jueves, 30 de abril de 2015

VISÍTANOS MARÍA REIMÓNDEZ

O 28 de abril estivo no noso instituto a escritora María Reimóndez. Á súa charla-conferencia asistiron todo o alumnado de 1ª ESO, os/as alumnos/as, pais/nais/profesores/-as dos diferentes Clubs de Lectura que hai no centro.

Comezou confesándonos que nas súas obras hai moitas situacións que se refiren á súa propia existencia, que dende nena quixo ser escritora e tivo a sorte de contar co apoio incondicional da súa familia, que a literetura é un instrumento para coñecer a realidade e ao mesmo tempo pode servir para cambiar todo o que non nos guste dela...

Na charla, segundo foi contestando ás curiosas preguntas dos alumnos/-as, e tamén dos demais asistentes, fomos coñecéndoa un pouco mellor. Así soubemos que escribía á man, en calquera lugar (no autobús, no tren..), iso si, case sempre planificando as historias con anterioridade. Tamén nos contou que estaba moi satisfeita por poder desenvolver moitos labores ao mesmo tempo : tradutora, intérprete, escritora en galego, activista feminista, implicada en proxectos de desenvolvemento a favor da superación da discrinminación de xénero e ,que o faría “mentres o corpo aguante”.
Fixo unha defensa da nosa lingua, dixo que escribía en galego “porque escribo para vós, para nós” e fixo fincapé na facilidade de aprender unha lingua a partir doutra xa coñecida.
Animou oas rapaces e rapazas que escribiran se iso era o que lles gustaba e que deran a ler os seus escritos .

Adiantounos que xa tiña preparados outros dous libros, un deles que se publicaría en pouco tempo.
Os seus lectores/as estamos desexando poder lelos.



O MÉRCORES TEÑO UN PROBLEMA



SOLUCIÓN PROBLEMA Nº 12
 3
 Bastará con abrir os tres elos dun mesmo trozo e logo usalos para unir os tres puntos de discontinuidade que presentan os catro trozos restantes

 
PROBLEMA Nº 13 (29/04/2015)

CAVANDO GABIAS

Un obreiro precisa unha hora para cavar unha gabia que mide un metro de largo, un metro de ancho e un metro de profundidade.
Canto tempo precisará para cavar unha gabia que mide dous metros de largo, dous metros de ancho e dous metros de profundidade?
 
(Entrega a resposta na Biblioteca antes do 2º recreo do martes 12 de maio)