viernes, 30 de noviembre de 2012

Lector@s da Ulloa: Coñecendo a Paul Auster




"El palacio de la luna" de Paul Auster é unha obra que envolve e que nos  engancha desde a primeira páxina lida. Na primeira parte da obra, o protagonista, Marco Frogg, déixase levar cara ó verdadeiro inferno. O delirio que lle provoca a fame convértese en verdadeira loucura. O espectador asiste  á  soidade do personaxe principal desta impactante novela. Tras saír do inferno no que vive grazas ó amor,  Marco atopa traballo coidando a un ancián paralítico. Aquí a novela vólvese totalmente esperpéntica e surrealista. Ao longo do resto da novela; o tema do amor, o azar e a soidade mestúranse. Son, realmente, os grandes temas de Auster.

Paul Auster é un dos grandes escritores norteamericanos actuais. AS súas obras  son o resultado dunha vida intensa; Paul Auster traballou como "negro" para outros escritores, traballou nun petroleiro, vivíu na indixencia nunha breve  etapa da súa vida, ó igual que  Marco Frogg en "El palacio de la luna". Nas súas obras está presente a tráxica soidaded do home xunto a outro tema estrela da súa  produción: o azar.



jueves, 22 de noviembre de 2012



25 de novembro: "Día Internacional contra a violencia de xénero"



O  luns día 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a violencia de xénero.
No IES de Monterroso non queremos esquecernos desta data. Por iso queremos convidarvos a asistir durante os recreos da  vindeira semana á escoita e visionado de clips musicais que nos farán reflexionar sobre este problema que afecta a miles de mulleres no noso país.

"Over my dead body" de Mona Hatoum



"Over my dead body" ("Sobre mi cadáver") é o título do cadro da artista Mona Hatoum. ésta aparece representada de perfil mirando, con altivez, a un soldado de xoguete  que se atopa sobre o seu nariz, tan molesto como se de unha mosca se tratase.
A mensaxe é clara e contundente;  a guerra e a opresión  son realidades cuxa importancia non debe reducirse.  Por desgracia, no mundo no que vivimos, aínda que tentamos a reducir  e ver os conflitos que existen en numerosas partes do mundo, éstes seguen  ahí e nos atañen a todos.

Mona Hatoum naceu en Beirut no seno dunha familia palestina. É unha das artistas máis recoñecidas no panorama artístico contemporáneo.

martes, 13 de noviembre de 2012

Libro-estrela: "El clan del oso cavernario"




Este libro é o primeiro dunha saga que ata o momento consta de cinco volumes, "Los hijos de la Tierra". Unha obra que ben podería ser un tratado antropolóxico, unha forma de facernos visualizar a historia do inicio da humanidade, ese momento no que poderíamos dicir que xurde a nosa especie.
Vexmos un pouco do que vai o libro:
Ayla é unha nena Homo Sapiens de cinco anos que queda illada da súa tribo por culpa dun terremoto. É acollida por un grupo de neandertales, inferiores na orde evolutiva. Ayla é evidentemente distinta e convértese axiña nunha nena forte e independente, cun grande instinto de supervivencia, que cuestiona as normas que son de obrigado cumprimento e que ten unhas cualidades que provocarán o rexeitamento da sociedade coa que convive (O Clan) e mesmo chegará á súa expulsión e ter que vivir en soidade.
"El clan del oso cavernario" fíxome reflexionar sobre infinidade de temas: a evolución da humanidade, a importancia de pertencer a un grupo, a exclusión social, o valor da comunicación, a soidade, o concepto de beleza...

viernes, 9 de noviembre de 2012

Un poema para cada día: "El gato" de Charles Baudelaire


Hermoso gato, ven a mi pecho amoroso;
comprime el filo de tus uñas;
y deja que me hunda en tus bellas pupilas,
de ágata y metal.
Cuando gustosos mis dedos acarician
tu cabeza y tu flexible lomo
y mi mano se embriaga en el goce
de rozar tu cuerpo magnético,
veo a mi mujer en espíritu; su mirada,
dulce animal, como la tuya
fríay honda, taja y corta cual dardo.
Y, de los pies a la cabeza,
una brisa sutil, de peligroso aroma,
nadan en torno de su cuerpo moreno.

Charles Baudelaire; ""Las flores del mal"

Charles Baudelaire (1821- 1867) foi un poeta , tradutor e crítico francés. Foi chamado poeta maldito pola súa vida de excesos e pola visión do mal que impregna a súa obra. Económicamente vai de fracaso en fracaso, dilapidando a fortuna herdada do seu pai. Baudelaire é brillante, de conversa sorprendente, pero a súa imaxinación o convirte en mitómano; a súa viaxe a India, os seus amores inaudiotos, o seu vicio e a súa perversidade, a súa homosexualidade e os seus proxectos editoriais forman parte da súa vida. Baudelaire é un autor romántico e precursor do simbolismo. 
Este poema "Le chat", pertence a súa obra "Las flores del mal". O autor crea este poema como unha simbiose do gato e da muller. Fálalle o gato como se fora ela. Ve no gato a beleza da muller acompañada dos seus mistertios. O que quere reflexar o autor é que a muller é un animal astuto que coa súa fermosura e o seu misterio envolve ó home para xogar con él.

jueves, 8 de noviembre de 2012

O cadro da semana: "A leiteira" de Vermeer




“A leiteira” é unha obra de Vermeer, pintor holandés do século XVII.
O cadro representa unha escena cotiá; unha muller vertendo leite dun xarro. A muller atópase nunha habitación vacía, xunto a unha ventá que ilumina os obxectos A muller e os obxectos representados son moi detallistas, todo nos nos parece moi real..
É un cadro que produce sosego e que transmite o silencio, só interrumpido polo ruido do leite ó verterse da xarra.

Os artistas do século XVII holandés buscan representar a realidade máis inmediata, máis cotiá. Este cadro de Vermeer o logra.