoas que o acompañaban que poidan asegurar os feitos ( testigos), enfiado dos feitos foi continuo e sen intromisións, creando falsos desenlaces ata rematar ca nosa sorpresa e a súa gargallada. Para aqueles que non podéirades oirlle contar a historia pedídelles que a repita, non ten perda.



OS "CONTOS" DE E. A. POE INAURARON OS CLUBES DE LECTURA ESTE CURSO 2010-2011


Dous dos clubes de lectura do IES Monterroso, "Enrédate coa lectura" e "Lector@s da Ulloa", comezaron este novo curso 2010-2011 a súa andaina coa obra de E. A. Poe "Contos". Dunha selección variada lemos alguns deles. O que máis gustou foi "O corazón delator", de feito, no club dos rapaces fixemos unha lectura do mesmo. Un home asasina a outro e delátase á policía porque o corazón do morto non deixa de later baixo o chan no que o asasino o ocultou. Por que cometeu o asasinato? Delátase pola súa mala conciencia? Estaba louco o protagonista? Cal é a sorpresa final? Todo isto o comentamos no club o pasado xoves día 28 de outubro. Tamén fixemos referencia a outros relatos e Poe: o terror puro en "O estrano caso de Valdemar", a misteriosa atmosfera de "A caida da casa Usher", ou as increibles sorpresas finais de "O barril de amontillado" e "O pozo e o péndulo".
Os "deberes" para o próximo mes son "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda para os membros do club de rapaces, e "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte para os pais. Disfrutade das lecturas!

IMAXES PARA O SAMAÍN: EDWARD GOREY






Edward Gorey foi un escritor, poeta e humorista moi singular. Traballou no cine e no teatro, en obras como
"Drácula". Este norteamericano foi un dos ilustradores máis cotizados dos anos 70 do século XX influindo enormemente en cineastas e animadores como Tim Burton e Rob Reger o creador de Emily The Strange. E. Gorey é excéntrico, macabro e perverso.
Aquí van algunhas das súas maravillosas ilustracións

UN PASEO POLOS RELATOS FANTÁSTICOS DO SÉCULO XIX


É no século XIX, co Romanticismo, cando emerxen os contos de medo e fantásticos na literatura anglosaxona e xermánica. As pantasmas, a morte, os ambientes con néboas e melancólicos, as mansións tenebrosas con pasadizos e criptas misteriosas... Todo forma parte dun bo relato fantástico que nos faga pasar un rato de suspense, de sustos e de medo...O ideal para estes días de principios de novembro. Entre os autores do XIX cabe salientar a E.T.A Hoffmann, a E. A. Poe, A. Machen, a S. Le Fanu ou a M.R. James, entre outros moitos.
Os relatos de Hoffmann mesturan a realidade e a fantasía, donde todo parece ser unha metáfora do oculto, do mal. Na aparente realidade ocúltase outra moito máis inquedante. Na lectura do relato"El hombre de arena", que vos recomendo, podemos apreciar todas estas características que definen a obra deste autor.
Nos relatos de Poe plásmanse as obsesións, as alucinacións e os pesadelos do mundo interior atormentado deste autor. Un deses temas obsesivos é a morte que aborda en relatos como "A caida da casa Usher", "O corazón delator", "O caso do Señor Valdemar", "O enterro prematuro" etc. Poe crea densas ambientacións nos seus relatos, usa unha linguaxe directa, o narrador, na maior parte dos casos, é en primeira persoa, e sempre logra o suspense ata o final da obra. Este é un bo cóctel para lograr un bo relato de medo.
Le Fanu e M. R James son especialistas en relatos de pantasmas da verdadeira novela gótica ("Shalken el pintor", "El grabado"); e A. Machen escribe sobre forzas espantosas e secretas e divinidades antigas ("El dios Pan").
Vos deixo cunha cita de M.R. James "Tratádeos con delicadeza", escribiu o autor referíndose ás súas queridas pantasmas de ficción...

jueves, 21 de octubre de 2010

GRACIAS UNESCO POLA BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL


O noso compañeiro TIC, Tano, que ben soa ...tic,tano,tic,tano.....informounos do regalo da UNESCO a toda a humanidade, que lanzou en internet a Biblioteca Dixital Mundial.

