viernes, 21 de diciembre de 2018

lunes, 10 de diciembre de 2018

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis conmemoramos o día contra a violencia de xénero en coordinación co Concello de Monterroso e cos CEIP de Monterroso e Antas de Ulla. 



O venres 23 de novembro organizamos unha marcha polo pobo a modo de rexeitamento que rematou no centro socio-cultural Lorenzo Varela. Alí alumnas e alumnos dos tres centros educativos leron uns manifestos e unha alumna e unha ex-alumna do instituto interpretaron a canción La puerta violeta de Rozalén.




Finalmente, o alumnado de 1º e 2º de ESO, xunto co alumnado de 5º e 6º de primaria, participaron nun obradoiro no que elaboraron chapas con lemas e/ou debuxos contra a violencia de xénero.

jueves, 25 de octubre de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA

  Celebramos o Día da Biblioteca cun espectáculo de maxia.


O mago David Méndez representou o seu espectáculo titulado "Andando a terra", centrado na poesía de Manuel María.


martes, 23 de octubre de 2018

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

O Departamento de Dinamización Lingüística e o Equipo da Biblioteca do IES Monterroso convocan un ano máis un concurso de relatos de terror para celebrar o Samaín no que poderá participar todo o alumnado deste instituto.,
Os autores dos tres mellores relatos recibirán un premio e os textos serán publicados na revista do centro.

lunes, 18 de junio de 2018

LECTURAS PARA O VERÁN

Velaiquí a nosa proposta de lecturas para este verán 2018. Lembra que podes levar o material da Biblio que queiras. Non hai límite de prétamos. Disfrutade das vacacións.





miércoles, 6 de junio de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar a Semana das Letras Galegas, adicada a María Victoria Moreno, o alumnado de Plástica e de Galego realizaron diferentes traballos que foron expostos no vestíbulo do centro.




martes, 15 de mayo de 2018

DONACIÓN DE LIBROS

Gustaríanos agradecer á profesora de Lingua Castelá Marta Ramos Ansedes a donación de libros para a Biblioteca.







Algúns dos libros donados á Biblioteca pódense ver nestas fotos.

LECTOR@S DA ULLOA

  Nos meses de marzo e abril no club de lectura de nais/pais e profesorado lemos dous libros.
     En castelán lemos Más allá del invierno, de Isabel Allende.

 


   En xeral, o que nos resultou máis interesante foi a historia pasada dos protagonistas, que van recordando a súa vida ao tempo que na actualidade viven unha aventura cando o azar os reúne aos tres. O que máis sobresae dese pasado é a violencia que marca a súa existencia e a historia de moitos países de América Latina.
   É unha novela que resulta fácil de ler, pero en xeral coincidimos en que preferimos as primeiras obras de Isabel Allende, como La casa de los espíritus, Eva Luna ou De amor y de sombra...
   A lectura desta novela orixinou un interesante debate sobre o azar, sobre a causalidade e a casualidade.






                                                                  En galego lemos Anagnórise, de María Victoria Moreno.

  




   Esta novela servíu para que moitos de nós coñecésemos a esta escritora á que se lle adica o Día das Letras Galegas neste ano 2018.
    Destacamos desta obra como o protagonista se vai descubrindo a si mesmo ao longo da viaxe que emprende en autostop cara Madrid. Este descubrimento é posible grazas á muller que o recolle no seu coche, que constantemente lle lanzaba "dardos" para facelo reaccionar.
     

lunes, 7 de mayo de 2018

SEMANA DO LIBRO


Este ano decidimos adicar a Semana do Libro á novela de Antoine de Saint-Exupéry, O Principiño, para conmemorar o 75 aniversario da súa publicación.
O departamento de Educación Plástica encargouse da decoración.



As alumnas de francés de 2º de Bacharelato deron a coñecer esta obra ao alumnado máis novo, de 1º, 2º e 3º de ESO: realizaron lecturas de varios capítulos en francés e en galego e interactuaron cos seus compañeiros/as para faciliar a interpretación dalgúns episodios.


O departamento de Lingua castelá convocou un concurso. A partir da lectura do Principiño, o alumnado participante podía resolver preguntas e encrucillados, que ían dando acceso a diferentes premios. Foron 6 os/as finalistas, que puideron participar no sorteo dunha tablet. O premiado foi Pablo Gómez García, de 1º ESO A. Os outros 5 finalistas gañaron uns altavoces inalámbricos.
Estas actividades contaron coa colaboración do Equipo de Biblioteca.



martes, 24 de abril de 2018

DÍA DA POESÍA

No marco da Semana Cultura que celebramos hai unhas semanas, incluímos a conmemoración do Día da Poesía. 
O alumnado puido participar nun obradoiro de poesía.



A poetisa Iria López recitou algúns dos seus poemas.


Ademais, o alumnado de Debuxo Artístico realizou un fermoso traballo sobre as miradas, combinado poesía con artes plásticas.







lunes, 23 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO

No IES de Monterroso este ano decidimos adicarlle a Semana do Libro á novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry.




Para celebrar esta semana, o Departamento de Lingua Castelá, en colaboración co Equipo de Biblioteca, convocou un concurso para todo o alumnado. 




viernes, 13 de abril de 2018

DÍA DA MULLER




Na semana do 8 de marzo realizáronse diferentes actividades para conmemorar activamente o Día da Muller: organizouse o obradoiro  "Móllate polas mulleres" para pintar paraugas, o alumnado elaborou pancartas con mensaxes reivindicativas e expuxéronse libros e outros materiais relacionados coa muller.









jueves, 1 de febrero de 2018

LIBROS NO MES DE XANEIRO

Nos meses de decembro e xaneiro no club de lectura Lector@s da Ulloa léronse dúas novelas moi diferentes, unha en galego e outra en castelán.

O anxo negro, de Manuel Gago.


Trátase dunha novela de intriga que plantexa o tema do roubo de obras de arte relixiosa en Galicia. Está ambientada nos anos 80 na Costa da Morte fundamentalmente.
O autor amosa un gran coñecemento da cultura popular galega e consigue engaiolar ao lector nesa buca da roubada Santa Mariña.
Unha frase pode servir para caracterizar esta obra: "Co sentimento relixioso dos galegos non se xoga".





El silencio de la ciudad blanca, de Eva Gª Sáenz de Urturi

De novo se trata dunha novela de intriga que atrapa ao lector/a dende o primeiro momento. Está ambientada en Vitoria, onde se vai producindo unha serie de crímenes de tipo ritual.
Aínda que é unha novela negra "comercial", de lectura moi doada, mantén o interese gracias ao seu ritmo rápido, de thriller, e aos constantes cambios  na trama. 

ENCONTRO COA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

O día 31 de xaneiro Ledicia Costas visitou o noso instituto e mantivo un coloquio co alumnado de 3º de ESO e do club de lectura. Os alumnos e alumnas puideron intercambiar impresións coa escritora sobre algúns dos seus libros, que leron recentemente.






A autora asinou exemplares dos rapaces e rapazas e tamén asinou no libro de firmas do instituto. 

A actividade foi organizada en colaboración polo departamento de lingua galega, o equipo da biblioteca e o equipo de dinamización lingüística.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O mércores 30 de xaneiro conmemorouse o Día da Paz no IES de Monterroso.
Realizouse unha árbore na que o alumnado colgou as mensaxes de paz que escribiron durante o recreo.
Ademais, o alumado de 1º ESO de Obradoiro de Música cantou No dudaría, de Antonio Flores e os rapaces e rapazas de 1º ESO A elaboraron uns murais, uns abecedarios da paz, que se poden admirar no vestíbulo do instituto.