O alumnado de debuxo artístico de 2º de Bacharelato realizou estes traballos con motivo do Samaín. Están baseados nas ilustracións de Fernando Vicente da novela Drácula de Bram Stoker.
O libro está dispoñible na Biblioteca.
A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
Un ano máis, o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do I.E.S. de Monterroso convoca o concurso de relatos de terror. Aquí está a convocatoria:
A primeira obra seleccionada neste grupo de lectores de 1º de ESO é El niño que vivía en las estrellas, de Jordi Sierra i Fabra.
Con esta novela reflexionaremos sobre aspectos formais ou de contido, aspectos que aparecen reflectidos na seguinte ficha de traballo: