Mostrando entradas con la etiqueta competencia lingüística. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta competencia lingüística. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de noviembre de 2013

Hora de Ler: Na busca do tesouro de Rande


Estes días, na Hora de Ler, os rapaces de 2º ESO achegáronse a un anaquiño da historia de Galicia de principios do século XVIII.

En 1702, galeóns cargados de ouro e prata procedentes de América, refuxiáronse na Ría de Vigo. A idea era guarecerse dos buques de guerra ingleses que se atopaban no Atlántico á espera de tan rico botín.
Os galeóns fondearon na enseada de San Simón e os seus tripulantes construiron unha gran barreira de paus e cadeas no Estreito de Rande, donde  hoxe localizamos a ponte do mesmo nome.

Os navíos ingleses, sen embargo,  entraron na ría  desencadeándose unha gran batalla. Os galeóns afundíronse na enseada, a excepción do Santo Cristo de Maracaibo, que foi levado polos ingleses cunha gran carga cara á saída da ría rumbo a Inglaterra tras a súa victoria en Rande. O barco, no medio da néboa, afundiuse contra unas rochas xunto as Illas Cíes. O tesouro quedou así afundido para sempre na ría.

A mediados do século XX, uns intrépidos norteamericanos achegáronse a Galicia en busca do tesouro afundido. Tras moitos intentos e inmersións infructuosas, non se atopou nin rastro do ouro e a prata.

O misterio de Rande segue ahí.


lunes, 28 de enero de 2013

Descubrindo a poesía con Carlos Negro




Hoxe estivo compartindo experiencias no IES o escritor Carlos Negro. Os rapaces dos clubs de lectura "Enrédate coa lectura I" e "Enrédate coa lectura II" asistiron na biblioteca a unha forma diferente de ver, ler e sentir a poesía. 
 
A través da lectura e dramatización da súa obra "Maquinaria" os rapaces descubriron  que os temas da poesía poden ser os da vida cotiá," un planeta", como ben dixo o escritor, no que os alumnos están inmersos. Despois, os alumnos participaron nun creativo obradoiro de poesía. 

domingo, 27 de marzo de 2011

A Competencia en Comunicación Lingüística. Un proxecto de Centro


O día 1 e 2 de abril celébrase en Santiago as II Xornadas sobre A Competencia en Comunicación Lingüística. Un proxecto de Centro. As cal temos o pracer de asistir como relatores, para compartir en xeral as experiencias dos diferentes Departamentos e en concreto na área de EPV. Como material que acompañe a exposición Cristina Fernández elaborou dúas presentacións que podedes ver a continuación: