Estas son unhas imaxes do Obradoiro da Letra, actividade realizada no IES de Monterroso os días 14 e 21 de maio, de 4 a 7 da
tarde. Participaron 5 alumnas/os, 4 nais/pais e 4 profesoras/es.
Impartiuno Jesús Marúa Juaristi Linacero.
Descubrimos e practicamos con
diferentes útiles de escritura: Cálamo, pluma de ave, estilográfica,
lapis de carpinteiro,.... Modulamos letras.... escribimos letras
góticas, cancillerescas,....
Descubrimos un mundo fantástico de fermosas
letras.
A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
Mostrando entradas con la etiqueta literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta literatura. Mostrar todas las entradas
martes, 27 de mayo de 2014
viernes, 21 de febrero de 2014
24 de febreiro: Día de Rosalía
Para celebrar o Día de Rosalía queremos lembrar os poemas que diferentes escritores e escritoras adicaron á poetisa galega máis internacional.
Son os que seguen:
Luz Pozo Garza "Hai unha voz", "Benzoada", "Cantiga. Funeral de Padrón" e "Falando con Rosalía"
Luis Pimentel, "Nai de Galicia" e "Rosalía"
Xohana Torres, "Rosalía"
Mª Xosé Queizán "Tirar do fío"
Arcadio López Casanova, "Palabras na tarde pra Rosalía"
Ana Romaní, "Rosalía de Castro, Emily Dickinson, Edith Södergran", "Rosalía tan amiga"
Ramón Cabanillas, "A Roaslía de Castro"
Curros Enríquez, "A Rosalía"
Federico García Lorca, "Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta"
Teixeira de Pascoaes, "Oh Santa Rosalía da Saudade"
lunes, 6 de mayo de 2013
Un poema para cada día: "El remordimiento" de Borges
El remordimiento
He cometido el peor de los pecados
que un hombre puede cometer. No he sido
feliz. Que los glaciares del olvido
me arrastren y me pierdan, despiadados.
Mis padres me engendraron para el juego
arriesgado y hermoso de la vida,
para la tierra, el agua, el aire, el fuego.
Los defraudé. No fui feliz. Cumplida
no fue su joven voluntad. Mi mente
se aplicó a las simétricas porfías
del arte, que entreteje naderías.
Me legaron valor. No fui valiente.
No me abandona. Siempre está a mi lado
La sombra de haber sido un desdichado.
Borges
Escrito por J. L. Borges tres días máis tarde da morte da súa nai, éste é un poema que. Borges sempre detestou. María Kodama, a súa outra metade, dixo nunha entrevista "Él me dicía: Mire, nunca vaya a escribir nada tres días después de que yo muera. Porque eso será sentimental, llorón como un mal tango y le va a perseguir toda su vida. pero es un buen poema"
Etiquetas:
animación á lectura,
literatura,
un poema para cada día
martes, 23 de abril de 2013
Día do libro: Achegamento ó teatro
Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro. Para conmemoralo, no IES representáronse curtas esceas de diversas obras. Por un lado, os rapaces de 1º BAC levaron a cabo unha representación de Manuel María, "Barriga verde". Os rapaces de 1º ESO representaron a primeira escea de "Casa de bonecas" de Ibsen, e diversos contos da obra "Besos que se fueron".
Un ano máis, como se de xograres se tratase, percorreron as clases interpretando pequenos papeis. Un achegamento o mundo do teatro e da literatura.
| Lara interpretando a Penélope esperando a Ulises |
| Antía e Xeila interpretando a sereas que falan dos seus bicos de sal |
| Samuel e Ana en "Barriga verde" |
Etiquetas:
Actividades especiais,
animación á lectura,
Día do Libro,
literatura
martes, 12 de marzo de 2013
Lector@s da Ulloa: "El ladrón de tiempo"
"El ladrón de tiempo" é una novela de John Boyne, o autor de obras tan coñecidas como "O neno do pixama a raias" e "La casa del propósito especial".
Nesta ocasión, Boyne, trasládanos aos tempos da Francia prerrevolucionaria. Alí atopámonos con Matthieu Zelà, o protagonista, que descubre que é posuidor dunha característica insólita, a inmortalidade.
Isto fai posible que o lector acompañe a Zèla a través dos principais sucesos da historia contemporánea.
Os acontecementos e o tempo vividos o ai máis sabio e maduro, pero ao protagonista fáltalle a felicidade.
Obra interesante para o club de lectura "Lector@s da Ulloa" deste próximo mes. A cita, o derradeiro xoves de abril, o día 25. Vos esperamos, coma sempre, na biblioteca do IES.
viernes, 25 de enero de 2013
Fina Casalderrey elixida académica numeraria
Con Fina entra na
Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura
infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,
escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre
asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos
de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que
entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á
escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Bibliotecas escolares
Bibliotecas escolares
Etiquetas:
animación á lectura,
BIBLIOTECAS,
club de lectura,
dinamización lectora,
literatura
viernes, 9 de noviembre de 2012
Un poema para cada día: "El gato" de Charles Baudelaire
Hermoso gato, ven a mi pecho amoroso;
comprime el filo de tus uñas;
y deja que me hunda en tus bellas pupilas,
de ágata y metal.
Cuando gustosos mis dedos acarician
tu cabeza y tu flexible lomo
y mi mano se embriaga en el goce
de rozar tu cuerpo magnético,
veo a mi mujer en espíritu; su mirada,
dulce animal, como la tuya
fríay honda, taja y corta cual dardo.
Y, de los pies a la cabeza,
una brisa sutil, de peligroso aroma,
nadan en torno de su cuerpo moreno.
Charles Baudelaire; ""Las flores del mal"
Charles Baudelaire (1821- 1867) foi un poeta , tradutor e crítico francés. Foi chamado poeta maldito pola súa vida de excesos e pola visión do mal que impregna a súa obra. Económicamente vai de fracaso en fracaso, dilapidando a fortuna herdada do seu pai. Baudelaire é brillante, de conversa sorprendente, pero a súa imaxinación o convirte en mitómano; a súa viaxe a India, os seus amores inaudiotos, o seu vicio e a súa perversidade, a súa homosexualidade e os seus proxectos editoriais forman parte da súa vida. Baudelaire é un autor romántico e precursor do simbolismo.
Este poema "Le chat", pertence a súa obra "Las flores del mal". O autor crea este poema como unha simbiose do gato e da muller. Fálalle o gato como se fora ela. Ve no gato a beleza da muller acompañada dos seus mistertios. O que quere reflexar o autor é que a muller é un animal astuto que coa súa fermosura e o seu misterio envolve ó home para xogar con él.
Etiquetas:
animación á lectura,
literatura,
poesía,
un poema para cada día
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




.jpg)