jueves, 10 de marzo de 2011

Mulleres con sedónimo masculino



Durante moitos séculos, o predominio dos homes no mundo da creación artística foi absoluto. Moitas mulleres utilizaron seudónimos masculinos na súa faceta creadora. É o caso de George Sand (Armandine Dupin) ou a española Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), dous famosos exemplos coñecidos por todos nós. Era unha maneira de evitar a discriminación polo simple feito de ser unha muller creadora, para que a súa obra fora tratada con respeto e para poder publicala. Moitas destas mulleres nunca chegaron ver o seu nome real nun libro publicado, senón o seu seudónimo masculino.

Mulleres que adoptaron un seudónimo masculino para poder ver publicada a súa obra foron Mary Ann Evans (George Elliot), Armandine dupin (George Sand), as irmás Emily, Charlotte e Anne Brontë (Currer, Ellis e Acton Bell), Karen Blixen (Isak Dinessen) En España, ademáis de Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero), nomear a Caterina Albert (Víctor Catalá)

O 8 de marzo, Día da Muller Traballadora vai dedicado a elas. Como actividade nesta data tan especial podemos buscar algunhas obras representativas destas mulleres que vivían nun mundo de homes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario