miércoles, 15 de enero de 2020

EXPOSICIÓN DE POSTAIS DE NADAL

 No recibidor do instituto están expostas as postais de Nadal realizadas polo alumnado para participar no concurso convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística.


lunes, 13 de enero de 2020

PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS E RELATOS DE NADAL

Entregáronse os premios do concurso de relatos e postais de Nadal, convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca.
O primeiro premio do concurso de relatos foi para Sandra Mariño Mourelle, co texto titulado Lembranzas do Nadal.
O segundo premio gañouno Aroa González Vázquez co relato Rescatamos o Nadal.


En canto ás postais, o 1º premio foi para Iria Leiro Guerra, mentres que o 2º gañouno Álvaro Fernández Fernández.

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

   O pasado 20 de decembro entregáronse os premios aos gañadores do concurso de relatos de terror, convocado para celebrar o Samaín.
O primeiro premio foi para Jorge Lobato Vázquez, co relato titulado O ciberasasino.
O segundo premio gañouno Ánxela Fernández Otero, con A imaxinación dunha humana.
Finalmente, o terceiro premio entregóuselle a María Suárez Fontao, con Lucía, a vella muller.


lunes, 23 de diciembre de 2019

LER E VER NO NADAL 2019

Algunhas recomendacións para estes días de descanso...




jueves, 5 de diciembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


   Na semana do 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero en colaboración co Concello de Monterroso, co CEIP de Monterroso e co CEIP de Antas de Ulla, tal e   como vimos facendo dende hai uns anos.                                                                                                

   O día 25 o alumnado de 4ª ESO e 1º de Bac. tivo a oportunidade de participar nunha charla, organizada polo departamento de Orientación, sobre a prevención da violencia de xénero.



   O mesmo día, o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO desprazouse ata o CEIP de Monterroso para participar nun partido solidario.
Alumnos e alumnas de primaria e secundaria leron diferentes manifestos contra a violencia de xénero. Acto seguido gardouse un minuto de silencio e finalmente rapaces e rapazas do CEIP de Antas de Ulla, do CEIP de Monterroso e do noso centro xogaron varios partidos.





   O xoves 28 de novembro o alumnado de 2º ESO reuníuse na Biblioteca para participar nunha lectura de poemas nas diferentes linguas que se imparten no centro: castelán, galego, inglés e francés. Os textos seleccionados tiñan como tema común a igualdade.



O venres 29 de novembro o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistíu a unha representación teatral no Centro Sociocultural de Monterroso. A obra, Mariposas negras, foi patrocinada polo Concello de Monterroso.
Ao tratarse dunha sesión de teatro foro, o alumnado tivo a oportunidade de opinar, preguntar e incluso participar na propia representación.




Ademais, os alumnos e alumnas de 3º ESO B realizaron traballos contra a violencia de xénero que están expostos no recibidor do centro.