miércoles, 20 de marzo de 2013

21 de Marzo: Día da poesía


Un poema de José de Espronceda  sobre a liberdade


Amor e poesía en Neruda
 
Sempre o amor romántico na poesía de G. Adolfo Bécquer




Poesía e música en Rosalía de Castro


García Lorca é o poeta español máis lido de todos os tempos


Poesía amatoria de Miguel Hernández


A beleza e o sentimento de Octavio Paz

Cantar de Mío Cid






martes, 19 de marzo de 2013

Un visionario: Julio Verne


Na biblioteca de aula de historia podedes atopar bastantes novidades, entre as que salientamos varias novelas de aventuras de Julio Verne. Entre elas están "Viaje al centro de la Tierra", "La vuelta al mundo en 80 días" y  "De la Tierra a la Luna". 

Tres grandes exemplos da obra deste gran visionario que foi Julio Verne, para moitos considerado o pai da ciencia ficción. Foi un estudoso da tecnoloxía da súa época, ésta da un paso máis nas súas novelas, sempre ó servizo da imaxinación do lector.  De feito, na súa obra" De la Tierra a la Luna", hai moitas semellanzas coa nave Apolo XIII a que chegaría á Lúa case un século máis tarde.



 A obra de Verne tamén pode ser encadrada na novela de viaxes. De feito, o autor viaxou moito ó longo da súa vida, coñecendo moitos lugares de Europa e América do Norte. 


Verne anticipa, nas súas obras escritas no século XIX, o século XX.




"La historia del arte explicada a los jóvenes"




"La historia del arte explicada a los jóvenes" é  unha das novas adquisicións da biblioteca de aula de historia.

Cuestións como Cando comeza e remata a rte?, Como era a arte da Prehistoria? Como facían os impresionistas para plasmar a luz nos seus cadros? En que consisten as vangardas artísticas? Cales son as obras máis importantes da hiostoria da arte?

Este libro axúdanos a coñecer algo máis do mundo da arte aproximándonos ós seus artistas, correntes e obras imprescindibles.

Podes atopar esta obra na biblioteca de aula de Historia, no primeiro andar, na aula "Concepción Arenal"

martes, 12 de marzo de 2013

Lector@s da Ulloa: "El ladrón de tiempo"


"El ladrón de tiempo" é  una novela de John Boyne, o autor de obras tan coñecidas como "O neno do pixama a raias" e "La casa del propósito especial".

Nesta ocasión, Boyne, trasládanos aos tempos da Francia prerrevolucionaria. Alí atopámonos con Matthieu Zelà, o protagonista,  que descubre que é posuidor dunha característica insólita, a inmortalidade.

Isto fai posible que o lector acompañe a Zèla a través dos principais sucesos da historia contemporánea.
Os acontecementos e o tempo vividos o ai máis sabio e maduro, pero ao protagonista fáltalle a felicidade.

Obra interesante para o club de lectura "Lector@s da Ulloa" deste próximo mes. A cita, o derradeiro xoves de abril, o día 25. Vos esperamos, coma sempre, na biblioteca do IES.

jueves, 7 de marzo de 2013

8 de marzo: Día Internacional da Muller


Tempo de mulleres, mulleres no tempo



Músicas
Escultoras
 
Arquitectas

Artistas da maxia


Poetas
Fotógrafas
Cineastas
Novelistas
Pintoras

Fotógrafas
Artistas circenses