martes, 31 de mayo de 2011

A MURALLA O PUNTO DE REENCONTRO

O venres día 20 reencontrarnos cos nosos amigos lectores do Leiras Pulpeiro, cos que ademais de compartir amizade tamén compartimos lecturas, ademais tamén tivemos a oportunidade de coñecer a algúns dos nembros do club de lectura do IES Xogar de Sarria, tamén convidados por lo Leiras Pulpeiro. Nesta ocasión lemos obra de Antonio Reigosa “Lu e Go pola muralla”, xa que nos pareceu a escusa perfecta para pasear pola cidade recordando pasaxes do libro, ca luxo engadido de que os nosos anfitrios invitaron ao autor do libro que nos fixo a honra de facer a visita comentada pola muralla de Lugo e firmarnos uns exemplares, desta disparatada historia que narra as peripecias dun gato que persegue a un rato arredor da muralla de Lugo. Neste percorrido mesturarase ficción e realidade, ao igual co na nosa viaxe, na cal atopámonos co señor alcalde que nos saudou amizosamente , un compañeira quixo seguir a Go polos pasadizos da muralla, escorréndose polas táboas que hai na porta Miñá, toparmos cun turistas que menciona no libro , co can de tres testículos e ata cun budha,. Todo iso e moito máis pode ocorrer na nos muralla.



domingo, 22 de mayo de 2011

"Enrédate coa lectura I":" Rebelión en la granja"


O vindeiro xoves día 26 de maio terá lugar a última sesión deste curso do clube "Enrédate coa lectura I". Nesta ocasión o libro a comentar é "Rebelión en la granja" un clásico da literatura do século XX, obra de George Orwell. Nunha granxa, os animais crean un goberno propio do cal os humanos son expulsados. Os porcos son os animais que actuan como líderes e como corruptos tiranos. Trátase dunha mordaz sátira sobre a tiranía e máis concretamente sobre o estalinismo, un réxime monolítico e dictatorial que vivíu a URSS entre finais dos anos vinte ata 1953, ano da morte de Stalin. Varias lecturas, varios significados. Anímate a ler esta interesante obra de Orwell, autor tamén de" 1984".

Lector@s da Ulloa: "El lector "


"El lector" é unha breve e deliciosa obra do autor xermano Bernhard Schlink. Gañadora de varios premios (o Hans Fallada, o Premio Welt, o Premio Grinzane Cavour entre outros), "El lector" narra a historia de Michael Berg, un rapaz que con quince anos vive unha peculiar historia de amor cunha muller adulta. Un día, ésta desaparece sen deixar rastro e non é ata bastantes anos despois cando Michael e Hannah vólvense reencontrar. Este reencontro prodúcese nun xuízo. Michael como estudiante de dereito acude como espectador a un xuízo donde Hannah, a muller que amou de adolescente é unha das acusadas dos crímenes de guerra nazi. Michael debaterase entre o amor e a xustiza...

"El lector" é a obra que o próximo xoves 26 de maio comentarase no clube de pais "Lector@s da Ulloa"

jueves, 19 de mayo de 2011

POP, SEMPRE POP


Roy Fox Lichtenstein
(Nueva York, 27 de octubre de 1923 – Nueva York, 29 de septiembre de 1997).
Conocido vulgarmente como el "pintor de las tiras cómicas", Roy Lichtenstein llegó a ser calificado por la revista Life en 1960 como "el peor artista de Estados Unidos".
Esta quincena eliximos a reinterpretación dos alumn@s de 3º B da obra de Roy Lichtenstein. A elección esta obra que fusiona dous cadros do artista como son “O bico V” e “OHHH…ALRIGHT…”
Onde podemos observar varias características do artista pop estadunidense como son:
• Composicións con formato viñeta
• Globos para introducir diálogos
• Cores primarias totalmente planas
• Texturas de puntos e liñas
• Iconos femininos de mulleres namoradas ou desconsoladas
• Referentes ao cine, publicidade e cómic
Ademais en outras obras do artista podemos atopar onomatopeias ou elementos cinéticos empregados pola banda deseñada.
Este artista tan peculiar fai do cotiá arte así que en ocasións representaba simples obxectos de uso corrente como pode ser un cacho de carne ou cunca de café.Como curiosidade dicir que grazas a investigación de David Barsalou que pasou 25 anos da súa vida buscando en 30.000 libros de historietas para atopar as fontes de dito artista, e o que atopou foi sorprende, anímovos a visitar este enlace on de o explica e nos deriva ao estudio realizado por Barsalou:

http://www.lifelounge.com.au/art-and-design/news/deconstructing-lichtenstein.aspx

lunes, 2 de mayo de 2011

Cadro Estrela


Este ano o alumnado de 3º axúdanos a elexir o cadro estrela co seu traballo Adiviña quen vén a cear? Un dos artistas máis éxitos a hora de convidado a cear foi René Magritte, un pintor surrealista do século XX de nacionalidade belga.

Un dos caros elexidos é o cadro estrela desta quincena:



O falso espello
(René Magritte)
René Magritte foi un pintor surrealista nacido en Bélgica en 1898, que alcanzou gran fama, e incluso llegou a gañar o Premio Guggenheim. Falleció en 1967, en Bruselas.
Nós escollimos esta obra porque chamounos a atención a representación destes dous elementos superpostos, simulando un espello, e polo significado que nos aporta, xa que pode representar o mundo que se abre ante os nosos ollos; ademáis de ser os olljos unna das partes máis expresivas do noso corpo.

Moi poéticos, os significado que lle aportan a obra, verdade? en realidade, Magritte como bon surrealista xogaba en confundir ao espectador, empregando as leis perceptivas como son o fondo e figura, a seu antoxo para crear como neste caso contraste. Quere o artista representar o que está a ver ollo, no iris do mesmo.

LIBRO ESTRELA :SEPTIMUS


Unha alumna de 3º da ESO recomendou Septimus Heap que é unha saga literaria escrita por Angie Sage que trata sobre as aventuras dun héroe homónimo, que por ser o séptimo fillo dun séptimo fillo ten unha habilidade máxica increíble.


O mundo máximo está nunha terrible amenaza: Dom Daniel, o nigromante escuro, quere dominar o mundo. Só precisa dúas cousas: matar a princesa e robar a Marcia, a Maga Extraordinaria, o amuleto Akhenaten.


Angie Sage nació en Londres. Su primera opción profesional fue la medicina y estudió en el Royal Free hospital, pero más tarde se dedicó a dibujar portadas de libros infantiles y juveniles tras terminar sus estudios de arte y diseño, y finalmente dio el salto para escribir ella misma los libros.

Na Biblioteca contamos con tódolos libros da serie, e están tendo moito éxito dentro dos lectores de literatura fantástica.