domingo, 18 de diciembre de 2011

PARA LER E AGASALLAR

AGASALLOS DE NADAL

Preparando a recomendación de lecturas para este Nadal topei cun agasallo para a miña vista, o video promocional do libro "El Herbario de la Hadas", un libro de Benjamin Lacombe & Sébastien Pérez, publicado en España por Edelvives. Dispoñible a partir do 17 de outubro e en formato dixital a partir de novembro en i tunes. Non volo perdades é pura maxia!

martes, 13 de diciembre de 2011

POLA PAZ E OS DEREITOS HUMANOS




PISTA: Con motivo de dous días especiais como son o día dos Dereitos Humanos e o da Paz, o personaxe segredo desta quincena será a primeira muller musulmán que en 2003 recibiu o premio nobel da Paz , pola su loita en favor dos dereitos humanos, especialmente das mulleres e dos nenos.

MONTAMOS O NADAL

Con motivo das festas o cadro estrela será un nacemento como calquera outro pero esta vez será dos Simpsons, que adoptan a típica iconografía cristián dos nacementos, a cal analizaremos a continuación.
Na relixión cristiana os Magos son uns personaxes que aparecen no Evanxelio de Mateo (Mt 2-12)e no libro do Novo Testamento. Mateo fai un relato moi breve no que non aparece nin o número nin o nome dos magos. A partir de Orígenes (185-224) e cos Evangelios apócrifos vanse engadindo datos e detalles que a Igrexa vai aceptando e os artistas aproveitan nas súas obras.
A escena da adoración en Belén é unha das mais antigas no mundo artístico. O pasaxe da adoración xa se representaba nas catacumbas romanas onde pode verse a María no extremo da obra e a os tres magos levando os seus agasallos sobre bandexas moi sinxelas. O antecedente desta representación está nas obras da Roma Antigua na que persoas do pobo sometido levan presentes ao romano vencedor durante a cerimonia coñecida como triunfo. No século V cambia a disposición da escena situando a María no centro entre os Magos e engadindo a comparsa dos camelos. Mais tarde en época bizantina aparece na escena un anxo que leva unha estrela e un dos Magos fai unha xenuflexión(axeónllase). En Occidente e durante a Idade Media vestían aos Magos con manto real e con coroa. Os agasallos van en recipientes luxosos que se supoñen feitos de metais preciosos. No Século XIII é común un modelo no que o primeiro rei se axeonlla e o segundo mira ao terceiro para mostrarlle a estrela. A escena vaise enriquecendo con outros detalles e a partir do século XVI pasa do simbolismo ao anecdótico e atractivo.En moitos casos os señores que encargan a obra saen representado na propia adoración como un "pastor" mais que porta un presente para o neno Xesús.



AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ PREMIO IBERAMERICANO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

O pasado 8 de decembro en Gualajara, e que gracias a editorial Xearis que nos enviou un correo co vídeo do discurso podemos disfrutar todos as dúas palabras:


Na nosa Biblioteca dispoñemos de numerosos exemprares das súas obras, xa que un ano adicamos o Club de Lectura súa obra, pola cercanía das súas historias ca vida dos nosos rapaces que se ven reflectados nas páxinas dos seus libros como se dun espello se tratase, sobre toda as rapazas as que retrata con tanta exactitude.
O noso homenaxe e felicitación especial dende a Biblioteca do IES Monterroso é o expositor do escritor do trimestre, e inaguramos a 2º avalición cun repaso pola súa vida e obra.
Se visitades o seguinte enlace http://www.filix.org/ranholas/agustin.html, podedes atopar a seguinte información sobre vida e obra e moito, moito máis.
VIDA
Nace en Vilalba en 1947, ainda que é Perito Industrial Mecánico, coñéceselle por ser Mestre de Ensino Primaria e Licenciado en Ciencias da Educación, ademáis de escritor . Entre 1988 e 1990 foi membro do Gabinete de Estudios para a Reforma Educativa, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. É membro da Ponencia de Lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Codirixe, tamén, a Colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.
Preocupado pola renovación pedagóxica, foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega e participou na elaboración de numerosos materiais didácticos como as series.
Así mesmo é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introducción dos medios de comunicación nas aulas, publicados en xornais e revistas .
A súa obra, merecente de abundantes premios e recoñecementos (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove, Lista de Honra do IBBY, etc.), e amplamente traducida a diversas linguas, constitúe un referente incuestionable da literatura infantil-xuvenil galega.
OBRA
1990A cidade dos desexosAs flores radiactivas 1991Contos por palabras ·Lonxe do mar 1992O tesouro do dragón Smaug 1993As tundas do corredor·Rapazas 1994Trece anos de Branca ·Unha lúa na fiestra1995Cartas de inverno · Amor dos quince anos, Marilyn1996Avenida do Parque, 171997O centro do labirinto1998A néboa escura· O laboratorio do doutor Nogueira1999As fadas verdes· Cos pés no aire· A nube de cores2000Aire negro· O soño do merlo branco2001No corazón do bosque· Un tren cargado de misterios· Ana e o tren máxico2002Noite de voraces sombras 2003O meu nome é Skywalker·A Serea da Illa Negra·A praia da esperanza2004Tres pasos polo misterio ·Raquel ten medo·Laura e os ratos2005A escola dos piratas ·A noite dos animais·A fuxida do mar·Fantasmas no corredor·¡Que medo, mamá Raquel!2006Corredores de sombra·Os gardiáns do bosque·Querido inimigo·O Raio Veloz 2007O único que queda é o amor 2008A pastelaría de dona Remedios·¡Upa! 2009Lúa do Senegal·Valados·A dama da Luz

CORAZÓN DE TINTA




Pola sangue de todo bó lector corre un pouco de tinta vermella que se mestura ca sangue e fai que o noso coarzón se acelere o achegarnos a una boa lectura e por iso que Enrédate coa lectura I lerá Corazón de Tinta no mes de xaneiro. Con este título tan suxerente, Cornelia Funke escritora alemana de literatura infantil e xuvenil, comenza a serie Mundo de tinta, composta por outros tres títulos máis Sangre de tinta e Muerte de tinta. Na que nos conta a historia dunha rapaza Meggie e do seu pai Mo, o cal ten un extraordinario poder, facer que todo o que le en voz alta se faga real.




