martes, 28 de febrero de 2012

Lector@s da Ulloa: ""La casa del propósito especial"


Na reunión do último xoves do mes, como xa é habitual, o club de lectura "Lector@s da Ulloa" deu a súa opinión sobre "La casa del propósito especial" de John Boyne. Houbo unanimidade entre os membros do club; "unha obra que te envolve dende o principio", "non podes deixar de lela ata o final", "unha historia ficticia con fondo histórico", "unha obra desas que tanto nos gustan, cun telón histórico detrás"... Foron as opinións expresadas por algúns dos membros do club.

"La casa del propósito especial" narra a historia de Anastasia, unha das fillas dos últimos zares de Rusia, que logrou escapar o triste destiño en Ekaterimburgo, lugar do asasinato dos Romanov. Coa revolución de fondo e ao longo da historia do século XX o lector vive unha historia de amor dun criado do zar cunha das altezas reais do esplendoroso Imperio ruso.

Cadro-estrela da semana: "A noite estrelada" de Vincent Van Gogh


"A noite estrelada" é unha obra realizada por Vincent Van Gogh. O cadro e o autor pertencen ao chamado Posimpresionismo, un movemento artístico que comeza tras o Impresionismo. Os posimpresionistas van máis alá que os impresionistas xa que tratan de volcar na súa pintura un sentimento interior. Por este motivo son máis rupturistas que os anteriores. O Posimpresionismo desenvólvese na época da II Revolución Industrial, resultado das transformacións económicas e tecnolóxicas da segunda metade do século XIX e que deron lugar a unha nova sociedade de clases.Entre as características da pintura posimpresionista cabe salientar a temática da paisaxe, as liñas feitas cunha pincelada grosa produto da moda chegada a Europa da estampa xaponesa, así como a plasmación do estado anímico do autor. No cadro, Van Gogh amosa unha paisaxe na que destaca a luz das estrelas a través dun trazo de espirais que dominan o ceo e os cipreses do primeiro plano, todo isto obtido a partir das pinceladas máis persoais da historia da pintura. Ao fondo apréciase a silueta dun pobo, e as liñas do contorno dos edificios marcadas cos característicos trazos grosos. Os tons utilizados polo pintor son os malvas, morados e amarelos que plasman o estado de ánimo de Van Gogh. As liñas retorcidas amosan o seu interior atormentado.Van Gogh e a súa "Noite estrelada" son grandes referentes na historia da arte.

martes, 7 de febrero de 2012

Cadro-estrela da semana: "A balsa da Medusa"


A BALSA DA MEDUSA” é un cadro romántico do autor francés Gericault. A pintura é un canto á esperanza; uns náufragos ao divisar ao lonxe ao barco salvador comezan a axitar o que queda das súas roupas para ser salvados despois da traxedia. O autor quere amosarnos esa desesperación e o ánimo dos supervivintes. A pintura ten unha composición piramidal, triangular; vai desde os mortos situados nun primeiro plano, ata os que intentan erguerse nun segundo plano, e os que conforman o vértice da pirámide e axitan as súas roupas para chamar a atención do barco. A paisaxe na que están inmersos é terriblemente ameazadora, ondas dun mar embravecido e un ceo de negros nubarróns. Sen embargo, ó fondo, a luz dun claro, que xunto ao barco simboliza a esperanza. Os claroscuros dos corpos espidos intensifican no espectador os sentimentos de horror.A balsa da Medusa” é un dos grandes cadros do Romanticismo.Reflexa un acontecemento real que conmoveu a toda Francia no século XIX.

lunes, 6 de febrero de 2012

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS


Dende o departamento de Artes Plásticas recomendamos O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Caldeiro, un intelixente forma de coñecer a figura de Van Gohg a través dun adolescente que é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.
Unha interesante elección que mestura arte e literatura.

viernes, 3 de febrero de 2012

Imaxes que conmoveron ao mundo


A imaxe da Guerra do Vietnam
foi esta fotografía real de 1972
da nena Khim Phuc, que, espida, escapaba aterrorizada
tras ser alcanzada xunto a outros nenos polo napalm lanzado
desde un avión sudvietnamita
en Trang Bang.
Correu durante un kilómetro ata ser salvada e levada ao hospital onde permaneceu dazaoito meses,
seis deles en coma, debido ás graves queimaduras en boa parte do seu corpo.

Imaxes que conmoveron ao mundo


En febreiro de 1968,
durante a Guerra do Vietnam,
a imaxe da execución sumaria dun vietcong
a mans dun xefe da policía de Saigón coas cámaras da TV como tesetemuña deron a volta ó mundo. Imaxe escalofriante da guerra.

jueves, 2 de febrero de 2012

Cancións para a paz: "Guerra", Miguel Hernández


La vejez en los pueblos.
El corazón sin dueño.
El amor sin objeto.
La hierba, el polvo, el cuervo.
¿Y la juventud?
En el ataúd.
El árbol solo y seco.
La mujer como un leño
de viudez sobre el lecho.
El odio sin remedio.
¿Y la juventud?
En el ataúd

Miguel Hernández

Cancións para a paz: "Sólo tres letras", Gloria Fuertes


Sólo tres letras, tres letras nada más,
sólo tres letras que para siempre aprenderás.
Sólo tres letras para escribir PAZ.
La P, la A, y la Z, sólo tres letras.
Sólo tres letras, tres letras nada más,
para cantar PAZ, para hacer PAZ.
La P de pueblo, la A de amar
y la zeta de zafiro o zagal.
(De zafiro por un mundo azul,
de zagal por un niño como tú)

Gloria Fuertes