domingo, 19 de mayo de 2019

SEMANA DO LIBRO



No IES Monterroso celebramos a Semana do Libro entre os días 23 e 26 de abril con diferentes actividades promovidas polo Equipo de Biblioteca, o Departamento de Artes Plásticas, o Departamento de Lingua Castelá e Vicedirección.



Decidiuse achegar fondos da Biblioteca relacionados co cómic ao alumnado, expoñendo algunhas obras no vestíbulo.




O alumnado de Debuxo complementou a actividade ilustrando personaxes de cómic.



Tamén no Departamento de Artes Plásticas realizáronse actividades de animación á lectura, escribindo microcontos, ilustrando poemas e frases feitas.




O alumnado de 1º ESO fixo algunas recomendacións de lectura aos compañeiros e compañeiras doutros cursos.




Aproveitando algún recreo, alumnado voluntario da ESO leu algúns fragmentos do Quixote.


martes, 7 de mayo de 2019

SEMANA CULTURAL 2019

Neste curso 2018-2019 celbramos a Semana Cultural entre os días 8 e 12 de abril. Nestes días mesturamos as clases con outras actividades, coas que pretendemos poñer en contacto ao alumnado con outras formas de arte e cultura.






 
 


Os rapaces e rapazas puideron participar en obradoiros do máis variado: rap, fotografía con smartphone, ilustración, convivencia, bordado, elaboración de murais, creatividade, relaxación, defensa persoal, graffiti, hip-hop, poesía, ciencias,  títeres e sexualidade.



 

 



Ademais, celebráronse diferentes charlas e conferencias sobre biotecnoloxía, a guerra civil, ciberacoso, cine, toponimia, solidaridade lucense na India e sobre a oferta educativa da Escola de Hostelería de Santiago.

 

 

 

 


O alumnado da ESO visitou a exposición aberta no pobo de Monterroso sobre Yebra de Ares. Tanto nesta visita, como nalgunha das conferencias, temos que agadecer a colaboración do Instituto de Estudos Ulloáns.

UNHA LECTURA INTERESANTE NO MES DE MARZO



Esta novela da escritora canadiense A.S.A. Harrison tivo moi boa acollida no clube de lectura Lector@s da Ulloa.
É unha lectura entretida, que mantén a intriga ata o final, aínda que o crime xa se anuncia dende o inicio da historia.
A vida en parella, a vida conxugal, o amor ilícito e adúltero... están presentados de forma analítica e cun enfoque psicolóxico moi interesante.