jueves, 27 de diciembre de 2012

O cadro da semana: A Sibila Délfica da Capela Sixtina



A Sibila Délfica forma parte das pinturas da Capela Sixtina, realizadas por Miguel Anxo no século XVI. O gran artista italiano do Renacemento levou a cabo un gran programa pictórico no que a finalidade era a propaganda do Papado de Roma.

Escenas como a Creación, o Xuízo Final xunto a episodios do Antigo Testamento, as figuras dos profetas e as Sibilas forman parte deste gran fresco da Capela Sixtina do Vaticano.
As Sibilas aparecen aquí porque ellas anunciaron a chegada de Cristo. Tiñan as máxica facultade de adiviñar op futuro. A Sibila Délfica reúne todas as características da pintura do xenio do Renacemento: cores frías (verdosos, azuis), rostro moi expresivo e corpo escultórico, case masculino.
A Sibila Délfica é a máis bela das que se presentan na fermosa Capela Sixtina.

Libro.estrela: "Marcas de nacemento"




Un acontecemento terrible tivo lugar durante a infancia da bisaboa Erra e as súas consecuencias exténdense ao longo de varias xeracións. É un libro sobre o impacto dos acontecementos políticos e familiares, sobre as lembranzas e os sentimentos.


A novela iníciase en California no ano 2004 co mimado Sol; continúa en 1982 co seo pai Randall cuxa infancia transcorre en New York e Haifa; prosegue coa a súa avoa Sadie nos anos 60 en Toronto, e remata con Erra, a súa bisavoa na Alemania da II Guerra Mundial.

Unha marca de nacemento une a todos os familiares.

Impactante final, non volo perdades.


lunes, 10 de diciembre de 2012

Teatro en Francés: "O avaro" de Moliere

O pasado mércores día 5 de decembro o alumnado de Francés do Ies asistíu á representación da obra "O avaro". Trátase dunha das obras clave da historia do teatro en francés e tamén unha das obras máis relevantes do seu autor, Moliere. A historia plasma o lado máis mezquino do home, o egoísmo polo material, que supera aos demáis sentimentos do ser humano. Esta obra do Barroco francés foi estreada en 1668 en París.



Aquí van algunhas das opinións dos asistentes ó evento que tivo lugar no colexio San José de Lugo.

Vanessa Coucheiro de 2º ESO:  "Gustoume a obra, sobre todo a interpretación dos actores, moi bos. Algunhas partes da historia non as entendín moi ben, pero sí o sentido xeral da obra. Foi divertida"

Susana Varela de 2º ESO:  "Gustoume, entendíase moi ben xa que falaban en francés e castelán. Era divertida e didáctica ao mesmo tempo"

Nerea Varela de 2º ESO:  "Gustoume, a coordinación dos actores foi moi boa, sabían moi ben o seu papel. En Lugo aproveitamos para ir á catedral, a contemplar as pinturas da igrexa que descubriron hai pouco"

Un pouco de historia: Día 10 de decembro; Día Internacional dos Dereitos Humanos



A celebración do 10 de decembro do día dos Dereitos Humanos ten a súa  orixe no ano 1950. Neste ano a Asamblea Xeral das Nacións Unidas convidou a todos os Estados e organizacóns interesadas a que o 10 de decembro observaran  o Día dos Dereitos Humanos (resolución 423 (V)).
Nese Día  conmemórase a aprobación pola Asamblea Xeral da Declaración Universal de Dereitos  Humano de 1948.
A ONU pretendía con esta Declaración Universal sentar as bases dun compromiso ético para obligar a todos os Estados a cumprir e facer cumprir unha serie de normas.
Lembremos que despois da Segunda Guerra Mundial, nos  inicios da Guerra Fría, cando todavía doían as feridas do nazismo e ante as situacións  de inxustiza que se vivían nos cinco continentes, varios países sentiron a  necesidade de unirse nunha organización supraestatal que garantizara o respeto e a dignidade das persoas, e  que evitara a repetición de feitos tan lamentables como a vulneración da dignidade da persoa e o respeto a súas  peculiaridades étnicas, relixiosas o sexuais
Os Dereitos Humanos sostéñense sobre dous piares esenciais da Humanidade: a libertade e  la plena igualdade entre todos os seres humanos. Condicións  inherentes a todo ser humano sen nengún tipo de limitacións, sexan éstas: culturais, económicas, étnicas, sexuais, etc.O concepto de Dereitos Humanos fai referencia ao sentido da dignidade humana antes que calqueira  formulación xurídica ou política.
Nun principio, a declaración levaba por título  "Os dereitos do home" pero  Eleanor Roosevelt, Presidenta da Comisión e feminista, plantexou que o termo excluía ás mulleres e consiguíu que no seu lugar figurara "Dereitos Humanos"