A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
jueves, 17 de marzo de 2011
Novidades: "O curioso incidente do can á medianoite
"O curioso inceidente do can á medianoite" de Mark Haddon e editado en galego por Rinoceronte, conta a historia dun rapaz de quince anos, Christopher Boone. Este destaca en matemáticas, nas ciencias e tamén na xeografía. Sen embargo, non é capaz de relacionarse con outras persoas, é un neno autista. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, asasinado no xardín. Pola súa conta inicia as pescudas...que o levarán a cuestionar a lóxica do mundo que lle rodea.
Mark Haddon (Reino Unido, 1963) é escritor, ilustrador e guionista. Traballou algún tempo con persoas con discapacidades físicas e mentais. O curioso incidente do can á medianoite foi acollido con gran éxito, chegando a traducirse en 35 idiomas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario