Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de mayo de 2014

Cadro-estrela da semana: "Marilyn Monroe" de Andy Warhol


A obra proposta é o retrato de Marilyn Monroe, do artista pop Andy Warhol


O Pop Art é un movemento artístico que nace a mediados dos anos 50 en Reino Unido (David Hockney) e nos Estados Unidos (Warhol, Lichtenstein, Wesselmann), acadando a súa plenitude nos anos 60.
As obras do arte pop teñen un marcado carácter figurativo, apoiado na imaxinaría do mundo do consumo e da cultura popular: anuncios, revistas, periódicos, cómics, personaxes famosas ou obxectos cotiáns de consumo. Unha arte de fácil comprensión que se contrapón frontalmente coa excesiva intelectualización do Expresionismo abstracto (Pollock, Rothko, De Kooning). Ademáis, téntase achegar a obra de arte ás masas, repetindo en series as súas obras a través de medios mecánicos e semiautomáticos.
 Entre os máximos representantes do Pop Art destaca a personalidade do norteamericano Andy Warhol, autor da obra que nos ocupa. Son famosas, por exemplo, as súas latas de sopas Campbell's, ou de botellas de Coca-Cola, os retratos serigrafiados de personaxes famosos como Liz Taylor, Marilyn Monroe ou Elvis Presley, cun estilo moi similar ós anuncios publicitarios.
 Xunto a Warhol tamén deben mencionarse outros artistas como Roy Lichtenstein ou Tom Wesselmann. En Inglaterra, os representantes máis importantes foron Eduardo Paolozzi e David Hockney.
 A traxectoria de Warhol comeza primeiro coa reproducción de tiras cómicas e publicitarias para logo centrarse na realización de imaxes de obxectos cotiáns, así como retratos das personaxes máis célebres da súa época, utilizando principalmente a técnica da serigrafía.
  En efecto, a serigrafía de Marilyn Monroe é unha das obras máis coñecidas de Warhol, nela reprodúcese unha fotografía da sex-symbol dos 50.

 A imaxe amosa a face da diva, elaborada con formas simples e sen excesivos detalles, destacando nela as cores vivas e os contrastes cromáticos. Non hai perspectiva, a obra configúrase en dous planos coma nos anuncios publicitarios.
 A técnica da serigrafía permítelle ó artista reproducir a súa obra ata a saciedade, algo que se convertiría nun selo persoal de Warhol. Máis alá da representación da cara de Marilyn, Warhol explora na súa obra a banalidade e fugacidade da fama (non fai falta recordar o tráxico destino de Marilyn Monroe), e como a sociedade crea íconos de masas.

 O Pop Art é unha nova tendencia artística que xorde despois da Segunda Guerra Mundial e que tenta recuperar a complicidade do público levando ó museo elementos da cultura popular e de masas.

Emilio Gómez Méndez, 2º BAC A



martes, 25 de febrero de 2014

Cadro estrela da semana: "A habitación de Arles" de Vincent Van Gogh




 Van Gogh tivo unha vida moi atormentada e difícil. Isto plásmase nos seus cadros. O artista traslada o seu mundo interior ao lenzo. Amosa ao espectador as súas vivencias a través do uso arbitrario da cor, a través de pesadas e pastosas pinceladas así como co uso das espirais e as liñas moi grosas.
“A habitación de Arles” representa a propia habitación do pintor, os obxectos aparecen por duplicado (sillas, almofadas, cadros…) representando así os desexos dun amigo desaparecido.
A cor azul representa a paz que él anhela e o amárelo representa a soidade, moi constante na súa vida. A perspectiva é angustiosa, hai una deformación do espazo que adianta o cubismo.
Van Gogh é un dos representantes do Posimpresionismo, movemento pictórico que se desenvolve en París a finais do século XIX. Gauguin, Cezanne e Toulouse Lautrec son outros posimpresionistas que amosan o seu interior nas súas obras.

Nelí Cereijido, 2º BAC A

martes, 4 de febrero de 2014

Cadro estrela da semana: "A virxe do chanceler Rolin"


"A virxe do Chanceller Rolin" trátase dunha pintura primitiva flamenca do s. XV. O seu autor é Jan Van Eyck.
O cadro recolle o momento en que o Chanceler ora á virxe María. É un retrato, xénero novedoso a finais da Idade Media que terá unha gran importancia no Renacemento. Trátase dunha temática relixiosa pero aparece desacralizada, os personaxes atópanse nunha estancia do século XV e visten ropaxes contemporáneos moi luxosos.


O Chanceller Rollin foi  un home de orixe relativamente modesta que chegou a acadar fortuna. Diplomático influínte, era o home de confianza do duque de Borgoña, e encargou este retrato coma imaxe privada de devoción. Era coñecido polas súas dotes políticas, pero tamén pola súa vaidade, que queda demostrada polo feito de aparecer fronte a Virxe nunha posición de igual a igual.
Aparece representado invadindo o espacio da Virxe, sen distancia nin separaciónxerarquica: o doante ricamente vestido de xeonllos nun reclinatorio, interrompe a súa oración para mirar a Virxe, coroada por un anxo, que sostén ao neno Xesús, que bendice ao chanceler. Destaca o detallismo excepcional na coroa da Virxe, e as luxosas  roupaxes dos protagonistas.
Unha galería de tres arcos de medio punto abre a un xardín que remata nunha muralla pola que asoman dous individuos ante unha cidade en medio dunha paisaxe chá (paisaxe de Flandes de baixo horizonte) atravesada por un río, que se perde nun fondo montañoso.


As obras de Van Eyck, “O matrimonio Arnolfini” e “A virxe do Chanceler Rolin” abre novos camiños á pintura xa que supón unha ruptura co mundo medieval poñendo as bases para o Renacemento
Olalla Vázquez, 2º BAC A

martes, 14 de enero de 2014

Cadro-estrela: "O matrimonio Arnolfini"


"O matrimonio Arnolfini" é unha obra de Van Eyck, artista que vivíu en Flandes, unha zona de gran importancia mercantil na Baixa Idade Media e na que se consolida o ascenso dun grupo social enriquecido polo comercio: a burguesía.

O cadro é un retrato dunha parella no momento da realización da cerimonia sagrada do matrimonio. Na pintura todos os obxectos teñen un significado en relación co tema do matrimonio. Así, o can que aparece no primeiro plano simboliza a fidelidade; as mazás xunto a ventana teñen relación co pecado orixinal, o ventre abultado da muller refírese á maternidade futura da muller; o cadro sobre a cama representa a Santa Margarita, patroa dos partos; a lámpada cunha luz acea que ilumina a estancia amosa unha unión sagrada por Deus.

O que nos chama máis a atención é o espello que aparece ao fondo e que reflicte a escea nupcial. Representa o  triunfo  da perspectiva no cadro. Sobre este, a firma do autor e que confirma dalgunha maneira a escea representada: Jan Van Eyck estivo aquí.


Van Eyck xeraliza o emprego do óleo na pintura o que vai permitir o máximo detallismo dos obxectos que aparecen no cadro e acada un nome na historia da pintura universal debido aos logros experimentados na perspectiva e a luz na súa obra.

Ezra Bueno, 2º BAC A

lunes, 25 de noviembre de 2013

Cadro-estrela da semana: "Lección de piano"


"Lección de piano" é unha obra do artista impresionista francés August Renoir.
Renoir é o pintor da figura humana, gustáballe retratar ás nenas e ás mulleres. Estas sempre aparecen felices e relaxadas. Neste caso pinta a duas rapazas, mestra e discípula, en plena clase de piano. Trátase dunha escena cotiá, moi agradable á vista. Na pintura de Renoir todo é sinxelo, directo, non entraña unha mensaxe difícil de codificar. Ao contrario, é unha pintura intrascendente, que entra directamente polos ollos, de gran beleza e sentimentos, acadados a través dos xestos das figuras que retrata. Trata de captar un intre concreto e plasmalo no lenzo, como nunha instantánea. A pincelada, impresionista, é plumosa e suave, realizada a toques soltos. Renoir é un gran colorista como podemos ver nesta fermosa obra.

viernes, 15 de noviembre de 2013

"Un día de choiva" de Caillebotte



"Rúa de París nun día de choiva"  amósanos  o estilo particular do artista francés Gustave Caillebotte. Encadrámolo nun realismo case fotográfico, moi minucioso,  pero a súa pintura achégase ao Impresionismo de Renoir. Os seus cadros presentan a vida cotiá parisiense nas súas rúas. Neste caso semella unha instantánea que sitúa ao espectador nunha encrucillada de rúas no París de Haussmann, o gran urbanista que cambia a face da capital francesa no século XIX. Haussmann derriba o caótico París medieval e abre amplias avenidas con grandes perspectivas que Caillebotte plasmou nas súas obras.

lunes, 3 de junio de 2013

Cadro-estrela da semana: "O nacemento de Venus"




Pintura italiana do Renacemento do século XV italiano.


A táboa representa o nacemento de Venus nas augas, empuxada á beira polo sopro dos Zéfiros, ventos suaves,  sendo recibida por Flora, deusa da vexetación e a natureza,  entre unha choiva de rosas.


O verdadeiro tema do cadro é Venus como a representación da beleza inalcanzable, espiritual, de ensoñó, existente no Mundo das Ideas (Platón) pero non no mundo terreal.

Outra lectura, de signo relixioso, é o bautismo. O Cristián nace da auga do bautismo.


Na pintura de Botticelli prevalece a liña, o debuxo, desatendendo o volume e a perspectiva. Botticelli busca plasmar a beleza, non pretende ser fiel á realidade. As cores, azuis  e verdosas, danlle ao cadro unha sensación de irrealidade celestial.

"O nacemento de Venus" é unha das grandes obras da Historia da Arte universal. A podemos contemplar, xunto á sua xemela "A primavera" na Galería Ufizzi de Florencia.