Esta " nova Biblioteca de Alexandria", hai ata 1200 documentos escaneados no seu idioma orixinal pero dispoñemos de explicacións es sete linguas entre elas o español. Cando accedes a este complendio do saber, accedes a historia universal do coñecemento.
Con un simple clic, podense pasar as páxinas dun libro, acercar ou alexar os textos e movelos en tódolos sentidos. A excelente definición das imáxenes permite unha lectura cómoda e minuciosa. Na BDM podemos atopar dende a Declaración de Independencia de Estados Unidos, así como as Constituciones de numerosos países; o diario dun estudioso veneciano que acompañó a Fernando de Magallanes na súa viaxe alrededor do mundo; o orixinal das "Fabulas" de Lafontaine, a
Biblia de Gutemberg, a célebre Biblia del Diablo, do século XIII, da Biblioteca Nacional de Suecia.
A estructura da BDM foi calcada do proxecto de diXitalización da Biblioteca do Congreso de Estados Unidos.
Os seus responsables afirman que a BDM está sobre todo destinada a investigadores, maestros y alumnos. Pero a importancia que reviste ese sitio vai moito máis allá da incitación ao estudio das novas xeneracións que viven no mundo audiovisual. Este proxecto tampoco é un simple compendio da historia en liña: é a posibilidade de acceder, íntimamente e sen límite de tiempo, ao exemplar invalorable, inabordable, único, que cada uno algunha vez soñou coñecer.

sábado, 16 de octubre de 2010

NA PROCURA DO LIBRO AGOCHADO



Este ano levaremos a cabo un novo xogo, Na procura do libro agochado, cada día darásevos un pista para que atopedes un libro en concreto agochado nas Bibliotecas das Aulas Materias.
En breves teredes novas de onde se pode atoparo noso primeiro libro agochado.

A imaxe é da película Los mundos de Coraline,

película que conta a historia dunha rapaza, que abre una porta segreda na súa nova casa e descubre unha segunda versión da súa vida. A primeira vista, a realidade paralela é curiosamente parecida a súa vida de verdade, ainda que moito mellor. Pero cando a súa incrible e marabillosa aventura empeza a tomar un cariz peligroso e a súa outra nai intenta mantela a seu carón para sempre, Coraline deberá recurrir a súa determinación e coraxe, a axuda dos veciños e a un gato negro co don da fala para salvar os seus auténticos pais, a unos nenos pantasmas e regresar a casa.
A película é unha adaptación da novela gráfica de Neil Gaiman e ilustrada por Dave McKean.
A película foi dirixida por Henry Selick, que foi o director de Pesadilla antes de navidad, onde o formidable Tim Burton era o productor e credor da obra, e por iso que podemos ver certa parcido cas películas de Tim Burton. Establecendo parecidos razonables entre o obras podemos facer o comparativa das temáticas entre esta historia e Alicia no pais das maravillas , conto que levou a gran pantalla fai pouco Tim Burtom.

OUTUBRO DE MEDO!!!







Esta primeira xuntanza dos clubs de lectura xirará arredor dos contos de medo, así Lectores da Ulloa e Enrédate coa lectura I lerán Contos de Edgar Allan Poe, do que tamén temos preparado a proxección de varios contos do escritor . Os máis cativos, Enrédate coa lectura II, adentraranse na tradición populares da literatura oral lendo Cando petan na porta pola noite de Xabier P.Campo , para traballar co libro podemos empregar a seguinte guía didáctica de Xerais : http://www.xerais.es/catalogos/proyectos_lectura/XG00015901_1.pdf
Tamén lerán A lus do candil de Ánxel Fole co propósito desta lectura podemos gravar lecturas en voz alta a igual que a seguinte iniciativa:









miércoles, 13 de octubre de 2010

ARCIMBOLDO: RETRATOS CO COTIDIANO
























"VERTUMNO"
O RETRATO DO EMPERADOR
RODOLFO II DE BOHEMIA

Este retrato de Rodolfo II de Bohemia foi realizado por Arcimboldo un artista italiano do Renacemento no século XVI. Era o pintor da corte de Bohemia, por iso retratou a este monarca en moitas ocasións.

