A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECAS. Mostrar todas las entradas
domingo, 29 de junio de 2014
Fin de curso dos clubs de lectura nas Illas Cíes
E para rematar o curso, tras a visita á Editorial Rinoceronte en Cangas do Morrazo, os clubs de lectura "Enrédate coa lectura I e II" e "Lector@s da Ulloa" fixemos unha fermosa excursión ás Illas Cíes.
Esperámosvos o curso que ven con novas lecturas e novas ilusións. Bo verán a todos e a todas! Ata sempre!
Etiquetas:
Actividades especiais,
animación á lectura,
BIBLIOTECAS,
club de lectura,
libros
martes, 27 de mayo de 2014
Obradoiro da Letra
Estas son unhas imaxes do Obradoiro da Letra, actividade realizada no IES de Monterroso os días 14 e 21 de maio, de 4 a 7 da
tarde. Participaron 5 alumnas/os, 4 nais/pais e 4 profesoras/es.
Impartiuno Jesús Marúa Juaristi Linacero.
Descubrimos e practicamos con diferentes útiles de escritura: Cálamo, pluma de ave, estilográfica, lapis de carpinteiro,.... Modulamos letras.... escribimos letras góticas, cancillerescas,....
Descubrimos un mundo fantástico de fermosas letras.
Descubrimos e practicamos con diferentes útiles de escritura: Cálamo, pluma de ave, estilográfica, lapis de carpinteiro,.... Modulamos letras.... escribimos letras góticas, cancillerescas,....
Descubrimos un mundo fantástico de fermosas letras.
Etiquetas:
Actividades especiais,
animación á lectura,
BIBLIOTECAS,
club lectura,
literatura,
poesía
Lector@s da Ulloa: "Balzac y la joven costurera china"
Na derradeira xuntanza do curso, despois de falar do libro lido este mes, “Balzac y la joven costurera china”, e empregando os “RORY`S STORY CUBES”, construimos, entre todos, una historia rememorando algún dos títulos lidos . Este foi o resultado:
"Non somos lectores fora do común, pero ler fainos felices.
Axúdanos a construir o Castelo interior da nosa fantasía, pintando de cores a vida, imaxinando situación, chorando cos personaxes, sorrindo se o final é feliz. Cando entramos no túnel do tempo, descubrimos historias olvidadas, miramos polo ollo da pechadura e observamos vidas descoñecidas que coma un raio iluminan a nosa soedade.
Viaxamos a mundos fantásticos, máxicos e tan reales… Cheos de tesouros, de interrogantes, de respostas, de emocións, de pisadas, unas veces lentas e outras apresuradas.
Tendemos pontes entre o noso mundo, a nosa cultura e o descoñecido.
Algunha opinións dos nosos lectores:
“Creo que nos atopamos a gusto, por eso vimos sempre ás reunión” (Pedro)
“Teño a miña liña de lecturas, e as lecturas do club obríganme a ler obras que me sacan des aliña e que non lería se non fora polo club. Ademáis obrígoume a ler obras en galego, lingua na que facía moito tempo que non lía nada” (Olga)
“O club de lectura crea adicción, engancha. É coma una droga, estás agardando que chegue o día da xuntanza para falar, compartir, lembrar e revivir o libro que liches ese mes” (Miguel).
Etiquetas:
BIBLIOTECAS,
club de lectura,
dinamización lectora
viernes, 21 de febrero de 2014
Maxia e ilusión no IES de Monterroso
Chámase Nacho, ten 13 anos, e estudia 1º de ESO no IES Ánxel Fole de Lugo. O martes estivo na nosa Biblioteca compartindo maxia e ilusión cos membros dos clubs de lectura e os que eles quixeron invitar (con cabía un alfinete na biblioteca). Dos libros saían naipes, aros (que logo se unián e separaban por arte de maxia), cordeis , moedas,…. Todo, todo o que vos poidades imaxinar. Nos libros está todo. Todo é maxia e ilusión.