Na Biblioteca do IES tamén dispoñemos da película a cal veremos para comparar ca obra.




Rap vs racismo


Este ano conmemoramos o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos a ritmo dun coñecido rap do noso admirado Chojin interpretado por Ismael, Andry, Kevin e Michael. A letra fainos reflexionar sobre o tema do racismo:

¿te has parao alguna vez ha hablar contigo mismo?
la vida puede ser de otro color si se habla de racismo
no vengo a dar un discurso de derechos humanos
ni vengo a contaros una de romanos
es la lucided frente a la estupidez que existe
yo me pregunto donde empieza y donde acaba el chiste
buen desplante al vendedor ambulante que es otro currante
con familia y un futuro por delante

cada uno es unico en su especie
no hay motivo ni razon para que se desprecie
es el temor a la igualdad y ha ignorar lo diferente
nos separa una absurda clase social permanente
maximo odio por la minima razon
no hay color, no hay comparacion
tan solo otro episodio donde el mas intolerante fascismo
no se cura leyendo y el racismo viajando tampoco

por muchas canciones que hagamos
por mucho que nos manifestemos
por muchas victimas que sufran
no caigan a lo largo del terreno
no nos concienciamos y asi nos va
y en el articulo nuemero uno escrito esta
nacemos libres iguales en derecho y dignidad
a ver ¿porque es tan dificil llevarlo a cabo fuera del papel?

alto bajo feo guapo negro blanco ¿que mas da?
dentro de cien años todos calvo bajo tierra ¿va?
¿no has probado nunca conocer a un extranjero?
fijate en los niños ellos saben de que va este juego
y esque la raza humana es un crisol
el que no pueda ver belleza enesto no merece ver el sol
paso el relevo al compañero, para este mundo nuevo
es el triunfo del amor contra el miedo

cuando la bestia racista siente rabia y muerte
cuando la fobia se contagia y hierve acusandote de no ser igual
cuando en un mundo global
el buscar comida en otra tierra te convierte en ilegal
cuando la ley de extranjeria te atrapa sin motivo
y la hipocresia tapa sus ojos y sus oidos
racismo y marginacion cuando solo ven al piel
y se olvidan de mirar al corazon

nadie te pide que salves el mundo de su dolor
todos perdimos la fe en un futuro mejor
esta vida es tan cruel y tan canalla que lo entiendo
a veces ser honrado es como mear contra el viento
pero no mieres el colro de mi piel
si realmente quieres ver el color de mis billetes
terremotos, huracanes, guerras, hambre
el racismo esta en los bolsillos del hombre

respira del todo esta brisa
ponte en la piel del otro a ver cuanto dura tu sonrisa
mostrar respeto al desigual por sexo, ideologia o cultura
para que afecto y sensibilidad rodeen la estructura
porque con intelorancia muestras deficit en cerebro y corazon
hoy comparto mi voz y mi amor contra la sinrazon y el dolor
y la falta de inteligencia y comunicación

tu no eres racista, tio eres imbecil
por culpa de unos padres ignorantes eres docil
hace ya muchos años que no existen los paises
la frontera esta en la piel de cada uno
y todos nuestros nietos seran grises
como quieres que te recuerde como aquel que decia que
odiava negros pero se escondia por si muerden
cobarde sin actitud, si algun dia te enfrentas a tus demonios
veras que son blancos como tu

porque coño le miras con esa cara
si luego tu eres el primero en comprarle DVDs piratas
apoco por la amistad de las razas, dificil en este puto mundo
intolerante de ratas
ningun ser humano puede ser ilegal
lo ilegal es que un ser humano no tenga dignidad
yo apoyo al negro, al chino, al arabe incluso al marciano
por mi parte bienvenido a mi tierra romano

superando al treintena de edad
me escribi la de los niños
esta va por el papa
que lanza insultos un domingo en el bar
cuando el negro al que idolatra no consigue marcar
el partido esta perdido al entrar
el efecto secundario es que tu hijo sea un problema social
el futuro es que tu hija exiga dinero pal cine
y se vaya con el hijo del que te vendia clinex

realidad difusa haciendo menesteres
¿viste quien soy yo? dime tu quien eres
cobrando en papeles denegando los placeres
de hombres y mujeres, heroes de tal desafio
de luchar por tal desafio, de luchar por su amor propio
para que sus hijos no crezcan vacios
nueva generacion con principios
dando una buena educacion sin prejuicios

cuando el dolor cobre el pecho
un corazon aguanta lo que le echen
pero dependiendo de los hechos
licho por algo mejor, por derechos
y las palabras se las lleva el viento
¿estas? no, entre oceanos hay una razon
que arrastra lagrimas al decir bros
yo solo me fijo en la persona
o tu juzgate antes de juzgar a cualquier otro

no, no es el tono de la piel lo que interesa
es el tono con el que te expresas, racistas se quejan
el extranjero les quita horas en la empresa
mas horas les quita la consola y es japonesa
pon atencion luchar por la libertad
es algo mas que odiar al opresor
pido comprension pues el pan se parte con las manos
pero se reparte con el corazon

por un lado me apena que sea necesario esto
por otro me alegra oir a mis compañeros
no se me ocurre un mensaje mas tonto ni mas logico ni mas omvio ni mas serio
el problema viene cuando no ven el problemo
y el problema se queda cuando lo niegan
supongo que no hacia falta ni decirlo
les queda claro ¿no? el rap esta contra el racismo


Conmemoración da Constitución e do Estatuto


Estes días conmemoramos no centro o Día da Constitución e do Estatuto de Galicia. Nas escaleiras de acceso ó primeiro andar podemos atopar unha pequena exposición sobre que é unha Constitución, os seus contidos, cal foi a primeira Constitución española, as anéctodas daquel lonxano día de 1812 no que se promulgou A Pepa, a nosa historia constitucional, a firma da Constitución de 1978 hoxe vixente, o perigo que representou para a recén nacente democracia española o Golpe do 23F, asi como as circunstancias do Estatuto de Galicia de 1936 e a promulgación do actual no ano 1981. Unha viaxe por un anaco da nosa historia

viernes, 9 de diciembre de 2011

María Antonieta: a película


"María Antonieta" é unha película de 2006 dirixida por Sofía Coppola. Baséase na biografía da raíña de Francia. A historia comeza cando María Antonieta, con catorce anos, é afastada da súa familia en Viena e levada á suntuosa corte de Versalles en París, para contraer un matrimonio concertado co herdeiro do trono de Francia, o futuro Luis XVI. O luxo, as festas e os amantes forman parte da vida da raíña na decadente corte francesa nos momentos previos á revolución. O fin da monarquía ten lugar no ano 1793 durante a Convención Xirondina. María Antonieta é levada á guillotina ó igual que o seu esposo Luis XVI. A película acadou o Óscar ó mellor vestuario en 2006.

jueves, 1 de diciembre de 2011

Lector@s da Ulloa: Patagonia Express





A próxima parada do club de lectura de pais "Lector@s da Ulloa" é "Patagonia Express" do autor chileno Luis Sepúlveda, xa un coñecido dos lectores, pois o curso pasado lemos a súa obra "El viejo que leía novelas de amor". "Patagonia Express" é unha viaxe polas latitudes máis altas de América do Sur e donde o autor descúbrenos a toda unha galería de personaxes baixo unha paisaxe desoladora. "Patagonia Express" é un libro de viaxes e de aventuras pero tamén un mosaico das vivencias das xentes que habitan esa descoñecida e lonxana parte do planeta. A vindeira cita do club non será ata xaneiro. Coma sempre, o último xoves do mes. Disfrutade da lectura.

50 anos da publicación de "Memorias dun neno labrego"



Estes días no IES de Monterroso podedes contemplar unha exposición sobre as portadas e ilustracións de "Memorias dun neno labrego" ao longo dos xa 50 anos dende a publicación desta obra clave da narrativa galega do XX. A novela de Neira Vilas é unha análise crítica da realidade social da Galicia interior rural desde a óptica dun neno, o propio autor.

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Como quen di, un ninguén. E ademáis, pobre", así comeza a novela.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

GÓTICO AMERICANO

Esta quincena eleximos este cuadro de Grant Wood, pintor estadunidense do século XX, que nos representa o mundo rural americano, xa que tamén contamos co libro estrela de Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas. Pareceunos apropiado facer unha comparación co mundo labrego de dúas realidades tan diferentes como os granxeiros galegos e os americano, e que esta imaxe non se diferencian tanto como poderíamos pensar, a muller vestida con cores oscuras e o home ca forquita na man, podería ser unha representación de aldeáns galegos, se añadísemos unha boina ao señor e un pañuelo da cabeza a muller, non vos parece?
"Gótico americano"(1930) tamén da no branco psíquico. A pintura de Wood entreganoas valores cristianos fundamentais e sobria rectitud rural.
A mirada da muller e a seriedade do home resultan inquietantes, tanto é así que resulatn un branco fácil de para caricaturas como neste exempro dos Simpsons, será para borrar o medo do noso pensamento?Para no pensar no que están a maquinar ou no que rematan de facer?


A continuación preséntovos a pintura real, fixádevos no na forquita, e agora na parte superior da funda do home, que vedes? Outra forquita non é así? Agora prestade atención o pelo que cae polo pescozo da muller, non parece unha serpe? A que credes que fan alusión a serpe e a forquita?
O nome da cadro fai referencia ao estilo flamenco dos retratos tipo "O matrimonio Arnolfini" de 1434, no que se representaban os matrimonios burgueses da época. Por certo quen pintou este último cadro?
Remato cunha curiosidade o home do retrato era dentista, calquera o diría.



RESPOSTA DO CADRO ANTERIOR: VITRUBIO

domingo, 27 de noviembre de 2011

MES DA CIENCIA

miércoles, 23 de noviembre de 2011

domingo, 20 de noviembre de 2011

CINE PARA A TOLERANCIA


Recomendamos esta película para traballar a tolerancia no 1º ciclo, Eduardo manostijeras , dirixida por Tim Burton e protagonizado por Johnny Deep, narranos a extraña aparición dun rapaz tímido e amable pero cunha calidade un tanto especial, tixeiras en vez de máns...Na película trátanse diferentes como é o amor, a amizade, a convivencia e a tolerancia e respeto ante o diferente. A min recórdame a un conto infantil mesturado ca historia de Frankeinstein.

Se queredes traballar con ela recoméndovos esta ficha:
http://tolenara2.wikispaces.com/file/view/Eduardo+Manostijeras.pdf

Outra película para traballar a tolerancia no 1º ciclo é Billy Elliot (Quiero Bailar), historia que os relata os esforzos dun rapaz por conseguir o seu soño ser bailarín, enfrentándose aos seus amigos e familia.
Para traballar o película podedes empregar esta ficha de traballo:
http://www.auladecine.es/contenidos/fichas/billy_elliot.pdf

TODOS TEMOS ALGO DE BICHOS RAROS

A continuación recomendámosvos este libro de literatura infantil e xuvenil, ideal para traballar a lectura comprensiva en 1º de agrupamento, xa que pon a nosa disposición unha guía de actividades en relación coa lectura. No libro presentansenos diversos animais ordeados da A a Z, contándonos en clave de humor historias sobre os mesmos. Nesta presentación podedes ver as primeiras páxinas e no enlace de Anaya podedes atopar máis información e material sobre o mesmo.

.

Cine nas titorías

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Biblioteca de historia


ESta semana chegaron ás aulas de historia novas lecturas en relación coa materia. Trátase de dúas obras contemporáneas de gran éxito de público, "Persépole" , novela gráfica de Marjane Satrapi, e "Purga" de Sofi Oksanen. Dúas mulleres e dúas grandes obras.

"Persépole" é un relato autobiográfico sobre a infancia da autora en Irán e a súa vida posterior no exilio. Un testemuño histórico dun pobo e dunha época narrada con gran espontaneidade e emotividade que non nos deixa indiferentes.

