martes, 26 de abril de 2011


Memorias dun neno labrego. Este é o libro que lemos este mes no club de lectura. Para traballalo na xuntanza imos servirnos das actividades que hai en O Lar de Frianciño, blog da biblioteca do CEIP Frian- Teis. http://chiscos.net/f1/memorias/memorias_dun_neno_labrego.html

martes, 19 de abril de 2011

Proxecto Interdisciplinar

Estas son algunhas das actividades que realizamos en Proxecto Interdisciplinar :

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Dende a Vacaloura decidimos facer un recordatorío de que o 2011 de que este ano e o ano Internacional dos Bosques e como especial homenaxe este video. E xa sabes, pensa en vida, pensa en verde.

Free To Be Me from Ové Pictures on Vimeo.

miércoles, 13 de abril de 2011

Clube de lectura: Persépolis





Persépolis é unha obra gráfica en expresivo branco e negro da autora iraní Marjane Satrapi. De carácter autobiógráfico, cóntanos a través dos ollos dunha rapaza como transcurre a historia máis recente en Irán. Debido á revolución islámica de 1979, que pon fin o goberno do sha de Persia, a historia do país cambia de xeito radical. Irán convértese nunha república fundamentalista. Marjane tiña tan só dez anos de idade e a súa familia decide mandala a Europa, alí terá a posibilidade de vivir en democracia xa que as libertades básicas en Irán son suprimidas. Ao longo da súa adolescencia e xuventude vive en Viena e en París, observando a evolución do país donde nacera e no que permanece a súa familia.
Hoxe en día, Satrapi vive en París e ten prohibida a entrada en Irán.

"Persépolis" é a obra deste mes no club de lectura "Enrédate coa lectura I". A reunión é o día 28 de abril a partir das tres e media., á volta das vacacións.
A autora,

jueves, 7 de abril de 2011

Encontro PLAMBE

domingo, 3 de abril de 2011

SEGUIMOS DE EXPOSICIÓN

Durante 15 días o vestíbulo do noso IES engalánase ca exposición Cartas e Amor, a cal recolle a visión de 15 artistas sobre a violencia machista.
Esta exposición prestamos a oportunidade de facer reflexionar ao alumnado sobre a violencia machista, e o que xera: odio, violencia, posesión, celos, perda de identidade, etc...
Ademais esta exposición acompáñase de máis medio cento de libros emprestados pola Biblioteca da Fundación Novacaixagalicia. Todos estes libros fomentan a lectura en igualdade, introducíndonos algúns no universo feminino dende diferentes perspectivas.
Así que estades todos invitados, a ver e ler.
Non me quero despedir sen agradecer a tódolos organismos pertinentes a súa colaboración e axuda para levar a cabo esta exposición. Grazas.