Etiquetas:
Actividades especiais,
BIBLIOTECAS,
club de lectura,
di
lunes, 3 de junio de 2013
Última sesión de Lector@s da Ulloa
Última sesión do club "Lector@s da Ulloa". O pasado xoves asistimos á última xuntanza do club de pais e nais do IES de Monterroso. "Unha lectora fóra do común" de Alan Bennet foi o libro que pechou este curso 2012-13. Unha noveliña sobre libros e e bibliotecas.
Recollimos nesta última sesión algunhas das opinións dos membros do club,
son respostas á cuestión Que vos aporta vir cada mes ao club de lectura?
Manuel: "Sabiduría"
Pedro:"A lectura e asistir ao club prodúceme sosiego e tranquilidade, poder
falar dos libros que compartimos... pasamos bos momentos, sen dúbida"
Asunción: "Fórzate, no bo sentido da palabra, a ler. É un encontro con novos
autores.
Filo: Un encontro con autores que eu nunca leería, así coñezo autores
continuamente, cada mes...
Miguel:"Volver a ler. Compartir, enriquecer a miña lectura coas aportacións
de todos e todas. Unha experiencia que ten que continuar"
Isabel: "A experiencia de compartir moito más cun libro"
lunes, 27 de mayo de 2013
Saída ao cine dos Lector@s da Ulloa: "El Gran Gatsby"
O pasado venres día 24 de maio, o club de lectura de pais e nais "Lector@s da Ulloa" asistiron ao estreo de "El Gran Gatsby". Filme baseado na obra dun dos grandes escritores norteamericanos do século XX: Scott Fitgerald.
A película gustou aos ávidos lectores que a atoparon moi fiel ao libro, cunha música e ambientación extraordinarias.
Jay Gatsby, un home cun misterioso pasado, retoma a súa relación con Daisy, o único amor da súa vida e que se truncara coa I Guerra Mundial. Sen embargo, agora Daisy está casada con Tom Buchanan... Ciumes, amor e desamor son os ingredientes clave nesta pelñicula ambientada nos tolos anos 20.
A película gustou aos ávidos lectores que a atoparon moi fiel ao libro, cunha música e ambientación extraordinarias.
Jay Gatsby, un home cun misterioso pasado, retoma a súa relación con Daisy, o único amor da súa vida e que se truncara coa I Guerra Mundial. Sen embargo, agora Daisy está casada con Tom Buchanan... Ciumes, amor e desamor son os ingredientes clave nesta pelñicula ambientada nos tolos anos 20.
Etiquetas:
BIBLIOTECAS,
cine,
club de lectura
miércoles, 1 de mayo de 2013
Lector@s da Ulloa: "Unha lectora fóra do común"

Para rematar o curso, a última lectura escollida para o infatigable club de pais e nais da Ulloa, foi "Unha lectora fóra do común" de Alan Bennet.
Xunto a Westminster instálase unha biblioteca móbil. A raíña de Inglaterra interésase polos libros e o servizo que esta ofrece, descubrindo a grandes autores, grandes obras e, por suposto, o pracer da lectura.
Unha obriña curta e deliciosa cun gran sentido do humor para pechar o club deste curso. Que mellor que un libro sobre o descubrimento e o pracer da lectura. Dedicada a todos os nosos lectores da Ulloa.
lunes, 4 de febrero de 2013
Lector@s da Ulloa: "El gran Gatsby"

O pasado xoves día 31 de xaneiro asistimos a unha nova reunión do club de lectura de pais e nais "Lectr@s da Ulloa". "Marcas de nacemento" de Nancy Houston e "La vieja sirena" de J. L. Sampedro foron as obra lidas no Nadal. Nosos grandes lectores fixeron comentarios sobre estas obras contemporáneas.
O 28 de xaneiro temos unha nova cita. A obra, nesta ocasión, é "El Gran Gatsby" do norteamericano Francis Scott Fitzgerald. Esta obra captura o espírito da xeración de Fitzgerald é un dos grandes clásicos da literatura contemporánea norteamericana. Unha novela sinxela e fermosa que conta a historia do millonario Jay Gatsby, plasmando á sociedade dun país. Os cartos, a ambición e a luxuria están presentes nesta gran obra. Unha fábula sobre o soño americano.