"Purga" é a emotiva historia de dúas mulleres, unha anciá solitaria que vive nunha afastada rexión báltica e unha rapaza que, vítima do tráfico de mulleres e a explotación sexual, precisa axuda da anciá para non caer nas mans dos seus raptores. O libro amósanos a historia pasada e recente de Estonia, facendo unha crítica os totalitarismos políticos do século XX.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

LA HIJA DE LA NOCHE

Seguindo co tema dos vampiros iniciado no Samaín e que gusta tanto, este curso disfrutaremos da lectura de La hija de la noche, de Laura Gallego, dentro do club de lectura, Enrédate coa lectura II, que nos drá a oportunidade de extremecernos con algo máis co frío de xaneiro. Despois de ler a novela cometaremos al´gunhas cuestións que coñeceremos nesta presentación.




E das que podedes dispoñer no seguinte enlace:
http://www.edebe.cl/pdf/26672_pdf_libro.pdf




E da que podedes dispoñer en formato pdf se picades nos seguinte enlace:

http://www.edebe.cl/pdf/26672_pdf_libro.pdf



Tamén vos pode resular de interese esta outras actividades:
http://guadalupe-mendoza.blogspot.com/2009/09/cuestiones-del-libro-de-lectura-la-hija.html

martes, 8 de noviembre de 2011

¿SUEÑAN LOS ANDROIDES CON OVEJAS ELÉCTRICAS?

No mes da ciencia como é de esperar recomendarémovos literatura realcionada ca ciencia, recomendando non ademáis das enciclopedias de animais, cosmos e corpo humano, unha das lecturas favoritas na nosa Biblioteca, recomendamos ademáis outro tipo de literatura con temática científica. Facendo honor a una película mítica dentro da ciencia ficción Blade Ranner recomedamos o cómic debuxado Tony Parker, que se adáptase fielmente a novela escrita por Philip K. Dick, novela na que se baseou a película de Ridley Scott.
O argumento da historia e o seguinte Rick Reckard, é un cazador de andrillos (androides no film), que deberá enfrentarse a unha nova xeración de adrillos, os Nexus 6, que posen unha capacidad intelectual máis alta ca dos propios seres humanos. A súa búsqueda faralle atopar mais preguntas que respostas, facendo participe ao lector. Se Blade Runner é unha adaptación libre, no cómic atoparémonos coa obra íntegra.
De todos es conocido que dentro de esa capa de cine negro que cubre a la novela, el verdadero argumento de ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, es la concepción de real o no real, además de introducir elementos religosos y de decadencia social en un mundo donde la población humana considerada válida, es casi obligada a emigrar a las colonias espaciales.
No fondo o verdadeiro argumento de ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, é a concepción do real ou non real, ademais de introducir elementos relixiosos e de decadencia social nun mundo onde a población humana considerada válida, é casi obligada a emigrar as colonias espaciales.
Este primer tomo, completase con diversos artículos escritos, nos que se habla da súa relación con Blade Runner e a novela, ademais de incluir as portadas e material extra adicional.


Información de Nuestros Cómics.

CIENCIA-FICCIÓN?

Mes da Ciencia. Curiosidades: Tycho Brahe



Tycho Brahe foi un dos grandes astrónomos da historia. Danés de nacemento, vivíu no século XVI e traballou xunto a Johannes Kepler en Praga. Tycho, cada noite, observaba o firmamento e chegou a situar con enorme precisión, como se comprobou despois, a posición de máis de 700 estrelas e unha supernova na era anterior ao telescopio. Deseñou e desenvolveu instrumentos de observación que se utilizaron máis tarde.

Cando era estudiante tivo un enfrentamento cun compañeiro, na disputa perdeu o seu nariz. El mesmo construiuse unha de metal (principalmente de prata) que levaría o resto da súa vida. Din que sempre levaba unha sustancia pegamentosa para suxeitar o nariz cada vez que este se desprendía, algo que pasaba moi a miúdo.

A súa morte foi repentina e misteriosa. Por iso ao longo dos séculos seguintes investigouse o seu cadáver para aclarar a súa morte. En 1996 confírmase que Tycho Brahe morreu por unha inxesta de mercurio. Algunhas fontes din que o autor do seu asasinato foi o gran científico Johannes Kepler con quen traballou e quen herdou todas as inestigacións astronómicas do gran Tycho Brahe. Curiosidades da historia...

domingo, 6 de noviembre de 2011

MAIS PELÍCULAS SOBRE CIENCIAS

Na Biblioteca do IES dispoñemos de varias películas que teñen con fio conductor a ciencia nalgunha das súas áreas como.
Una verdad incómoda.
https://docs.google.com/Doc?id=dgtgnh37_28529s9pkhc&pli=1
La Isla.
http://es.wikipedia.org/wiki/La_isla_(pel%C3%ADcula_de_2005)
Blade Ranner
http://www.rafaelrobles.com/tic/cine/dossierbladeurb.pdfEl indomable Will Hunting.
http://fcalzado.es/estudiodefilosofia/sites/default/files/El%20indomable%20Will%20Hunting.pdf
Una mente prodigiosa.
http://www.gaztetxo.com/modulos/usuariosFtp/connrecu/recur349A.pdf

