lunes, 25 de noviembre de 2013

Lector@s da Ulloa: Montedidio



Montedidio é unha fermosa  historia que narra de forma case poética o paso da infancia á xuventude dun rapaz. É a historia dun barrio de Nápoles donde a pobreza e a suciedade están a orde do día. É un mundo de azoteas e de tendedeiros de roupa donde o bulir dos traballadores é constante. Un mundo que nos lembra ao cine neorrealista italiano en branco e negro. Unha historia de supervivencia que tamén nos transmite a beleza que se esconde baixo a suciedade, o primeiro bico, o primeiro amor e  a poesía. Nápoles é unha protagonista máis da novela, así como a propia lingua italiana e o dialecto napolitano, presente durante toda a obra.
O autor da obra, Erri de Luca, é autodidacta. Traballou ao longo da sua vida en innumerables oficios, desde albanel a tradutor de textos bíblicos, pasando por condutor de convois humanitarios durante a guerra da ex-Iugoslavia. Montedidio é unha obra autobiográfica que non nos deixa indiferentes.

Cadro-estrela da semana: "Lección de piano"


"Lección de piano" é unha obra do artista impresionista francés August Renoir.
Renoir é o pintor da figura humana, gustáballe retratar ás nenas e ás mulleres. Estas sempre aparecen felices e relaxadas. Neste caso pinta a duas rapazas, mestra e discípula, en plena clase de piano. Trátase dunha escena cotiá, moi agradable á vista. Na pintura de Renoir todo é sinxelo, directo, non entraña unha mensaxe difícil de codificar. Ao contrario, é unha pintura intrascendente, que entra directamente polos ollos, de gran beleza e sentimentos, acadados a través dos xestos das figuras que retrata. Trata de captar un intre concreto e plasmalo no lenzo, como nunha instantánea. A pincelada, impresionista, é plumosa e suave, realizada a toques soltos. Renoir é un gran colorista como podemos ver nesta fermosa obra.

viernes, 22 de noviembre de 2013

Hora de Ler: Os alumnos opinan




Hoxe, na Hora de Ler, os alumnos de 2º de Agrupamento opinaron sobre os libros que están lendo. Vexamos que nos contan:

Javi: Acabo de comezar a ler "Orballo da mañá". Conta a historia dunha familia que vive nun poboado situado nun deserto de África. A soidade é un dos temas deste libro. Paréceme interesante, estou desexando saber que ocorre...

Xeila: O libro que estou a ler titúlase "Boris". Vai dun rapaz que vive en Leningrado. É un rapaz orfo que ten  que buscarse a vida para alimentar a súa nai viúva. Paréceme interesante e quero saber como acaba...

Tamén lin recentemente un libro en inglés "Tales of Arabia nights". Gustoume moito o primeiro relato. Trata sobre un home moi rico que gasta toda a súa fortuna en comprar cousas das que non ten necesidade. Unha noite ten un soño no que  aparece un home que lle di que volte a O Cairo, que alí atopará os seus tesouros baixo un pazo... Mansur viaxa a esa cidade e alí descobre... Non sigo contando, animádevos a ler máis.

Yaiza: Gustoume moito o libro titulado "Boris" porque trata sobre un neno que ten que buscarse a vida para alimentarse e sobrevivir. O tema é a supervivencia.

Eliana: "Boris" é un libro que me resulta un pouco difícil de ler, pero o tema gústame moito.



miércoles, 20 de noviembre de 2013

Unha das grandes da literatura: Doris Lessing



Estes días deixounos Doris Lessing, Premio Nobel de Literatura en 2007. Foi narradora, poeta e ensaísta. Unha muller comprometida coa vida e coa literatura que explorou na súa obra a experiencia feminina e  as dúbidas existenciais, así como o tema de África e o Terceiro Mundo, sempre moi presente. Escritora moi prolífica, nacida en Persia (Irán),  vivíu en Zimbadwe (antiga Rodhesia) e en Londres. Entre as súas obras salientamos "El cuaderno dorado", "La buena terrorista", "Dentro de mí", "Diario de una buena vecina", "Cuentos de África" ou  "De nuevo, el amor". Novela feminina e psicolóxica que nos atrapa desde a primeira páxina. Unha das grandes. Para sempre, Doris Lessing.

martes, 19 de noviembre de 2013

Hora de Ler: Na busca do tesouro de Rande


Estes días, na Hora de Ler, os rapaces de 2º ESO achegáronse a un anaquiño da historia de Galicia de principios do século XVIII.