Etiquetas:
BIBLIOTECAS,
club de lectura,
literatura contemporanea
miércoles, 30 de enero de 2013
30 de Xaneiro: Día da Paz
Hoxe conmemórase o Día da Paz. Nada máis chegar ó vestíbulo do IES de Monterroso atopámonos cunha árbore da que brotan e penden símbolos universais da paz, así como poemas e debuxos sobre este tema. Esas "follas" de cartón e de papel son o traballo de moitos rapaces do centro que aportaron o seu grao de area para reflexionar sobre este día.
Tamén atopamos no hall un corcho donde cada un de nós pode escribir asimesmo unha reflexión sobre a paz, a guerra, os atentados contra os dereitos humanos no mundo de hoxe ou un simple desexo para acadar a paz mundial. Xunto a isto atopamos cancións e viñetas do cómic "Mafalda", unha ironía do seu autor, Quino, sobre o mundo no que vivimos.
Etiquetas:
animación á lectura,
BIBLIOTECAS,
conmemoracións,
día da paz
lunes, 28 de enero de 2013
Descubrindo a poesía con Carlos Negro
Hoxe estivo compartindo experiencias no IES o escritor Carlos Negro. Os rapaces dos clubs de lectura "Enrédate coa lectura I" e "Enrédate coa lectura II" asistiron na biblioteca a unha forma diferente de ver, ler e sentir a poesía.
A través da lectura e dramatización da súa obra "Maquinaria" os rapaces descubriron que os temas da poesía poden ser os da vida cotiá," un planeta", como ben dixo o escritor, no que os alumnos están inmersos. Despois, os alumnos participaron nun creativo obradoiro de poesía.
Etiquetas:
BIBLIOTECAS,
club de lectura,
comp,
competencia lingüística,
dinamización lectora
viernes, 25 de enero de 2013
Fina Casalderrey elixida académica numeraria
Con Fina entra na
Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura
infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,
escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre
asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos
de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que
entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á
escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Bibliotecas escolares
Bibliotecas escolares
Etiquetas:
animación á lectura,
BIBLIOTECAS,
club de lectura,
dinamización lectora,
literatura
jueves, 17 de enero de 2013
Cine na biblioteca do IES de Monterroso
Aínda que esperabamos unha maior afluencia de público, agradecemos enormemente a asistencia de pais, alumnos e profesores que disfrutaron do filme "14 Kilómetros" na Biblioteca do centro.
A película fíxonos reflexionar sobre o longuísimo e durísimo camiño que milleiros de africanos percorren para cruzar o Estreito de Xibraltar e chegar a Europa donde teñen a esperanza de atopar unha vida mellor. Nós coñecemos imaxes e cifras de inmigración clandestina que chega exhausta nos caiucos, agora ben; podíamos imaxinarnos ese sufrimento a través do deserto? Seguramente non. O filme do director cordobés Gerardo Olivares nos achega ese mundo descoñecido para nós.
"14 Kilómetros" amósanos tamén o amor e a amizade a través dunha fermosa fotografía.
martes, 23 de octubre de 2012
24 de outubro: Día das Bibliotecas. A Biblioteca de Alejandría
Polo ano 300 a. C, a cidade de Alexandría era a urbe máis grande do mundo. Foi fundada por Alejandro Magno. Tiña un gran porto e un gran faro considerado unha das Sete Maravillas do Mundo Antigo
Nesta cosmopolita cidade decidiuse
construir un gran museo que acollera un enorme número de obras gregas e traduccións de obras escritas noutras linguas
ó grego. O museo converteuse nun gran lugar de investigación donde traballaron
nos seus estudos, científicos tan importantes como Arquímedes, Euclides,
Hiparco ou unha muller astrónoma chamada Hipatia.
O museo e a biblioteca estaban
divididas en facultades, dirixidas por sacerdotes. O salario dos traballadores
era pagado polo rei. A biblioteca estaba aberta ó público e chegou contar con 900.000 manuscritos.