CIENCIA E CINE






















Con motivo do mes da ciencia proxectaranse na Biblioteca dúas películas elexidas polo Departamento de ciencias:
Gattaca e Viaxe ao centro da terra
Se querede traballar estes temas nas titorías podedes empregara s seguintes fichas. Para Gáttaca: http://www.santiagoapostol.net/filosofia/etica.htm
http://mariadoloresgago.blogia.com/2009/111901-actividades-finales-y-gattaca-.php
Viaje al centro de la tierra:
http://www.docentesinnovadores.net/uncontenido.asp?id=1052


jueves, 3 de noviembre de 2011

TOLOS POLA CIENCIA


O debuxo orixinal desta interpretación foi realizado no século I a C. e acompáñase das notas anatómicas doutro pintor, e inxenieiro do século XV
Representa unha figura masculina nua en dúas posición sobreimpresas de brazos e pernas e coñecido como O Canon das proporcións humáns.
As relación que se establecen son:
  • Unha palma equivale ao ancho de catro dedos.
  • Un pe equivale ao ancho de cuatro palmas (30,48 cm).
  • Un antebrazo equivale ao ancho de seis palmas.
  • A altura do home son catro antebrazos (24 palmas).
  • Un paso é igual a un antebrazo.
  • A lonxitude dos brazos extendidos (envergadura) dun home é igual a sua altura.
  • A distancia entre o nacemento do pelo e do queixo é un décimo da altura dun home.
  • A altura da cabeza hasta o queixo é un octavo da altura dun home.
  • A distancia entre o nacemento do pelo a parte superior do peito é un séptimo da altura dun home.
  • A altura da cabeza hasta o final das costelas é un cuarto da altura dun home.
  • A anchura máxima dos hombreiros é un cuarto da altura dun hombre.
  • A distancia do codo ao extremo da mán é un quinto da altura dun home.
  • A distancia do codo a axila é un oitavo da altura dun home.
  • A lonxitude da mán é un décimo da altura dun home.
  • A distancia do queixo ao nariz é un tercio da longitude da cara
  • A distancia entre o nacemento do pelo e as cellas é un tercio da lonxitude da cara.
  • A altura da orella é un tercio da lonxitude da cara.
  • A distancia desde a pranta do pe hasta debaixo do xeonllo é a cuarta parte do home.
  • A distancia desde debaixo do xeonllo hasta o inicio dos xenitais é a cuarta parte do home.
  • O inicio dos xenitais marca a metade da altura do home.

O debuxo tamén é considerado como un símbolo da simetría básica do corpo humano e, por extensión, do universo no seu conxunto.

PREGUNTAS: DE QUÉ DOUS ARTISTAS FALAMOS, É UN ARQUITECTO ROMANO E O OUTRO UN POLIFACÉTICO HOME DO RENACEMENTO.


DE QUE CIENTÍFICA ESTAMOS A FALAR?

Neste mes da ciencia propoñémosvos que adiviñedes quen son os diferentes científicos. A primeira é esta muller.

PISTA: Primeira muller profesora na universidade de París e premio Nobel de física.





Resposta anterior: Tim Burton.

MES DA CIENCIA NO IES


O mes de novembro será o mes da ciencia no noso IES, e para coñecer algo máis da ciencia en tódals súas áreas, colaboraremos diferentes departamento e equipo de dinamización para facer desdte mes un proxecto integral e interdisciplinar adicado a ciencia. O departamento de ciencias naturais , organizador do evento contará coa colaboración , de Arte Plásticas, Matemáticas e o equipo da Biblioteca.
Organizaranse, proxección de películas, expositores con libros soer ciencia ( bioloxía, xeoloxía, astronomía, literatura, biografías de científicos e inventos...), exposicións, enquisas, realización de talleres nos que poderemos realizar diferentes experimentos, supervisados polo departamento de ciencias,e tamén aprenderemos a realizar papel reciclado no taller de artes plásticas.
Ademais de trataballar o tema nas diferentes áreas como titoría, traballando o reciclaxe, e os bos hábitos alimenticios ou artes plástica, a xeometría na arte, onde o alumnado de 1º e 3º da ESO realizarán diferentes actividades en relación a xeometría (rítmo, proporción, polígonos regulares, módulo,etc.)



miércoles, 2 de noviembre de 2011

Skugga-Baldur de Sjón

O próximo 24 de novembro Lector@s da Ulloa ten unha nova cita. ESta vez, o libro a comentar é Skugga-Baldur do autor islandés Sigurjión Birgir Sigursson, máis coñecido como Sjón. Skugga-Baldur é unha obra literaria de vangarda na que se mestura a alegoría e a mitoloxía nacional. O diálogo home- natureza está presente ao longo de todo o libro.
Lembrade que na biblioteca do centro tamén temos o audiolibro, unha novedosa maneira de ler.

miércoles, 26 de octubre de 2011

O Samaín e Halloween



O Samaín é unha celebración de orixe celta que a tradición cristiá converteu no Dá de Todos os Santos. A noite do 31 de outubro entra o Ano Novo Celta, simbolizando o fin do verán e a chegada do outono. Nesa noite as ánimas atravesan a porta que separa o mundo dos vivos do mundo dos mortos. Estes entran nas casas para quentarse e tomar algún alimento.

Halloween é a Noite das Bruxas, celébrase nos países anglosaxóns na véspera de Todos os Santos. Nesa noite colócanse candeas nas casas polos defuntos, xa que estes visitan aos seus familiares desde o mundo dos mortos.

martes, 25 de octubre de 2011

TEMAS SOCIAIS E HISTÓRICOS EN BANDA DESEÑADA

Como ben sabedes gustamos os cómic con temas sociais ou históricos, como Maus, Persépolis ou Mi año, a seguinte lectura será A Ola, a novela do estadonidense Morton Rhue adaptada ao cómic por Stefani Kampnan, en este cómic mostrasenos o experimento levado a cabo por un profesor de estadosunidos para explicar o nazismo,como o indivisuo sigue as masas, nun intento de formar parte de algo grande, dunha unidade dun todo, e como o individuo se vai alienando dentro do grupo chegando a marxinar a quen non forme parte do mesmo.

Espero que vos guste e que vos faga meditar tanto como a nós.

Agradecemos publicamente o préstito do Biblioteca Pública de Redondela dos exemplares para o Club de Lectura.


OS MEGATOXOS CHEGAN O IES

A segunda lectura para de "Enrédate coa lectura II" é Os Megatoxos, O aprendiz de druída, co que ademais de coñecer a catro intrépidos rapaces con poderes paranormais tras furir un accidente, coñeceremos algo mais sobre os celtas.

Espero que este libro vos intere e vos guste xa que temos pensado ler polo menos outros dous mais.

Como actividade para facer depois de comentar a ficha de argumento, persoaxes, opinión personal...Teredes que imaxinarvos que poder nome e aspecto teríades se fósedes un megatoxo. Ilustraremos o noso personaxe ou emblema (pode ser tipo celta).

