jueves, 29 de enero de 2009

LENDO A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



O clube de lectura escolleu a obra de Agustín Fernández Paz para desfrutar da literatura no curso 2009. Perito Industrial Mecánico, Mestre de Ensino Primario e Licenciado en Ciencias da Educación, nace en Vilalba en 1947. Entre 1988 e 1990 foi membro do Gabinete de Estudios para a Reforma Educativa, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, formando parte do equipo de Lingua que preparou os Deseños Curriculares para as etapas de Primaria e Secundaria. A súa obra foi premiada en múltiples ocasións con recoñecementos como: Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove, Lista de Honra do IBBY, etc...e amplamente traducida a diversas linguas, constitúe un referente incuestionable da literatura infantil-xuvenil galega. No 2008 gaña o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil.


O calendario de lecturas é o seguinte:


As flores radioactivas: 13 de Novembro de 2008


Contos por palabras: 27 de Novembro de 2008


Rapazas: 15 de Xaneiro de 2009


Trece anos de Branca: 29 de Xaneiro de 2009


Cartas de inverno: 12 de Febreiro de 2009


O centro do labirinto: 26 de Febreiro de 2009


Noite de voraces sombras: 12 de Marzo de 2009


Aire negro: 16 de Abril de 2009


Corredores de sombra: 30 de Abril de 2009


O único que queda é o amor: 14 de Maio de 2009

martes, 20 de enero de 2009

CONCURSO DE MICRORRELATOS E ILUSTRACIÓN


Co gallo da conmemoración do 30 de xaneiro convocamos entre o alumnado do centro un concurso de microrrelatos e / ou ilustración que teña como tema central a paz. O prazo de entrega dos traballos e ata o día 28 de xaneiro. Agardamos unha boa participación. O relato e a ilustración gañadora serán publicados no blog.

lunes, 19 de enero de 2009

LIBROS PARA A PAZ


O 30 de xaneiro celébrase o día da paz, e para ir facendo boca recordamos algúns deses libros que nos ensinaron que a literatura é un exemplo de diálogo e compromiso cos valores máis xustos e antibelixerantes.


O principiño de Saint-Exupèry


O camiñante de Norman Hesse


Johnny colleu o seu fusil de Daltón Trumbo


As consecuencias económicas da paz de J.M. Keynes


Sen novidade na fronte de E.M. Remarque


Adeus ás armas de E. Hemingway


O neno do pixama a raias de J. Boyne


Soldados de Salamina de J. Cercas


O Diario de Ana Frank de A. Frank


Contra o fanatismo de Amos Oz


Os libros arden mal de Manuel Rivas


Agosto do 36 de X. Fernández Ferreiro

domingo, 18 de enero de 2009

GRAZAS POR AXUDARNOS A RESISTIR


Visituonos en Novembro do 2008 pero non podíamos comezar este blog sen citala. A escritora Rosa Aneiros dialogou cos alumnos do seu libro Resistencia. Contounos as pequenas historias que se esconden detrás do proceso creativo dunha novela. Do valor que ten esforzarse e pelexar polo que cremos. Da literatura como necesidade para expresarse. Do valor da curiosidade. Dos contos que unha escoita cando é nena. Resistencia é unha novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer, fermosa e memorable; toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.

miércoles, 14 de enero de 2009

PARA COMEZAR UN POEMA


Estrada

O indicador decía Con niebla, no se detenga
mais a néboa chegou a ser tan mesta
que detivo coidadosamente o coche.
Botouse fóra, andou uns pasos,
pero un medo lendario fíxoo retroceder.
Non había ruído nin eco
como se todo o existente se esvaera.
Puxo a radio e só escoitou unha música árabe,
que coño, tan ao Norte.
Foi entón cando se viron aquelas siluetas no parabrisas.
Eran vacas,
enormes cabezas con ollos de auganeve.
MANUEL RIVAS