No ano 2006 reconstruiuse a
biblioteca en Alexandría. Na película
“Ágora”podemos ver unha reconstrucción da Biblioteca antiga de Alexandría.
Etiquetas:
animación á lectura,
BIBLIOTECAS,
Día das Bibliotecas,
historia,
Hora de Ler
domingo, 14 de noviembre de 2010
XORNADAS MICOLÓXICAS
Esta pasada semana puidemos disfrutar no noso centro dunha interesante exposición sobre as setas. A idea era facer unha recollida máis intensa o luns pasado polos arredores do instituto xa que as condicións dos días anteriores foron bastante boas: chuvia e máxima humidade. Sen embargo a cicloxénese explosiva "Becky" impedíu a saída...
De todos xeitos a exposición na entrada do edificio atraeu a numerosos curiosos e penso que tivo moito éxito. Quedou moi bonita, aquí tedes estas fotografías para comprobalo e lembrar estes chuviosos días de novembro.
Noraboa ós Departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Dinamización Lingüística pola organización desta actividade e gracias por facernos disfrutar destas Xornadas micolóxicas cada ano.
Etiquetas:
BIBLIOTECAS,
ciencias naturais,
interdisciplinariedade,
lingüística
jueves, 21 de octubre de 2010
GRACIAS UNESCO POLA BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL

O noso compañeiro TIC, Tano, que ben soa ...tic,tano,tic,tano.....informounos do regalo da UNESCO a toda a humanidade, que lanzou en internet a Biblioteca Dixital Mundial.
Esta " nova Biblioteca de Alexandria", hai ata 1200 documentos escaneados no seu idioma orixinal pero dispoñemos de explicacións es sete linguas entre elas o español. Cando accedes a este complendio do saber, accedes a historia universal do coñecemento.
Con un simple clic, podense pasar as páxinas dun libro, acercar ou alexar os textos e movelos en tódolos sentidos. A excelente definición das imáxenes permite unha lectura cómoda e minuciosa. Na BDM podemos atopar dende a Declaración de Independencia de Estados Unidos, así como as Constituciones de numerosos países; o diario dun estudioso veneciano que acompañó a Fernando de Magallanes na súa viaxe alrededor do mundo; o orixinal das "Fabulas" de Lafontaine, a
Biblia de Gutemberg, a célebre Biblia del Diablo, do século XIII, da Biblioteca Nacional de Suecia.
A estructura da BDM foi calcada do proxecto de diXitalización da Biblioteca do Congreso de Estados Unidos.
Os seus responsables afirman que a BDM está sobre todo destinada a investigadores, maestros y alumnos. Pero a importancia que reviste ese sitio vai moito máis allá da incitación ao estudio das novas xeneracións que viven no mundo audiovisual. Este proxecto tampoco é un simple compendio da historia en liña: é a posibilidade de acceder, íntimamente e sen límite de tiempo, ao exemplar invalorable, inabordable, único, que cada uno algunha vez soñou coñecer.
Con un simple clic, podense pasar as páxinas dun libro, acercar ou alexar os textos e movelos en tódolos sentidos. A excelente definición das imáxenes permite unha lectura cómoda e minuciosa. Na BDM podemos atopar dende a Declaración de Independencia de Estados Unidos, así como as Constituciones de numerosos países; o diario dun estudioso veneciano que acompañó a Fernando de Magallanes na súa viaxe alrededor do mundo; o orixinal das "Fabulas" de Lafontaine, a
Biblia de Gutemberg, a célebre Biblia del Diablo, do século XIII, da Biblioteca Nacional de Suecia.
A estructura da BDM foi calcada do proxecto de diXitalización da Biblioteca do Congreso de Estados Unidos.
Os seus responsables afirman que a BDM está sobre todo destinada a investigadores, maestros y alumnos. Pero a importancia que reviste ese sitio vai moito máis allá da incitación ao estudio das novas xeneracións que viven no mundo audiovisual. Este proxecto tampoco é un simple compendio da historia en liña: é a posibilidade de acceder, íntimamente e sen límite de tiempo, ao exemplar invalorable, inabordable, único, que cada uno algunha vez soñou coñecer.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