Buscando a Drácula


Recreación da historia do vampiro máis célebre da literatura universal. En 1999, un xove bibliotecario atopa fortuitamente o diario da viaxe de Jonathan Harker a Transilvania no século XIX. Éste foi o inspirador do clásico "Drácula" de Bram Stoker en 1897. Un novo punto de vista da aterradora historia do inmortal Drácula.

lunes, 24 de octubre de 2011

POLA CARA

ESTE DIRECTOR SOE TER PESADELOS ANTES DE NADAL.

SOLUCIÓN ANTERIOR: MICAHEL JORDAN.

CADRO ESTRELA


Esta quincena a nosa propagonista é unha rapaza, que leva unha xoia que da nome ao cadro, ademais da película baseada nun perido da vida e obra do pintor holandes.
O pintor que pintou este cadro, pertence ao barroco, e representa interiores costumbristas nos que estudia a luz que procede habitualmente de grandes ventás.
Entre outras obras destacamos a da "Leiteira" tan coñecida por vós ao ser empregada en anuncios publicitarios dun famoso postre lácteo.
Saberías decir de quen estou a falar?
Como se chama o cadro estrela desta semana?
A SOLUCIÓN AO CADRO ESTRELA PASADO É MAGRITTE.

miércoles, 19 de octubre de 2011

O MES DO AUTOR : STEPHEN KING

Este mes do autor adicámolo a un mestre das literaruta de terror: Stephen King, coincidindo ca proximidade do Samaín. Na nosa Biblioteca dipoñemos dos seguintes títulos:





martes, 18 de octubre de 2011

CREA O TEU MONSTRUO NA BIBLIOTECA

A semana do 24 de Novembro con motivo do Samaín, levarase a cabo un taller de creación de monstruos, nos ordeadores da Biblioteca, visitando a aplicación : http://grabbabeast.com/#/build/

domingo, 16 de octubre de 2011

viernes, 14 de octubre de 2011

I love Jordi Sierra i Fabra


A primeiras reunións dos club de lectura xa están preparas, dentro de moi pouco teremos a oportunidade de dialogar sobre as lecturas realizadas. Ambalas dúas lecturas son do esritor Jordi Sierra i Fabra, ben porque nos encanta ou porque vos encanta tamén a vós. Un autor capaz de facernos estremecer ben de emoción cas súas historias onde mestura realidade e ficción, ternera ca máis dura e crule realidade, o que fai que a súa literatura sexa algo máis que lectura para nen@s.
"Enrédate coa lectura I " lerá Campo de fresas, un thriller inquietante, de ritmo frenético, unha conta atrás que mestura de realidade e ficción e nos debate entrea vida e a morte o ben e o mal. Novela idela para concienciar sobre as tráxicas consecuencias das drogas de diseño, así como de outros monstruos que amenazan na adolecencias como é a bulimia. a presión de grupo, os falsos amigos, etc...
"Enrédate coa lectura II", lerá "El niño que vivía en las estrellas" , lectura recomendada polo lectores de "Enrédate coa lectura I". por ser un libro que capaz de emocionar ca súa sinxeleza, que nos conta a historia dun médico que s atopa cun rapaz, desnutrido, sensible a luz do sol, que apenas sabe falar e que que asegurá vir de Andrómeda.
Para traballar estas dúas lecturas dispoñedes das seguintes unidades didácticas:


http://www.edicionessm.com.ar/ArchivosColegios/Argentina/Archivos/Argentina/Gu%C3%ADas/Gran%20angular.%20Alerta%20roja/Campos%20de%20fresas.pdf
http://www.gruposantillana.com.pe/plfichas/secundaria/azules/El%20nino%20de%20las%20estrellas.pdf
http://www.prisaediciones.com/uploads/ficheros/libro/guia-actividades/199603/guia-actividades-nin-vivi-estrellas.pdf

miércoles, 12 de octubre de 2011

"Seda" de Alessandro Baricco


"Era 1861. Flaubert estaba acabando Salammbô, a luz eléctrica era aínda unha hipótese, e na ruleta saía sempre o número dezaseis" Así comeza esta obra que nos narra a vida e as viaxes dun comerciante francés de vermes de seda. No Xapón, tras atravesar toda o continente europeo, os Urais, as estepas a lomo dun cabalo e parte de China, o comerciante namórase dunha muller. "Seda" é a historia deste desexo, unha obra que aínda sendo narrativa, é pura poesía.

Calendario 2011-12: Os lector@s da Ulloa

As obras seleccionadas para este curso 2011-12 para ler no Club de pais "Lector@s da Ulloa" son as seguintes:

Seda de Alessandro Baricco
Skkuga-Baldur de Sjón
1984 de George Orwell
O cazador de papaventos de Khaled Hosseini
La casa del propósito especial de John Boyne
Patagonia Express de Luis Sepúlveda
Purga de Sofi Oksanen

Coma sempre, as reunións serán o último xoves de cada mes a partir das 17.00 da tarde na Biblioteca do centro


Mes

Lectores

da Ulloa”

Outubro

27

Novembro

24 ou 1 de decembro*

Decembro

exames

Xaneiro

26

Febreiro

23 ou 1 de marzo*

Marzo

exames

Abril

26

Maio

31

Xunio

exames


Audiolibros


Xa chegaron a nosa biblioteca os audiolibros.
De momento "Seda", do autor italiano A. Baricco, e "Skugga Baldur" do islandés Sjón.
Dúas obras orientadas o Club de Lectura de Pais "Lector@s da Ulloa". É unha forma nova de ler, escoitando... Unha nova experiencia que non vos podedes perder nas horas de lectura do centro.
A través das voces dos narradores sínteste trasladado a outros mundos diferentes e exóticos, sínteste un espectador privilexiado... Non deixan de ser libros...Animádevos a escoitalos!

