Mostrando entradas con la etiqueta autor do mes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autor do mes. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de febrero de 2014

24 de febreiro: Día de Rosalía



Para celebrar o  Día de Rosalía queremos lembrar os poemas que diferentes escritores e escritoras adicaron á poetisa galega máis internacional.

 Son os que seguen:

Luz Pozo Garza "Hai unha voz", "Benzoada", "Cantiga. Funeral de Padrón" e "Falando con Rosalía"
Luis Pimentel, "Nai de Galicia" e "Rosalía"
Xohana Torres, "Rosalía"
Mª Xosé Queizán "Tirar do fío"
Arcadio López Casanova, "Palabras na tarde pra Rosalía"
Ana Romaní, "Rosalía de Castro, Emily Dickinson, Edith Södergran", "Rosalía tan amiga"
Ramón Cabanillas, "A Roaslía de Castro"
Curros Enríquez, "A Rosalía"
Federico García Lorca, "Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta"
Teixeira de Pascoaes, "Oh Santa Rosalía da Saudade"


viernes, 25 de mayo de 2012

Día das Letras Galegas: Valentín Paz Andrade


Este ano as Letras Galegas rememoran a Valentín Paz Andrade (1898-1987), xurista, político e escritor pontevedrés. Pertenceu ao movemento galeguista nos seus inicios, sendo director do periódico "Galicia" pechado nos anos 20 polo dictador Primo de Rivera. Presidíu o grupo autonomista galego, núcleo do galeguismo en Vigo. Escribíu ensaios literarios, históricos e económicos, sempre amosando preocupación polo avance e progreso de Galicia. Colaborou en "Pueblo Gallego", sendo detido en varias ocasións durante a dictadura franquista pola súa ideoloxía política. Como poeta, pertenceu á Xeración de 1925, destacando a súas obras "Sementeira do vento" e "Cartafol de homenaxe a Otero Pedraio". Asimesmo impulsou ó grupo industrial "Pescanova" en Vigo.

miércoles, 19 de octubre de 2011

O MES DO AUTOR : STEPHEN KING

Este mes do autor adicámolo a un mestre das literaruta de terror: Stephen King, coincidindo ca proximidade do Samaín. Na nosa Biblioteca dipoñemos dos seguintes títulos: