Esta muller revolucionou o mundo da danza, foi unha gran artista, crítica de arte e unha gran defensora dos dereitos da muller. Naceu en San Francisco en 1878, o seu nome era Ánxela, pero desde pequena é coñecida como Isadora. Cando tiña cinco anos, a súa familia sabía con toda certeza que a rapaza sería unha excelente bailarina. Aos dez anos xa estaba nun colexio especial para o ensino da danza. Aos dezasete traballou en New York xunto ao dramaturgo Augustin Daly, que lle deu a oportunidade de actuar en varios escenarios de EEUU. Máis tarde, Isadora foise a Inglaterra para estudiar danza grega, presentando en Londres excelentes actuacións. O éxito obtido abriulle as portas nos escenarios europeos, recorrendo Francia, Italia e Grecia, lugar este último donde creou un templo da danza. Máis tarde abriu en Berlín unha escola de ballet. Isadora tivo unha vida triste, morreron tres dos seus fillos en tráxicas circunstancias, non puido volver aos EEUU acusada de comunista., tivo problemas coa bebida, varios intentos de suicidio... A súa vida foi tamén moi revolucionaria; viaxou por toda Europa, era atea, bisexual, social-revolucionaria, partidaria da URSS, tivo moitísimos amantes...En 1926 escribe a obra "A miña vida" e morre en 1927, estrangulada por un longo chal que se lle enganchou nunha roda do seu automóbil mentres conducía.
Melanie García VázquezPublicado por A Balsa da Medusa
No hay comentarios:
Publicar un comentario