Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 7 de mayo de 2014

Cine na titoría de 2º ESO: "Los chicos del coro"



O pasado luns, no horario da titoría de 2º ESO, proxectouse na Biblioteca do IES de Monterroso, a película francesa de 2004 dirigida por Christopher Barratier "Los chicos del coro" ("Les choristes")
Foi unha sesión de cine interdisciplinar xa que tomaron parte no Proxecto as materias de
Francés, Música, Xeografía e Hª, ademáis da Titoría e o Equipo de Biblioteca. A actividade foi levada a cabo polas profesoras Ana de Azevedo (Francés e Música) e Isabel González (Xeografía e Hª) e dirixida ao alumnado de 2º ESO A e B no horario no que coinciden as Titorías (Luns pola tarde).

Os obxectivos da actividade de cine foron os seguintes:
 
-         - Recoñecer palabras e expresións en francés

-         - Desenvolver o gusto musical e a sensibilidade artística

-         - Disfrutar compartindo momentos de ocio a través do cine

-         - Reflexionar sobre a historia e a educación




As actividades que se levaron a cabo foron:




-         - Reparto da letra dos temas musicais da película: en francés e español

-         - Proxección da película en español cos subtítulos das cancións en francés.

-         - Contexto histórico no que se desenvolve a película

-         - A educación na época na que se desenvolve a película e a educación hoxe. Reflexión sobre a historia da educación

-         - Comentar as escenas que nos gustaron máis.


Cando é a próxima?



jueves, 20 de febrero de 2014

A queima de libros na historia

"Farenhait 451" de R. Bradbury nos presenta un mundo no que a principal misión dos bombeiros é a queima de libros, xa que estos fan pensar. "Farenhait 451" é unha obra de ciencia ficción, sen embargo, ao longo da historia producíronse varias queimas de libros. Estas foron unha ferramenta por parte das autoridades tanto políticas como relixiosas para suprimir ideoloxías discrepantes que supoñían unha ameaza para a conservación do seu poder na sociedade.

No século III a.C,  o emperador de China, Qin Shi Huang, ordeou queimar obras filosóficas e de historia que consideraron perigosas. Os autores destas obras foron enviados ao norte de China a traballar como convictos na construcción da Gran Muralla.

En España, en 1480, Torquemada promoveu a queima de libros que non fosen cristiáns co fin de preservar a fe católica. A Inquisición decidíu  que os libros xudeus foran queimados no lume.
No século XVI os árabes que vivían en España foron obrigados a entregar todos os seus libros as autoridades e gran parte deles foron queimados.

Durante a Revolución Francesa, Robespierre ordeou a queima que defendían o catolicismo, o clericalismo e o absolutismo.

En 1933 en Berlín, os nazis queimaron libros de autores xudeus e aqueles considerados anixermánicos. O filósofo Freud, ao enterarse que os seus libros foran queimados, exclamou: "Canto avanzou o mundo, na Idade media o queimado sería eu!

En 1939,  tras a Guerra Civil española, a Falanxe queimou libros na Universidade Central en Madrid. Arderon libros de grandes pensadores como Freud, Rousseau, Voltaire, Marx ou  Gorki entre outros.

En 1976 tras o golpe de estado de Videla en Arxentina tamén se ordeou unha queima colectiva de libros, entre os que estaban obras  de Proust, García Márquez, Saint Exupery, Neruda ou Vargas Llosa.

A queima da Biblioteca de Alexandría no século I a.C. (descoñécense as razóns deste feito)  repítese coa queima da biblioteca de Saraxevo en 1992, froito da barbarie humana.




martes, 19 de marzo de 2013

"La historia del arte explicada a los jóvenes"




"La historia del arte explicada a los jóvenes" é  unha das novas adquisicións da biblioteca de aula de historia.

Cuestións como Cando comeza e remata a rte?, Como era a arte da Prehistoria? Como facían os impresionistas para plasmar a luz nos seus cadros? En que consisten as vangardas artísticas? Cales son as obras máis importantes da hiostoria da arte?

Este libro axúdanos a coñecer algo máis do mundo da arte aproximándonos ós seus artistas, correntes e obras imprescindibles.

Podes atopar esta obra na biblioteca de aula de Historia, no primeiro andar, na aula "Concepción Arenal"

jueves, 17 de enero de 2013

Cine na biblioteca do IES de Monterroso



 Aínda que esperabamos unha maior afluencia de público, agradecemos enormemente a asistencia de pais, alumnos e profesores que disfrutaron do filme "14 Kilómetros" na Biblioteca do centro.



A película fíxonos reflexionar sobre o longuísimo e durísimo camiño que milleiros de africanos percorren para cruzar o Estreito de Xibraltar e chegar a Europa donde teñen a esperanza de atopar unha vida mellor. Nós coñecemos imaxes e cifras de inmigración clandestina que chega exhausta nos caiucos, agora ben; podíamos imaxinarnos ese sufrimento a través do deserto? Seguramente non. O filme do director cordobés Gerardo Olivares nos achega ese mundo descoñecido para nós.


