viernes, 27 de abril de 2012

La piel de la memoria. Jordi Sierra i Fabra.

La piel de la memoria foi un dos libros que máis me gustaron, principalmente porque é una historia real, na que se contan as vivencias dun neno que tras ser  vendido polo seu pai remata sendo escravo una plantación de cacao.

A parte que máis me gustou do libro foi cando se namora dunha rapaza, Naya, que esta embarazada, e more no parto. E a parte que menos me gustou foi cando consegue escapar da plantación de cacao sendo  libre por uns meses pero pouco despois vólveno capturar, cando volvía para o seu pobo natal para ver os seus irmáns.

Creo que a razón de que “enganchase2 tanto e que é una historia moi triste.

MARTA GARCÍA ARGIZ. 4º ESO.

Nova reunión de "Lector@s da Ulloa"

Onte, o derradeiro xoves do mes, como xa é habitual, o club de lectura de pais do IES de Monterroso reuniuse na biblioteca do centro para comentar as lecturas de "1984" de George Orwell e "Purga" de Sofi Oksanen.
"1984" como xa publicamos no blog hai unhas semanas é unha dura crítica ao estado totalitario de Stalin, ao asfixiante control dunha sociedade na que o individuo non existe, só está ao servizo da socidade que serve ao estado que todo o ve "O Gran Hemano" de Orwell.
"Purga" é a historia de dúas  mulleres, unha anciá e unha rapariga nova que se sentirán unidas por un vínculo moi especial. De fondo, a historia de Estonia, un país ocupado pola URSS que estableceu un control total sobre a poboación en todos os ámbitos da vida e que Alidee, a anciá da novela tivo que vivir. Zara, a muller nova está fuxindo duns perigosos sicarios na Estonia actual. Interesante obra  que ten como tema á muller.

Aí vos van unhas opinións dos membros do club:

Sobre "1984" de George Orwell:

Filomena: "Unha obra asfixiante, agobiante...por momentos parecía coma se me estivesen controlando a min"

Asunción: "Penso que o tema do libro podemos trasladalo á actualidade, á manipulación dos medios de comunicación"

Manuel: "O libro gustoume, representa á sociedade da URSS e da súa órbita naquela época, o control absoluto dos individuos..." 

Carmen: "Lin esta obra hai moitos anos e supuxo para mín valoroar a liberdade e a democracia"

Isabel: "De lectura obrigada para a xuventude, axuda a comprender os totalitarismos, unha realidade da historia do XX"


Sobre "Purga" de Sofi Oksanen:

Asunción: "De lectura rápida, lin con ansiedade para ver como remataba"

Carmen: "Un tema que me fascina, cóstame entender como o ser humano pode chegar a esos límites (...) O ser humano é capaz de amosar o mellor e o peor de si mesmo"

Miguel: Hai frases para non esquecer, unha delas é" estivera quen estivera sempre te isarían a cabeza (...) sempre había unha bota para aplastarte", referíndose as diferentes ocupacións de EStonia ao longo do XX. 


Chus: "O medo está presente ao longo de todo o libro, teñen medo de todo , incluso aos coches"

martes, 24 de abril de 2012

Semana do Libro: Historia da banda deseñada


Entre as actividades programadas durante a Semana do Libro, o vindeiro venres día 27 de abril, o artista Senén Olano fará unha visita ao IES para dar unha interesante charla "Historia da banda deseñada". A conferencia terá lugar a partir das 12.30 h no Salón de Actos do centro.
Senén Olano, que xa estivo conosco o ano pasado durante unha charla sobre "O feísmo arquitectónico" é arquitecto, deseñador e defínese como autodidacta por vocación. Como indica no seu blog "El mundo de Senén Olano" "Entiendo la creación como un todo indisoluble pero teniendo muy claro que un edificio no es un cuadro, un arquitecto no es un artista y que uno debe saber siempre lo que hace, porqué lo hace y cuando merece la pena hacerlo" Sempre é un pracer telo entre nós.