PREPARANDO O SAMAÍN


Como cada ano estamos a preparar o Samaín, este ano ademáis do concurso de microrrelatos de terror, recomendaremos un libro una historiaeta gráfica de medo, como é Coraline, unha historieta gráfica escrita por Neil Gaiman e ilustrada por P. Craig Russell. Na que se nos demostra que o que desexamos pódese facer realidade.
Coraline é unha nena , a cal se acaba de mudar a unha estrana casa ca súa familia, demasiado ocupados traballando para prestarlle que non lle presta a atención que a súa filla, que por aburrimento e soidade acaba por meterse en enredos.

domingo, 2 de octubre de 2011

POLA CARA



Xogador da NBA, coñecido sobre todo por a súa etapa nos Chicago Bulls. Ainda que tamén se lle relacinou co béisbol.

RESPOSTAS AS PRIMEIRAS PREGUNTAS

O cadro da primeira quincena é " A persistencia da memoria" ou " Os reloxes brandos" do español, Salvador Dalí pertencente o movemento artístico do surrealismo.
Os reloxos simbolizan o paso do tempo e como estamos doblegados a él. As formigas identícanse co sexo e ca idea de morte, neste caso vinculada ao paso do tempo. No cadro tamén aparece a ansiedade, a atmósfera que recrea danos a enterder que algo non está ben, unha árbore medio morta, sen follas e seca,nun paisaxe extrano, con luz mediterránea ao fondo mentras que no primero término es todo en penumbra. Fonte;http://arte.observatorio.info/2008/10/la-persistencia-de-la-memoria-salvador-dali-1931/


A solución do concurso pola cara é : PELÉ.Cristobál e Christian de 3º e 1º consecutivamente, adiviñárono.

"O fillo de Adán"

Esta segunda quincena presentámosvos os novo cadro estrela dos Simpsons, " O fillo do home" ,os de 3º teríades que saber quén o pintor da obra orixinal, xa que estades a facer un traballo sobre o mesmo ( quen me conteste correctamente recibirá un positivo).



O autor pintou este cadro como un autorretrato ainda que esta tapado cunha mazá , algúns teóricos cren que podede significar a tentación, de ahí a relación co título, facendo referencias tentacións da vida moderna. Segundo palabras do propio artista fixo este cadro para denunciar o doado que é para nós encher o que non coñecemos. Non sabemos o que hai detrás pero damos por suposto que é a cara dun home ou nesta caso Bart Simpson. Se lle queremos atopar unha lectura máis profundo podemos ver no cadro os secretos que ocultan os homes.
Información de Observatorio, una obra de arte del día.

viernes, 9 de septiembre de 2011

UNHA LECTURA PARA CADA MES






height="500" base="http://static.wix.com" scale="noscale" salign="tl" >

Make a Free Website at Wix.com

CADRO ESTRELA: OS SIMPSON NA ARTE

Cada 15 días poremos un cadro estrela no vestíbulo da Instituto. A non ser que teñamos algunha colaboración especial os Simpson serán os encargados de ensinarnos parte da historia da arte. Ademais teredes a oportunidade de participar no concurso do mesmo nome, no que disporedes dunha semana para contestar as preguntas que formularemos a primeira semana que este exposto o cadro.




Cal é o título do cadro?
Quén o pintou e cando?
Cal é a nacionalidade do artista que pintou o cadro?
A qué movemento artístico pertence?
O final de cada trimestre entregaremos premios segundo a participación.

CONCURSO DE SAMAÍN


Free website - Powered By Wix.com

BÚSCANSE AXUDANTES


Free website - Powered By Wix.com

ABERTO PLAZO DE INSCRIPCIÓN CLUBS DE LECTURA






height="600" base="http://static.wix.com" scale="noscale" salign="tl" >

Make a Free Website at Wix.com

viernes, 2 de septiembre de 2011

Lecturas de verán: "El silencio se mueve"


"El silencio se mueve, me lo explicó mi padre cuando yo era un niño. Y aquel amanecer de hace treinta años asomados al viejo mirador sobre el mar de la casa vieja de piedra, comenzó a escribirse mi destino...y probablemente, también esta página web. MI nombre es Juan Pertierra y me gusta decir que soy un estudioso del silencio. Durante años utilicé otras palabras; observador del silencio, investigador del silencio, incluso me tentó la idea, ligeramente ridícula, de llamarme detective del silencio"

Así comeza a obra de intriga de Fernando Marías "El siencio se mueve", unha novela dirixida a adolescentes, e na que o lector debe resolver un misterio a través de numerosas pezas que van encaixando. De fondo, o libro de Marías, reflexiona sobre o amor, a verdade, a mentira e a morte.

O autor acadou o Premio de Literatura Xuvenil coa obra "Zara y el librero de Bagdad"

jueves, 23 de junio de 2011

O rapeiro El Chojin visita a nosa biblioteca


El Chojin visitou un dos rincóns máis apreciados do IES: a nosa biblioteca. Alí asinou o seu libro "Ríe cuando puedas, llora cuando lo necesites". Os seus temas constitúen sempre unha crítica social. Nos seus textos aparecen alusións a non violencia, a inmigración e o racismo imperante na sociedade actual, así como a súa posición contraria as drogas e o alcohol. Utiliza o rap para concienciar e sensibilizar aos xoves dos problemas da sociedade na que vivimos.

sábado, 18 de junio de 2011

Como cada ano o equipo de Dinamización Lingüística agasállanos ca revista da é partícipe o noso alumnado, A leira dos Trasnos, que este ano tamén se presenta en formato dixital:

martes, 14 de junio de 2011

CARLOS MASIDE


Esta quincena adentrámonos na obra de Carlos Maside,recoñeciso debuxante e pintor galego do século XX.
Presentou a súa obra a varias exposiciones e colaborou cos seus debuxos en diversas publicacións periódicas como El Sol, El Pueblo Gallego, Nueva España, etc. En París aprende novas técnicas, como podemos observar a estética do grabado xaponés nas estampas coloreadas como O mercado, Pescantinas, Lavandeiras, Nena con regadeira, Vellas orando no tímpano de San Fiz, etc. No 1928 empeza a pintar óleos e destacarán cadros como Tendas, Moneca, Cabezudos, Autorretrato e Muller sentada, cadro estrela desta semana debuxado e coloreado polo alumado de 3º ESO. Nos anos de posguerra chega a plenitud artística con obras como A Cacharreira, Estaleiro, Campesinas en roda, Dúas paisanas, Costureira, Cociña, Mercado, Vendedora de pescado... Completan su producción artística outras obras como A sorte do paxariño, A sesta, Muiñeira... Tamén realizou as ilustracións para o libro Retrincos de Castelao.