Arcimboldo é considerado un pintor un pouco extravagante, xa que os retratos os fai a partir de froitos, verduras, frores e animais.

O emperador Rodolfo aparece nesta pintura na que as súas meixelas son unha mazá e un melocotón, a boca duas cereixas, os cabelos son racimos de uvas, peras, granadas, os brocados da luxosa roupa son frores variadas... Podes intentar distinguilas, é un exercicio divertido.

O autor quixo representar ó rei como unha divinidade romana: a Flora



AS SERIES: "AS ESTACIÓNS" E "OS ELEMENTOS"

Ademáis dos retratos do rei de Bohemia, este artista tan orixinal, realiza series como "As estacións" e "Os elementos".

En "A primavera" utiliza frores de todo tipo (rosas, margaritas, amapolas, dalias, azahar e azucena) formando a bela face dunha muller nova.

En "O verán" son os froitos propios desa época como o melocotón, as cereixas, o allo, pepino, grosellas e guisantes os que conforman o retrato.

En "O inverno" observamos no retratado troncos e ramas secas, e no de "Outono" setas, vides, figos, cabazas, pementos e cebolas.


Moi bonita é a serie dos elementos: Aire, Auga, Terra e Lume

En "Aire" son as aves as que conforman o retrato; en "Auga" son os peixes, corais, moluscos, crustáceos e perlas; en "Lume" aparecen os canóns, trabucos, vela e mistos; en "Terra" son animais como o león, o cordeiro, o cabalo e o xabarín os que compoñen a obra.

Realmente, Arcimboldo foi un gran xenio, non cres?

Isabel

martes, 12 de octubre de 2010

PREMIO NOBEL DE LITERATURA


Como xa sabedes este ano concedeuselle o premio Nobel de Literatura a Mario Vargas Llosa , na nosa Biblioteca dispoñemos dos seguintes títulos do escritor peruano, La ciudad de los perros . Con esta novela Mario Vargas Llosa segue o recoñecemento internacional do público e da crítica.
Esta obra adentrase nun colexio militar onde os alumnos reciben formación escolar e disciplina militar. Narra varias historias destes rapaces os que se lles somete a vivir baixo imposicións e normas castrenses, sendo incluso humillados e sometidos e potenciando valores como agresividade, valentia, sexualidade, que o escritor critica duramente.
A novela conxuga a dureza da educación que reciben, coa superación, soños e ilusións dalgún superviventes que loitan por sair destas imposicións e desenvoleverse como persoas.

lunes, 11 de octubre de 2010

OS ALUMNOS OPINAN

Unha alumn@ anónim@ de 3º da ESO, que podemos chamar Sagitario recomendanos este mes, Retrum, de Fransec Miralles. " Cuenta la historia de un chico Christian que al morir su hermano en un accidente de moto se une a un grupo llamado Retrum, para recorrer aventuras con los muertos"
A vacaloura fixo os deberes e convídavos a entrar na páxina da novela :
http://www.retrum.es/Novela.html

Sagitario tamén recomenda : El amor más allá de la muerte . " El argumento gira entorno a una chica Belinda, que muere al caer de unha montaña rusa. Un mes despúes regresa para vengarse de la persona que la mató y despedirse de su verdadero amor"

Se queredes saber máis recoméndovos o seguinte enlace:
http://www.belamormasalladelamuerte.com/2009/06/18/video-bel-amor-mas-alla-de-la-muerte/





Ademáis de ver esta entrevista ca autora do libro e escotar a banda sonora da novela.






