domingo, 27 de diciembre de 2020

VER E LER NO NADAL 2020

Este Nadal, disfruta na casa do cinema e da lectura. Velaí as nosas propostas!

miércoles, 6 de mayo de 2020

PROPOSTAS DE LECTURA

Algunhas propostas de lectura feitas polo alumnado con motivo do Día do Libro.


Dende a casa. Dende o confinamento.


miércoles, 22 de abril de 2020

domingo, 9 de febrero de 2020

EN LUGO CON MARÍA SOLAR

O 22.01.2020 o alumnado de 3º acudiu a Lugo para asistir a unha xuntanza coa escritora María Solar, tras a lectura da súa interesante novela Os nenos da varíola.

A autora describiunos o seu roteiro vital, inzado de aprendizaxes diversas e de experiencias que lle foron saíndo ao paso, oportunidades que non desaproveitou e das que botou man para crecer como escritora. María, bióloga; María, xornalista; María, actriz de dobraxe; María, mestra; María, presentadora de televisión; María, locutora de radio; María, coordinadora de programas culturais… todo serve na vida e todo obedece a unha inquedanza: a curiosidade incansábel de quen quere aprender.

Os nenos da varíola ten a súa orixe nun afán de rescate: a memoria de Isabel Zendal e, sobre todo, dos meniños expósitos que levaron a vacina ao Novo Mundo para salvar vidas. O libro é unha homenaxe á ciencia e ás persoas que abren camiños para unha sociedade mellor, fronte á intolerancia de quen se aferra á ignornacia; un intento por resarcir do esquecemento aquelas persoas das que ela non soubo nada durante os seus estudos de Bioloxía, malia seren persoas galegas e pese á proximidade dos lugares nos que viviron: o Hospital Real, na actualidade hotel de cinco estrelas para xente podente, que aínda hoxe conserva a portiña pola que aqueles cativos de antano entraban a través dun torno.


miércoles, 15 de enero de 2020

EXPOSICIÓN DE POSTAIS DE NADAL

 No recibidor do instituto están expostas as postais de Nadal realizadas polo alumnado para participar no concurso convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística.


lunes, 13 de enero de 2020

PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS E RELATOS DE NADAL

Entregáronse os premios do concurso de relatos e postais de Nadal, convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca.
O primeiro premio do concurso de relatos foi para Sandra Mariño Mourelle, co texto titulado Lembranzas do Nadal.
O segundo premio gañouno Aroa González Vázquez co relato Rescatamos o Nadal.


En canto ás postais, o 1º premio foi para Iria Leiro Guerra, mentres que o 2º gañouno Álvaro Fernández Fernández.

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

   O pasado 20 de decembro entregáronse os premios aos gañadores do concurso de relatos de terror, convocado para celebrar o Samaín.
O primeiro premio foi para Jorge Lobato Vázquez, co relato titulado O ciberasasino.
O segundo premio gañouno Ánxela Fernández Otero, con A imaxinación dunha humana.
Finalmente, o terceiro premio entregóuselle a María Suárez Fontao, con Lucía, a vella muller.