lunes, 31 de marzo de 2014

"As voces baixas" de Manuel Rivas

O libro de lectura deste mes no club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" é "As voces baixas" de Manuel Rivas. É unha autobiografía do propio autor, da súa infancia, doas súas lembranzas e da súa primeira xuventude. Á vez, é unha biografía colectiva da xente do común ambientada na pequena aldea do Castro de Elviña, nas aforas dunha cidade en crecemento, A Coruña. A propia aldea de Castro, o  cemiterio de san Amaro, a rúa da Marola perto da Torre, a prisión provincial, o instituto mixto de Monelos ou a enxebre taberna Dos Beléns tamén de Monelos son os lugares que poboan esta novela de Manuel Rivas na que nos amosa que son as voces baixas. Estas son as lembranzas, os murmurios dos nenos e tamén as voces prohibidas dos anos do franquismo...
Á vez, Manuel Rivas, réndelle homenaxe a súa irmá María, muller que se adiantou ao seu tempo e que morreu moi nova. 
Manuel Rivas indica que esta obra é un libro do principio e do final. 

A vindeira lectura do club é "El señor de las moscas" de William Golding, un clásico da literatura contemporanea. A reunión, o último luns do mes (28 de abril).

lunes, 10 de marzo de 2014

Día 8 de marzo: A muller no cine



O cine é reflexo da realidade. A evolución e a transformación da muller non é indiferente na gran pantalla. O cine ten o papel de amosar as desigualdades, de denunciar e ensinar o que ocorre na realidade. Non só a través das temáticas senón tamén a través dos diversos oficios do cine, no que as mulleres están moi presentes e moi valoradas.

En “Libertarias” de Vicente Aranda, un grupo de mulleres anarquistas queren loitar durante a Guerra Civil española. O seu soño era o da igualdade social entre homes e mulleres. O filme amosa a loita polos dereitos acadados durante a II República e arrebatados despois durante a Dictadura franquista.

  “La sonrisa de la Mona Lisa” de Nike Newell é un filme cuxa acción se  desenvolve nos anos 50 en EEUU. Unha profesora de Historia da Arte chega a una universidade para darle clase a un colectivo de rapazas novas e ricas. Nesta película faise una crítica á sociedade patriarcal e á imposición social de que a muller ten que depender económica e socialmente do seu home.



"Coco Chanel" de Anne Fontaine amosa o camino que segue una rapaza francesa de familia modesta para converterse nunha das deseñadoras máis famosas do mundo.  Coco loita polo que desexa nun mundo de homes. Cos seus deseños de roupa tamén transforma o modelo de muller baseado na independencia e o carácter.
 
"Piedras" de Ramón Salazar conta a historia de cinco mulleres moi diferentes pero que comparten o espírito de superación.  Anita, e a súa filla discapacitada, conseguen saír adiante; Isabel trata de volcarse no traballo para esquecer ao seu home maltratador; Mari Carmen conduce un taxi e convírtese en cabeza de familia tras a norte do seu esposo. Todas son mulleres loitadoras e traballadoras.

"Las mujeres de verdad tienen curvas" é unha  película mexicana cuxa acción  se desenvolve en EEUU e aborda a presión social á que está sometida a muller. Conta a historia dunha moza que consegue acceder a un bo instituto como estudante. Sen embargo, a súa familia a intenta convencer de que o seu destino consiste en casar e compracer ao seu home. A protagonista pide una beca para estudar e toma as rendas da súa vida.


"En tierra de hombres" de Niki Caro conta a historia dunha nai cos seus fillos e tras un divorcio regresa ao seu pobo natal no norte de Minessota. Para sair adiante busca traballo nas minas de ferro. O filme amosa a desigualdade laboral que sofren as mulleres e intenta concienciar á sociedade de que os traballos non son exclusivos de homes ou mulleres. 

" Kandahar" de Unha periodista afgana ten que refuxiarse en Canadá pois a represión que sofre a muller no seu país de orixe lle impide desenvolver a súa profesión. Esta filme é un reflexo da situación da muller en Oriente Medio, donde ten que vivir privada de todos os dereitos. Amósase, ó mesmo tempo, o contraste no día a día entre Canadá e a vida diaria en Afganistán.