miércoles, 28 de enero de 2015

O MÉRCORES TEÑO UN PROBLEMA




SOLUCIÓN PROBLEMA Nº 2
28 DÍAS

O día 27 fáltanlle tres metros. O día 28, coma todos os días,  sube tres metros, chega á boca do pozo e xa sae


PROBLEMA Nº 3. (28/01/2015)

Helena e Natalia deciden mercar un coche novo. A Helena gústanlle os deportivos. A Natalia os potentes e de cor escura. Teñen catro modelos a elixir: Renault, Citroën, Ford e Seat. Pero só un reúne as características que lles gustan ás dúas. Renault, Seat e Citroën son deportivos. Ford e Seat son de cor escura. O modelo Renault é de baixa potencia. ¿Qué coche mercarán?

(Entrega a resposta na Biblioteca antes do 2º recreo do martes 3 de febreiro)

martes, 27 de enero de 2015

LIBRO ESTRELA DA SEMANA

Filomea, responsable do espacio "Libro Estrela", recoméndanos tres libros, que veñen de pasar por ese escaparate do Instituto. Son libros que tamén estamos a ler nos Clubs de Lectura.


corredores de sombras
                de    Agustín Fernández Paz
" A memoria ábrenos luminosos corredores de sombras"
  No pazo dos Soutelo aparece un cadáver, emparedado, e cun burato de bala na cabeza.
Clara Soutelo, de só 16 anos, trata de descubrir o que aconteceu e a quen pertence o cadáver.
 Unha vez máis Agustín Fdez Paz recorre ás características da súa obra: misterio, mortos, a guerra civil e as súas consecuencias, amor, memoria e recordo, mestres, avós, ...

 RETRATO DE UN ADOLESCENTE MANCHADO
   Un avogado ten que defender a un rapaz, acusado de matar a súa nai.
Todo apunta a que foi el o asasino, pero el di que non.
   Descubrir ao asasino levará ao avogado a descubrir algo do seu pasado.
    Un libro moi sinxelo, fácil de ler, e   cunha boa dose de intriga e misterio

Usha
   Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia, nunha vila da India cando estivo alí acompañando a súa nai, membro dunha ONG . Alí coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela.
    
    Usha, unha novela sinxela, curta e  emocionante que  permite aos lectores coñecer outra  cultura e  visión da vida nunha comunidade popular da India.




miércoles, 21 de enero de 2015

O MÉRCORES TEÑO UN PROBLEMA



Solución ó Problema nº 1.
8 cigarros.
As 49 cabichas que atopa permítenlle facer 7 cigarros (7 cabichas cada cigarro). E eses sete cigarros xeneran outras 7 cabichas, que lle permiten facer un cigarro máis
Acertaches?..... Tes 10 puntos.

Non acertaches?.... Non te preocupes. Ainda quedan moitos problemas. Esto non é como empeza, é como remata. Pasa pola Biblioteca, recolle o 2º Problema, búscalle solución e entrega a resposta antes do segundo recreo do martes da vindeira semana.


PROBLEMA Nº 2. (21/01/2015)

Buscando auga, unha ra caeu nun pozo de 30 m. de fondo. No seu intento de saír, conseguía subir 3 metros cada día, pero pola noite esvaraba e baixaba 2 metros. Cantos días tardou a ra en saír do pozo?

(Entrega a resposta na Biblioteca antes do 2º recreo do martes 27 de xaneiro)