Mostrando entradas con la etiqueta recomendacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recomendacións. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de mayo de 2022

BANDA DESEÑADA. RECUPERANDO OS CLÁSICOS: TINTÍN

 ¿Coñecedes a Tintín? É o protagonista dun dos clásicos da banda deseñada. Na Biblioteca contamos con moitos títulos cos que disfrutar das súas aventuras.



lunes, 23 de diciembre de 2019

LER E VER NO NADAL 2019

Algunhas recomendacións para estes días de descanso...




viernes, 15 de diciembre de 2017

Ler e Ver no Nadal

Estas son as nosas propostas para disfrutar ainda máis das vacacións do Nadal


miércoles, 22 de junio de 2016

Lecturas para o verán

Recomendacións lectoras para que non te aburras nas vacacións


miércoles, 28 de mayo de 2014

"Balzac y la joven costurera china"


Esta obra de Dai Sijie é unha homenaxe á literatura non só como medio de coñecemento senón de ventá cara a plenitude persoal e a liberdade. Os dous adolescentes protagonistas alivian a súa penosa situación na China de Mao a través da lectura, coñecendo así outros mundos. No libro  está presente o tema do amor e  da liberdade.
Para rematar o curso, que mellor forma que lendo sobre libros!
 

A obra foi levada o cine polo propio autor en 2001 recibindo o Globo de Oro á mellor película no ano seguinte. 



martes, 8 de abril de 2014

Cineforum: "Ágora"


Na tarde de onte os alumnos de 2º ESO asistiron a unha sesión de Cineforum na biblioteca do IES de Monterroso. Erica Gayoso,  Lidia Lemos e  Lara Santoalla presentaron o filme dirixido polo director español Alejandro Amenábar.
Antía Pereiro, Martín Rivas e Brandan Martínez foron os encargados de dirixir o debate tras o remate da película cos espectadores.

Esta actividade representa o remate da conmemoración do Día da muller. Os rapaces escolleron este filme entre outros que amosaban o papel da muller en ámbitos moi variados. 

Hipatia de Alexandría é  a personaxe principal de"Agora". É filósofa, astrónoma e matemática nun mundo dominado polos homes. A sabiduría, a intolerancia e o amor son os temas principais desta película cuxa acción se sitúa na cidade de Alexandría


lunes, 31 de marzo de 2014

"As voces baixas" de Manuel Rivas

O libro de lectura deste mes no club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" é "As voces baixas" de Manuel Rivas. É unha autobiografía do propio autor, da súa infancia, doas súas lembranzas e da súa primeira xuventude. Á vez, é unha biografía colectiva da xente do común ambientada na pequena aldea do Castro de Elviña, nas aforas dunha cidade en crecemento, A Coruña. A propia aldea de Castro, o  cemiterio de san Amaro, a rúa da Marola perto da Torre, a prisión provincial, o instituto mixto de Monelos ou a enxebre taberna Dos Beléns tamén de Monelos son os lugares que poboan esta novela de Manuel Rivas na que nos amosa que son as voces baixas. Estas son as lembranzas, os murmurios dos nenos e tamén as voces prohibidas dos anos do franquismo...
Á vez, Manuel Rivas, réndelle homenaxe a súa irmá María, muller que se adiantou ao seu tempo e que morreu moi nova. 
Manuel Rivas indica que esta obra é un libro do principio e do final. 

A vindeira lectura do club é "El señor de las moscas" de William Golding, un clásico da literatura contemporanea. A reunión, o último luns do mes (28 de abril).

martes, 14 de enero de 2014

Libro-estrela: "Os fillos do mar"



Trepidante novela de Pedro Feijoó  que ten como escenario a ría de Vigo. O autor enlaza o presente, a historia dun proxecto de restauración dun pazo que se lle encarga ao rapaz protagonista;  e o pasado, a historia do tesouro de Rande afundido na ría no século XVIII.
Aventura, misterio e persecucións na ría. Unha novela para todos os públicos.
Este mes "Os fillos de mar" é o libro de lectura do club de pais e nais "Lector@s da Ulloa". Boa lectura a todos.

jueves, 8 de marzo de 2012

Libro estrela de relixión



O Departamento de Relixión recomenda o seguinte libro:
El Rey, el Sabio y el Bufón
El Gran Torneo de las
Religiones
SHAFIQUE KESHAVJEE
Ediciones Destino, 2001
¿Deus ten cabida e sentido na nosa sociedade? Nas súas distintas
manifestacións relixiosas, ¿une ou separa ás persoas? ¿Pode chegar a ser
instrumento de concordia e unidade?

