lunes, 27 de mayo de 2013

Saída ao cine dos Lector@s da Ulloa: "El Gran Gatsby"

O pasado venres día 24 de maio, o club de lectura de pais e nais "Lector@s da Ulloa" asistiron ao estreo de "El Gran Gatsby". Filme baseado na obra dun dos grandes escritores  norteamericanos do século XX: Scott Fitgerald.

A película gustou aos ávidos lectores que a atoparon moi fiel ao libro, cunha música e ambientación extraordinarias.

Jay Gatsby, un home cun misterioso pasado, retoma a súa relación con Daisy, o único amor da súa vida e  que se truncara coa I Guerra Mundial. Sen embargo, agora Daisy está casada con Tom Buchanan... Ciumes, amor e desamor son os ingredientes clave nesta pelñicula ambientada nos tolos anos 20.

martes, 14 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013: Rosa Cedrón no IES de Monterroso


Este curso para conmemorar  o Día das Letras Galegas estará connosco a artista  Rosa Cedrón.
Rosa Cedrón  é cantante e violonchelista, coñecida por ser a voz do grupo "Luar na lubre". Colaborou con Mike Oldfield no disco Tubular Bells III incrementado a popularidade do grupo galego. A partir de 2005 inicia a súa carreira en solitario co seu disco "Entre dous mares". En 2010 sacou novo disco xunto a artista Cristina Pato.



Con todos nós, o día 16 de maio no IES. Todo un pracer.

lunes, 6 de mayo de 2013

Un poema para cada día: "El remordimiento" de Borges



El remordimiento
He cometido el peor de los pecados
que un hombre puede cometer. No he sido
feliz. Que los glaciares del olvido
me arrastren y me pierdan, despiadados.

Mis padres me engendraron para el juego
arriesgado y hermoso de la vida,
para la tierra, el agua, el aire, el fuego.
Los defraudé. No fui feliz. Cumplida

no fue su joven voluntad. Mi mente
se aplicó a las simétricas porfías
del arte, que entreteje naderías.

Me legaron valor. No fui valiente.
No me abandona. Siempre está a mi lado
La sombra de haber sido un desdichado.

Borges



Escrito por J. L. Borges tres días máis tarde da morte da súa nai, éste é un poema que. Borges sempre detestou. María Kodama, a súa outra metade,  dixo nunha entrevista "Él  me dicía: Mire, nunca vaya a escribir nada tres días después de que yo muera. Porque eso será sentimental, llorón como un mal tango y le va a perseguir toda su vida. pero es un buen poema"

miércoles, 1 de mayo de 2013

Lector@s da Ulloa: "Unha lectora fóra do común"


Para rematar  o curso, a última lectura escollida para o infatigable club de pais e nais da Ulloa, foi "Unha lectora fóra do común" de Alan Bennet.
Xunto a Westminster instálase unha biblioteca móbil. A raíña de Inglaterra interésase polos libros e o servizo que esta ofrece, descubrindo a grandes autores, grandes obras e, por suposto, o pracer da lectura.
Unha obriña curta e  deliciosa cun gran sentido do humor para pechar o club deste curso. Que mellor que un libro sobre o descubrimento e o pracer da lectura. Dedicada a todos os nosos lectores da Ulloa.