A partir desta semana podemos disfrutar de "cine histórico" na nosa Biblioteca. Cine e historia é unha boa combinación e un xeito diferente e divertido de aprender. Ahí van algunhas delas, que as disfrutedes!
"Juana La Loca" do director español Vicente Aranda , narra a historia de amor de Juana, filla dos Reis Católicos, Isabel e Fernando. Casou con Felipe O Fermoso ó que coñeceu a través dun retrato. A pesar de ser un matrimonio de interese político, amañado a través das relacións diplomáticas entre España e Flandes, Juana namorouse perdidamente do seu home. Felipe namora a moitas outras mulleres da corte tendo devaneos amorosos con éstas. Juana morre cos ciumes... Un día de moitísima calor en Castela, tras participar nun torneo, Felipe bebe, moi sedento, un vaso de auga xeada. Isto lle provoca a morte. Juana tolea, morre o seu grande amor...
"Juana de Arco" do director Victor Fleming e protagonizada pola fermosa Ingrid Bergman, narra a historia dunha granxeira francesa que no século XV tivo unhas visións que lle aconsellaron a sublevación do seu pobo contra Inglaterra. Capturada polos seus inimigos foi queimada na fogueira acusada de bruxa. Esta película de 1948 recibíu catro Óscars da Academia de Holliwood: Mellor Vestiario, Mellor Actriz, Mellor Actor Secundario e Mellor Banda Sonora. Ao longo da historia do cine podemos disfrutar de varios remakes de Juana de Arco.
Outras películas deste xénero que podedes atopar na biblioteca son "1492, la conquista del paraíso" de Ridley Scott (película sobre a conquista de América),"Napoleón" de Sacha Guitry (film que mestura a expansión militar de Napoleón e a súa incrible historia de amor), "El joven Lincoln" de John Ford ( a historia dun dos máis importantes presidentes dos EEUU), "La vida privada de Enrique VIII" de Alexander Korda (film sobre os diferentes matrimonios deste rei inglés do século XVI), e moitas máis...
No hay comentarios:
Publicar un comentario