sábado, 25 de enero de 2014

Día da paz: O señor Ibrahim e as flores do Corán



Esta brevísima pero á vez intensa lectura conta a historia dun neno xudeu orfo, Momo, e un tendeiro ancián musulmán, Ibrahim no París dos anos 60. Unha fermosa historia de amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Umha tenra  historia sobre o multiculturalismo e a tolerancia.

"O señor Ibrahim e as flores do Corán" é unha obra de Eric- Enmanuel Schmitt que foi levada ó cine polo director francés François Dupeyron (2003).

Esta obra é o libro de lectura do club de pais e nais Lector@s da Ulloa. Lembrade que a vindeira reunión é o luns día 27 a partir das 17.30 horas da tardiña.

martes, 14 de enero de 2014

Libro-estrela: "Os fillos do mar"



Trepidante novela de Pedro Feijoó  que ten como escenario a ría de Vigo. O autor enlaza o presente, a historia dun proxecto de restauración dun pazo que se lle encarga ao rapaz protagonista;  e o pasado, a historia do tesouro de Rande afundido na ría no século XVIII.
Aventura, misterio e persecucións na ría. Unha novela para todos os públicos.
Este mes "Os fillos de mar" é o libro de lectura do club de pais e nais "Lector@s da Ulloa". Boa lectura a todos.

Cadro-estrela: "O matrimonio Arnolfini"


"O matrimonio Arnolfini" é unha obra de Van Eyck, artista que vivíu en Flandes, unha zona de gran importancia mercantil na Baixa Idade Media e na que se consolida o ascenso dun grupo social enriquecido polo comercio: a burguesía.

O cadro é un retrato dunha parella no momento da realización da cerimonia sagrada do matrimonio. Na pintura todos os obxectos teñen un significado en relación co tema do matrimonio. Así, o can que aparece no primeiro plano simboliza a fidelidade; as mazás xunto a ventana teñen relación co pecado orixinal, o ventre abultado da muller refírese á maternidade futura da muller; o cadro sobre a cama representa a Santa Margarita, patroa dos partos; a lámpada cunha luz acea que ilumina a estancia amosa unha unión sagrada por Deus.

O que nos chama máis a atención é o espello que aparece ao fondo e que reflicte a escea nupcial. Representa o  triunfo  da perspectiva no cadro. Sobre este, a firma do autor e que confirma dalgunha maneira a escea representada: Jan Van Eyck estivo aquí.


Van Eyck xeraliza o emprego do óleo na pintura o que vai permitir o máximo detallismo dos obxectos que aparecen no cadro e acada un nome na historia da pintura universal debido aos logros experimentados na perspectiva e a luz na súa obra.

Ezra Bueno, 2º BAC A