Heitor Gómez Díaz, alumno de 2º da ESO, opina sobre o libro da nosa Biblioteca : Cómo dibujar monstruos mitológicos. " Este libro es genial, porque puedes dibujar grandes bestias". Exemplo de disto é o debuxo que nos adica a tódolos lectores da Vacaloura.


martes, 5 de octubre de 2010

UNHA BIBLIOTECA DE MEDO!



Ademáis do Concurso de Relatos de Terror tamén estamos preparar outras actividades:
Expositores sanguentos,este mes adicaremos os expositores o Día de Difuntos, asi que poremos libros de temática de terror nos expositores da Biblioteca.
Contos para non durmir. Contacontos de medo. Día das Bibliotecas 25 de Outubro.
Ciclo de contos Edgar Allan Poe, proxección de adaptacións cinematograficas dos seus contos. Semana do 25 o 28 de Outubro.
Para levar a cabo este actividade consultaremos os seguintes enlaces:
El cuervo, versión de los Simpson
El retrato oval.
El gato negro

El corazón delator
El pozo y el péndulo
La máscara roja
Vincent
Homenaxe de Tim Burton a Edgar Allan Poe

Outras curtametraxes ca temática de difuntos que quero compartir con vós son:

Este curto encantoulles os meus alumnos do curso pasado de 1º da ESO.
El espectro del bosque
Hasta los huesos
o La llorona de René Castillo






CONCURSO DE RELATOS DE TERROR




Con motivo do Samaín estamos a preparar actividades especiais, unha delas é o Consurso de Relatos de Terror, o gañador terá un premio e os participantes tamén serán recompensados. Anímete!

COUSIÑA LINDA




Na procura de novo material atopei un blog delicioso de doces ilustracións non deixesdes de provalo:




As ilustracón son de André Neves ,Holly Clifton Brown e MeLisa Peck









viernes, 1 de octubre de 2010

ENRÉDATE COA LECTURA.

Xa está aberto o prazo de inscripción para os clubs de lectura. Este Outono tamén lemos!!!!
Apúntate ti e mais a túa familia.
Información na Biblioteca do I.E.S.
Ilustración de Penelope Bugahall

El otoño es un andante
melancólico y gracioso
que prepara admirablemente
el solemne adagio del invierno.
George Sand

Benvidos ao novo curso 2010/2011!
Este periodo escolar temos en mente novas actividades para dinamizar a Biblioteca do I.E.S. e fomentar a lectura, mais para que estás actividades funcionen, se repitan e se xurdan outras novas fainos falta algo esencial: a túa
colaboración.
Ca ilusión de que participades activamente coa Biblioteca do Instituto nacen novas seccións , como é o muro onde disporedes dun espazo para colgar adicatorias, poesías e pensamentos. Este espazo será físico é virtual, xa que tódalas semanas recollerei as mensaxes e publicareinas nunha entrada do blog, para que sexan imperecedeiras, se tendes fotografías ou debuxos para ilustrar o muro tamén serán publicadas.
Tamén inicio un pequeno concurso sobre a "Frase da semana"tódalas semanas a profesora de Plástica levará escrito no seu bolso unha frase dun persoaxe famoso, se adiviñades quen a dixo e sodes os primeiros en comunicarllo recibiredes un premio.
Seguimos a ter seccións fixas coma é O libro e o cadro estrela, onde recomendamos libros e cadros, esta sección esta aberta a todos os que querades participar. Se queredes recomendar libros e cadros e escribir porque vos gustou publicarase no blog da Biblioteca . Se recomendades 10 libros ao longo do curso e a recomendación está ben alaborada recibiredes un agasallo, ao final do curso.
Este curso tamén queremos facer un concurso de Trivial por cursos, e moitas sorpresas máis.
Esperando vervos pronto pola Biblioteca do Instituto, un saulo. A vacalora