Buscando a resposta a
un extrano soño, o Rei dun país lonxano déixase convencer por su Sabio e o seu
Bufón e convoca nada menos que o Gran Torneo das Relixións, no que compiten
representantes de cinco grandes tradicións relixiosas - un xudío, un cristián,
un musulmán, un hindú e un budista -, ós que se une un ateo.

Pero, ¿qué ocorre cando
un xudío, un cristián, un musulmán, un hindú, un budista e un ateo se encontran
para confrontar as súas opinións? ¿Quén resultará vencedor nesta reñida
competición?

Shafique Keshavjee, escribe
un fermoso libro, con toques de humor e intriga, que nos axuda a comprender as
claves das principais tradicións relixiosas; e ó mesmo tempo invítanos a entendernos,
ou sexa, a achegarnos ó outro aceptándonos noutra das manifestaciónss da nosa
diversidade.

Shafique Keshavjee
(Kenia, 1955)
Teólogo de orixe
hindú é o autor do libro sobre as relixións El Rey, el Sabio y el Bufón:
el gran torneo de las religiones,
É pastor da Iglexa
Reformada
, autor dunha tése doctoral sobre Mircea
Eliade
, (o gran estudioso da fenomenoloxía das relixións), e ademáis é
autor da obra Dios, mis hijos y yo, na que intenta, coa necesidade
cada vez maior do diálogo interrelixioso como referencia, explicarnos quén é Deus.
É tamén un dos
animadores de Arzillier, unha casa para fomentar o
diálogo entre as relixións, en Lausana, Suiza, donde vive actualmente.


Dios,
mis hijos y yo
Shafique
Keshavjee.
Edit. Destino.

É outra obra do mesmo autor. Escrita para aqueles
xóvenes que nunca oiron falar de Dios e para os pais que non saben cómo falar
dél.
Este texto achéganos, a través da Biblia, os
místicos medievais, os pensadores de Oriente e Occidente e de científicos
contemporáneos ás múltiples e ás veces contradictorias formas de concebir o seu
ser superior.


E da mesma temática atoparás na nosa
biblioteca este fermoso, sinxelo e atrainte libro de ROGER-POL DROIT. La
Religión explicada a mi hija.
A través do diálogo coa súa filla de trece anos, o
filósofo Roger-Pol Droit expón de forma clara e sintética qué é a relixión, cáles
son foron e son os principais credos
do home.
«As relixións son un elemento esencial da
experiencia humana. Se non falamos delas ós nosos fillos, é posible que algúns
tesouros da humanidade se lles escapen totalmente.» (p. 12)
Eliade, además de la obra Dios, mis hijos y
yo, en la que intenta,
con la necesidad cada vez mayor del diálogo
interreligioso como referencia,
explicarnos quién es Dios.
Así mismo, es uno de los animadores de Arzillier,
una casa para fomentar el diálogo entre las
religiones, en Lausana, Suiza,
donde vive actualmenteen la que intenta,
con la necesidad cada vez mayor del diálogo interreligioso
como referencia,
explicarnos quién es Dios.en la que intenta,
con la necesidad cada vez mayor del diálogo
interreligioso como referencia,
explicarnos quién es Dios.

lunes, 6 de febrero de 2012

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS


Dende o departamento de Artes Plásticas recomendamos O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Caldeiro, un intelixente forma de coñecer a figura de Van Gohg a través dun adolescente que é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.
Unha interesante elección que mestura arte e literatura.

martes, 10 de enero de 2012

Un clásico levado ó cinema: :" Jane Eyre"



"Jane Eyre" é a recentemente estreada película sobre unha das xoias da literatura inglesa do XIX e tamén un clásico universal. A autora é Charlotte Bronté, unha das tres irmás Bronté que destacaron como escritoras nun mundo dominado por homes. De feito, Jane Eyre publicouse baixo un seudónimo masculino. A obra conta a historia dunha xoven que chega como institutriz a unha gran mansión da campiña inglesa. No lento e agobiante transcurrir do tempo, Jane escoita risas estranas e angustiosas. A protagonista acabará descubrindo o gran segredo da mansión do señor Rochester. Amor e misterio mestúranse nesta obra levada ó cinema por Fukunaga e protagonizada por Mia Wasikowskane Michael Fassbender. Un clásico.

domingo, 18 de diciembre de 2011

PARA LER E AGASALLAR

AGASALLOS DE NADAL

Preparando a recomendación de lecturas para este Nadal topei cun agasallo para a miña vista, o video promocional do libro "El Herbario de la Hadas", un libro de Benjamin Lacombe & Sébastien Pérez, publicado en España por Edelvives. Dispoñible a partir do 17 de outubro e en formato dixital a partir de novembro en i tunes. Non volo perdades é pura maxia!

martes, 8 de noviembre de 2011

¿SUEÑAN LOS ANDROIDES CON OVEJAS ELÉCTRICAS?