En 1702, galeóns cargados de ouro e prata procedentes de América, refuxiáronse na Ría de Vigo. A idea era guarecerse dos buques de guerra ingleses que se atopaban no Atlántico á espera de tan rico botín.
Os galeóns fondearon na enseada de San Simón e os seus tripulantes construiron unha gran barreira de paus e cadeas no Estreito de Rande, donde  hoxe localizamos a ponte do mesmo nome.

Os navíos ingleses, sen embargo,  entraron na ría  desencadeándose unha gran batalla. Os galeóns afundíronse na enseada, a excepción do Santo Cristo de Maracaibo, que foi levado polos ingleses cunha gran carga cara á saída da ría rumbo a Inglaterra tras a súa victoria en Rande. O barco, no medio da néboa, afundiuse contra unas rochas xunto as Illas Cíes. O tesouro quedou así afundido para sempre na ría.

A mediados do século XX, uns intrépidos norteamericanos achegáronse a Galicia en busca do tesouro afundido. Tras moitos intentos e inmersións infructuosas, non se atopou nin rastro do ouro e a prata.

O misterio de Rande segue ahí.


viernes, 15 de noviembre de 2013

"Un día de choiva" de Caillebotte



"Rúa de París nun día de choiva"  amósanos  o estilo particular do artista francés Gustave Caillebotte. Encadrámolo nun realismo case fotográfico, moi minucioso,  pero a súa pintura achégase ao Impresionismo de Renoir. Os seus cadros presentan a vida cotiá parisiense nas súas rúas. Neste caso semella unha instantánea que sitúa ao espectador nunha encrucillada de rúas no París de Haussmann, o gran urbanista que cambia a face da capital francesa no século XIX. Haussmann derriba o caótico París medieval e abre amplias avenidas con grandes perspectivas que Caillebotte plasmou nas súas obras.

Libro estrela da semana: "El tiempo entre costuras"




Sira Quiroga é unha xoven costureira que abandoa Madrid nos meses anteriores ao alzamento de 1936. Instálase en Tánxer arrastrada por una gran paixón. Alí sofre a traizón do home o que ama. Comeza así unha aventura  apaixoante na que se mesturan o glamour dos obradoiros de alta costura e dos grandes hoteis, as conspiracións políticas e misións secretas xunto ao poder irrefreable do amor.  Unha novela de María Dueñas que nos traslada á época colonial nun escenario exótico e apaixoante.

lunes, 11 de noviembre de 2013

Lector@s da Ulloa: "Relato de un náufrago"


Comezamos a nova andaina do xa consolidado club "Lector@s da Ulloa" coa lectura da obra "Relato de un náufrago" do recoñecido Premio Nobel Gabriel García Márquez.
Trátase dunha historia real, un naufraxio que aconteceu no ano 1955 no Mar Caribe, no traxecto dun buque de guerra entre a costa estadounidense e  Colombia. O autor entrevistouse co protagonista, e o resultado foi esta historia dun náufrago que sobreviviu dez días nunha balsa no mar.
Unha obra que sobrecolle e impacta enormemente. O relato é tan crú e veraz que o lector ponse na pel do náufrago: a sede e a fame, a forza dos elementos naturais, os tiburóns como perigo constante... e o instinto feroz de supervivencia. Unha gran obra en poucas páxinas que nos envolve e non nos deixa pousar o libro unha vez iniciada a lectura. Recomendable para todas as idades.

Novas lecturas, novas ilusións: "Lector@s da Ulloa"



Este curso, no club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" temos novas lecturas para compartir con todos vós. Lembrade que este ano as reunións pasan a ser os derradeiros luns de cada mes a partir das 17.30 da tarde.
As lecturas son as seguintes:
Outubro: "Relato de un náufrago" de G. García Márquez
Novembro: "Montedidio" de E. de Lucca
Xaneiro"O señor Ibrahim e outras flores do Corán" de E. E. Schmidt
Febreiro: "Os fillos do mar" de P. Feijoó
Marzo: "Farenhait 451" de R. Bradbury
Maio: "As voces baixas" de M. Rivas

Animádevos a participar!

Este curso...lemos no club "Enrédate coa lectura II"...


Comeza un novo curso. E,  nel, imos sumerxirnos en novas aventuras tendo moi en conta o mar,  alén do mar. Aqué tedes o calendario coas respectivas lecturas:
31 outubro: "La biblioteca de los libros vacíos" de J. Sierra y Fabra
28 novembro: "La leyenda del Rey errante" de Laura Gallego
30 xaneiro: "Bala perdida" de Manuel Rivas
27 febreiro. "O tesouro da lagoa de Reid'Is
24 abril: "Relato de un náufrago" de G. García Márquez
29 maio: "A chave da Atlántida" de A. Fariña