Poñemos en marcha a HORA DE LER o 26 de setembro a primeira hora.
Trátase de ler todos os días media hora: a primeira semana a primeira hora, a segunda semana a segunda hora, e así sucesivamente.
A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
Poñemos en marcha a HORA DE LER o 26 de setembro a primeira hora.
Trátase de ler todos os días media hora: a primeira semana a primeira hora, a segunda semana a segunda hora, e así sucesivamente.
O libro de lectura deste mes no club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" é "As voces baixas" de Manuel Rivas. É unha autobiografía do propio autor, da súa infancia, doas súas lembranzas e da súa primeira xuventude. Á vez, é unha biografía colectiva da xente do común ambientada na pequena aldea do Castro de Elviña, nas aforas dunha cidade en crecemento, A Coruña. A propia aldea de Castro, o cemiterio de san Amaro, a rúa da Marola perto da Torre, a prisión provincial, o instituto mixto de Monelos ou a enxebre taberna Dos Beléns tamén de Monelos son os lugares que poboan esta novela de Manuel Rivas na que nos amosa que son as voces baixas. Estas son as lembranzas, os murmurios dos nenos e tamén as voces prohibidas dos anos do franquismo...