sábado, 4 de junio de 2011

Dereito dos nenos a escoitar contos

1. Todo neno, sen distinción de raza, lingua ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
2. Todo neno ten dereito pleno de esixir que os seus pais lle conten contos a calquer hora do día. Aqueles pais que sexan sorprendidos negándose a contar un conto a un cativo, non só incurren nun grave delito de culpa senón que arríscanse a que os seus fillos nunca máis lle volvan pedir un conto.
3. Todo neno que non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a elixir a un adulto que llos conte, sempre e cando este demostre que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos.
4. Todo neno ten dereito a escoitar contos sentado nos xeonllos dos seus avós. Aqueles que teñan vivos aos seus catro avós poderán cedelos a outros nenos que non os teñan. Do mesmo xeito, aqueles avós que non teñan netos teñen a liberdade de ir a escolas, parques e outros lugares de concentración infantil donde poderán contar todos os contos que desexen.
5. Todo neno está no dereito de saber quen son José Martí e Andersen, entre outros. Os adultos teñen a obriga de poñer o seu carón todos os libros, contos e poesías destes autores.
6. Todo neno goza do dereito de coñecer as fábulas, os mitos e as lendas da tradición oral do seu país.
7. O neno tamén ten dereito de inventar e contar os seus propios contos ou modificar os xa existentes, creando a súa propia versión.
8. O neno ten dereito a esixir contos novos. Os maiores teñen a obriga de nutrirse de xeito permanente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reis, longos ou curtos. A única obriga é que sexan fermosos e interesantes.
9. O neno sempre ten o dereito de pedir outro conto e tamén que lle conten un millón de veces o mesmo.
10. Todo neno, por último, ten dereito a crecer xunto ás aventuras de Tío Tigre e Tío Coello, daquel cabalo que era tan fermoso e do inmortal Había unha vez..., a palabra máxica que abre as portas da imaxinación no roteiro cara os soños máis fermosos da infancia.

Asociación Colombiana del Libro Infantil

Grazas Paz por esta fermosa aportación

Día das Letras Galegas: "O achado do castro"


A tarde do pasado luns día 30 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas no centro. Todo o alumnado puido asistir e disfrutar da representación teatral "O achado do castro" do autor Manuel Núñez Singala, a cargo do grupo de teatro de Antas de Ulla. O argumento da obra é o seguinte: Manolitus e Carmiñae son dous rapaces namorados, pero o Emperador, pai de Carmiñae, non consinte tal relación, e tampouco Arpexia, nai de Manolitus, que é a comerciante máis rica do Imperio. Por si fora pouco catro ladroas tentan roubar, sen demasiado éxito, a coroa do Emperador. A todos estes personaxes temos que sumar dúas escravas, unha sabia que non o é tanto, e tres soldados romanos con moi poucas luces. Todo isto da lugar a esta divertida comedia romana.

jueves, 2 de junio de 2011

Animación á lectura: Charla co monterrosino Daniel Salgado


O vindeiro luns día 13 de xuño, os alumnos de 4º ESO e 1º BAC poderán disfrutar dunha charla co monterrosino Daniel Salgado, especialista na obra de Lois Pereiro, homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Daniel Salgado é licenciado en ciencias da comunicación e doutorado en Filoloxía Galega pola USC. É director de "Ariel", boletín quincenal de cinema en galego, colaborador de "A trabe de ouro", de "A Nosa Terra", "Dorna" e "Xistral". Foi tradutor ao galego de Allen Ginsberg e como poeta gañou varios premios; en 2002 o Premio de Poesía "Uxío Novoneyra" coa obra "Sucede", en 2004 o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño co libro "Agora qué" e en 2004 o Premio Esquío de Poesía por "Días no Imperio".

O mundo de Senén Olano


O vindeiro luns día 6 de xuño a partir das 16.00h o alumnado de 1º BAC poderá disfrutar dunha charla-conferencia sobre "Feísmo arquitectónico" a cargo do artista Senén Olano.
Senén Olano é arquitecto, deseñador e defínese como autodidacta por vocación. Como indica no seu blog "El mundo de Senén Olano" "Entiendo la creación como un todo indisoluble pero teniendo muy claro que un edificio no es un cuadro, un arquitecto no es un artista y que uno debe saber siempre lo que hace, porqué lo hace y cuando merece la pena hacerlo"Un pracer telo connosco no centro


martes, 31 de mayo de 2011

A MURALLA O PUNTO DE REENCONTRO

O venres día 20 reencontrarnos cos nosos amigos lectores do Leiras Pulpeiro, cos que ademais de compartir amizade tamén compartimos lecturas, ademais tamén tivemos a oportunidade de coñecer a algúns dos nembros do club de lectura do IES Xogar de Sarria, tamén convidados por lo Leiras Pulpeiro. Nesta ocasión lemos obra de Antonio Reigosa “Lu e Go pola muralla”, xa que nos pareceu a escusa perfecta para pasear pola cidade recordando pasaxes do libro, ca luxo engadido de que os nosos anfitrios invitaron ao autor do libro que nos fixo a honra de facer a visita comentada pola muralla de Lugo e firmarnos uns exemplares, desta disparatada historia que narra as peripecias dun gato que persegue a un rato arredor da muralla de Lugo. Neste percorrido mesturarase ficción e realidade, ao igual co na nosa viaxe, na cal atopámonos co señor alcalde que nos saudou amizosamente , un compañeira quixo seguir a Go polos pasadizos da muralla, escorréndose polas táboas que hai na porta Miñá, toparmos cun turistas que menciona no libro , co can de tres testículos e ata cun budha,. Todo iso e moito máis pode ocorrer na nos muralla.