No mes da ciencia como é de esperar recomendarémovos literatura realcionada ca ciencia, recomendando non ademáis das enciclopedias de animais, cosmos e corpo humano, unha das lecturas favoritas na nosa Biblioteca, recomendamos ademáis outro tipo de literatura con temática científica. Facendo honor a una película mítica dentro da ciencia ficción Blade Ranner recomedamos o cómic debuxado Tony Parker, que se adáptase fielmente a novela escrita por Philip K. Dick, novela na que se baseou a película de Ridley Scott.
O argumento da historia e o seguinte Rick Reckard, é un cazador de andrillos (androides no film), que deberá enfrentarse a unha nova xeración de adrillos, os Nexus 6, que posen unha capacidad intelectual máis alta ca dos propios seres humanos. A súa búsqueda faralle atopar mais preguntas que respostas, facendo participe ao lector. Se Blade Runner é unha adaptación libre, no cómic atoparémonos coa obra íntegra.
De todos es conocido que dentro de esa capa de cine negro que cubre a la novela, el verdadero argumento de ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, es la concepción de real o no real, además de introducir elementos religosos y de decadencia social en un mundo donde la población humana considerada válida, es casi obligada a emigrar a las colonias espaciales.
No fondo o verdadeiro argumento de ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, é a concepción do real ou non real, ademais de introducir elementos relixiosos e de decadencia social nun mundo onde a población humana considerada válida, é casi obligada a emigrar as colonias espaciales.
Este primer tomo, completase con diversos artículos escritos, nos que se habla da súa relación con Blade Runner e a novela, ademais de incluir as portadas e material extra adicional.


Información de Nuestros Cómics.

martes, 25 de octubre de 2011

Buscando a Drácula


Recreación da historia do vampiro máis célebre da literatura universal. En 1999, un xove bibliotecario atopa fortuitamente o diario da viaxe de Jonathan Harker a Transilvania no século XIX. Éste foi o inspirador do clásico "Drácula" de Bram Stoker en 1897. Un novo punto de vista da aterradora historia do inmortal Drácula.

domingo, 16 de octubre de 2011

miércoles, 12 de octubre de 2011

"Seda" de Alessandro Baricco


"Era 1861. Flaubert estaba acabando Salammbô, a luz eléctrica era aínda unha hipótese, e na ruleta saía sempre o número dezaseis" Así comeza esta obra que nos narra a vida e as viaxes dun comerciante francés de vermes de seda. No Xapón, tras atravesar toda o continente europeo, os Urais, as estepas a lomo dun cabalo e parte de China, o comerciante namórase dunha muller. "Seda" é a historia deste desexo, unha obra que aínda sendo narrativa, é pura poesía.

viernes, 2 de septiembre de 2011

Lecturas de verán: "El silencio se mueve"


"El silencio se mueve, me lo explicó mi padre cuando yo era un niño. Y aquel amanecer de hace treinta años asomados al viejo mirador sobre el mar de la casa vieja de piedra, comenzó a escribirse mi destino...y probablemente, también esta página web. MI nombre es Juan Pertierra y me gusta decir que soy un estudioso del silencio. Durante años utilicé otras palabras; observador del silencio, investigador del silencio, incluso me tentó la idea, ligeramente ridícula, de llamarme detective del silencio"

Así comeza a obra de intriga de Fernando Marías "El siencio se mueve", unha novela dirixida a adolescentes, e na que o lector debe resolver un misterio a través de numerosas pezas que van encaixando. De fondo, o libro de Marías, reflexiona sobre o amor, a verdade, a mentira e a morte.

O autor acadou o Premio de Literatura Xuvenil coa obra "Zara y el librero de Bagdad"

jueves, 17 de marzo de 2011

RECOMENDACIÓN: QUE VER NA TV.


Senón tendes nada urxente que facer o venres as 22:15 ,dende a Biblioteca do IES recomendámosvos que vexades na 2 de TVE o programa de documentais “ Imprescindibles” presentamos un exquisito documental sobre un dos maiores tesouros da cultura oral : os contacontos.
No audiovisual “ La memoria de los cuentos”, o director José Luís López Linares co seu equipo desprázase por toda España recollendo os contos que foron transmitido nos seos familiares, nas portas das casas e nos traballos de recolección de das diferentes comunidades da nosa xeografía.

Con motivo da día da poesía podedes ver o seguinte documental do mesmo programa “Os imprescindibles” sobre Miguel Hernández .