"14 Kilómetros" amósanos tamén o amor e a amizade a través dunha fermosa fotografía.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Un pouco de historia: Día 10 de decembro; Día Internacional dos Dereitos Humanos



A celebración do 10 de decembro do día dos Dereitos Humanos ten a súa  orixe no ano 1950. Neste ano a Asamblea Xeral das Nacións Unidas convidou a todos os Estados e organizacóns interesadas a que o 10 de decembro observaran  o Día dos Dereitos Humanos (resolución 423 (V)).
Nese Día  conmemórase a aprobación pola Asamblea Xeral da Declaración Universal de Dereitos  Humano de 1948.
A ONU pretendía con esta Declaración Universal sentar as bases dun compromiso ético para obligar a todos os Estados a cumprir e facer cumprir unha serie de normas.
Lembremos que despois da Segunda Guerra Mundial, nos  inicios da Guerra Fría, cando todavía doían as feridas do nazismo e ante as situacións  de inxustiza que se vivían nos cinco continentes, varios países sentiron a  necesidade de unirse nunha organización supraestatal que garantizara o respeto e a dignidade das persoas, e  que evitara a repetición de feitos tan lamentables como a vulneración da dignidade da persoa e o respeto a súas  peculiaridades étnicas, relixiosas o sexuais
Os Dereitos Humanos sostéñense sobre dous piares esenciais da Humanidade: a libertade e  la plena igualdade entre todos os seres humanos. Condicións  inherentes a todo ser humano sen nengún tipo de limitacións, sexan éstas: culturais, económicas, étnicas, sexuais, etc.O concepto de Dereitos Humanos fai referencia ao sentido da dignidade humana antes que calqueira  formulación xurídica ou política.
Nun principio, a declaración levaba por título  "Os dereitos do home" pero  Eleanor Roosevelt, Presidenta da Comisión e feminista, plantexou que o termo excluía ás mulleres e consiguíu que no seu lugar figurara "Dereitos Humanos"

martes, 23 de octubre de 2012

24 de outubro: Día das Bibliotecas. A Biblioteca de Alejandría




Polo ano 300 a. C, a cidade de Alexandría era a urbe máis grande do mundo. Foi fundada por Alejandro Magno. Tiña un gran porto e un gran faro considerado unha das Sete Maravillas do Mundo Antigo

Nesta cosmopolita cidade decidiuse construir un gran museo que acollera un enorme número de obras gregas e  traduccións de obras escritas noutras linguas ó grego. O museo converteuse nun gran lugar de investigación donde traballaron nos seus estudos, científicos tan importantes como Arquímedes, Euclides, Hiparco ou unha muller astrónoma chamada  Hipatia.

O museo e a biblioteca estaban divididas en facultades, dirixidas por sacerdotes. O salario dos traballadores era pagado polo rei. A biblioteca estaba aberta ó público e chegou  contar con 900.000 manuscritos.
  
Non está claro exactamente cando a Antiga Biblioteca de Alexandría foi destruida; sábese que foi queimada varias veces. No século II a.C., baixo  o reinado de Ptolomeo Euergates II, comezou o proceso de deterioro, que continuou a través de varios séculos. No ano 47 a.C. as perdas   multiplicáronse cun primeiro gran incendio decretado polo emperador Xulio César. No ano 273, cos enfrontamentos en tempos de Aureliano, sofríu os peores danos da súa historia cando se arrasou coa cidade e o  barrio dos palacios convirtiuse nun páramo. Un novo incendio no ano 391 devorou case a totalidade do edificio. En 634 o califa Omar provocou un incendio xa que, para éste, os libros da Biblioteca contradicían o Corán e, polo tanto, eran perigosos. 

No ano 2006 reconstruiuse a biblioteca en Alexandría. Na  película “Ágora”podemos ver unha reconstrucción da Biblioteca antiga de Alexandría.

lunes, 9 de julio de 2012

A historia no cine: "14 kilómetros"




Magnífica película dirixida por Gerardo Olivares e estreada en 2007. 14 Kilómetros son os que separan ó continente africano de Europa. Con Violeta, Buba e Mukela percorremos a longa e perigosa viaxe a través do deserto do Sahara para coñecer o que hai detrás do que nos amosan os medios de comunicación. Todos vemos as imaxes da chegada de pateras ata as costas de Canarias e de Cádiz, sen embargo descoñecemos o drama inmenso que hai detrás. Este filme nos transmite todo ese drama que ten como obxectivo a busca dun sono: escapar da pobreza e da fame para intentar chegar a un mundo mellor. 
Esta película formou parte do traballo sobre o Terceiro Mundo realizado na materia de Hª Contemporánea e exposto por Tamara Vázquez, Sandra Núñez e María Rico.