23 de abril: Día do Libro




Para conmemorar o Día do Libro, un grupo de actores e actrices do IES Monterroso percorreron as aulas representando escenas de obras clave da literatura universal. Entre elas a escena dos muiños de "Don Quijote de La Mancha" de Cervantes, unha escena de "El Lazarillo de Tormes", outra de "El avaro" do francés Moliére, "Hamlet" de Shakespeare, unha escena de amor de "Don Juan Tenorio" e "Os vellos non deben namorase" de Castelao, na que que a profesora Dores interpretaba u un dos papeis da obra. Un xeito de acercamento ao teatro e a literatura no Día do Libro.

lunes, 23 de abril de 2012

Enrédate coa lectura II: Os Megatoxos 3

Este xoves reunirémonos par comentar a última lectura dos Megatoxos; os Templarios da Luz. Onde os nosos protagonistas viaxaran outra vez no tempo para descubrir a Revolución Industrial, ademais de novos e misteriosos personaxes. Unha historia chea de aventura que coma sempre deixaranos gañas de máis.
Dende o blogue da Biblioteca eixamos constancia do que lles gusta as novelas de Anxo Fariña, principalmente pola acción e a forma de presentar os personaxes, a todos lles gustaría ter os seus poderes e viaxar no tempo para loitar contra monstruos, malvados personaxes e seres mitolóxicos.
Unha proba da interese que desperta este autor e que fai unhas semana visitou a Biblioteca Municipal de Antas e parte do noso alumnado foron a súa charla, traendo agasallos para a Biblioteca e profesores como dedicatorías personalizadas do escritor-ilustrador.

Enrédate coa lectura II: Mi año



O curso pasado xa vos recomendamos esta novela gráfica que conta a historia de Capucine, unha nena de 8 anos con sindrome de Down. No club de lemos a primeira parte Primavera, pero pediremos os outros 3, verano, otoño e inverno, xa que os nosos lectores interesáronse por saber màis de como se pode ver a vida dende ollos desta doce pequena que intenta madurar e axudar a superar a difícil situación familiar.
Sen dúbida unha incrible oportunidade de achegar ao noso alumnado outras formas de ver o mundo.

Enrédate coa lectura I: Poderosa



Nas dúas últimas sesións o club de lectura de 3º e 4º leron Poderosa e Poderosa 3, a Poderosa 2 será o derradeiro libro que lemos desta novela de Sergio Klein que narra a historia dunha adolescente cun extraordinario poder, todo o que escribe ca súa mán esquerda faise realidade. Nesta tres novelas vemos a evolución dos personaxes e a responsabilidade que con leva ter un gran poder, as dúbidas éticas ou morais que pode conlevar variar o futuro propio e dos demais e todo isto mesturado cas diferentes relacións entre os personas da novela. Na trátanse tanto temas de actualidade como os tatuaxes, os piercing, internet, maltrato, ou deterioro das persoas maiores, como grandes temas clásicos como o amor e desamor adolescentes e non tan adolescente, ademais de afondar no máis profundo do sentimentos do ser humán, a envexa, o medo, a soidade,etc.


Se vos preguntades a razón de non ler os libros na súa orde lóxica e porque lle propuxemos unha actividade que é inventar o que pasou en Poderosa 2.


jueves, 12 de abril de 2012

Historia dun cadro: A muller que asasinou a Marat


Marie Anne Corday d'Armont, coñecida como Charlotte Corday, foi a asasina de Marat. Na época na que os xirondinos loitaban contra os xacobinos polo poder en tempos da Revolución Francesa , Corday codeábase cos principais políticos desenvolvendo o seu odio cara a Marat. Escribiulle varias cartas facéndose pasar por unha admiradora, e despois dunha rápida viaxe a París presentouse na súa casa a noite do once de xullo de 1793. Marat recibiuna na bañera, cun tableiro de apoio no que escribía as súas cartas, tal como aparece no famoso cadro do pintor J. L. David . Marat pide a Charlotte a lista dos principais xirondinos e anuncia a Charlotte que serán guillotinados. Ela responde cravándolle unha daga no corazón.Charlotte foi detida e morre na guillotina o mesmo ano da morte de Marat. Corrría o ano 1793, ano II da Revolución.

Cadro-estrela da semana: "Morte de Marat" de J. L. David


Cadro conmovedor clasificado dentro do Clasicismo do século XVIII e como arte revolucionario. Representa a morte de Marat, unha figura clave da Revolución Francesa. Marat era un revolucionario xacobino que foi asasinado en 1793.

Marat tiña unha enfermidade na pel e tomaba baños terapéuticos a miúdo. Na bañera o sorprende a morte en mans da súa asasina; Charlotte Corday.

O cadro é simple, moi sobrio, sen ornamentación. Representa a morte case prácida, non hai violencia. Os tons son fríos e apagados. A parte superior está totalmente vacía, simboliza a soidade e o silencio do momento. na inferior atópase Marat na bañera. Na man esquerda sostén unha carta, o brazo dereito cae pesadamente sobre o chan.

Trátase dun dos cadros máis sobrecolledores da historia da pintura.