Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de noviembre de 2022

SAMAÍN

 Este ano, con motivo do Samaín, recomendamos lecturas de terror.


O Departamento de inglés e o e equipo de Biblioteca organzaron un concurso de postres de Halloween. Participaron moitas alumnas e alumnos con postres terroríficos.




Estes son as rapazas e rapaces que participaron:


A Biblioteca estivo ocupada por seres sobrenaturais.





No recreo, coa axuda do Equipo de Dinamización Lingüística, organizouse unha lectura de contos de terror. Grazas a Naiara e a Gema por axudarnos!



jueves, 27 de octubre de 2022

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Un ano máis o Equipo e Dinamización Lingüística e a Biblioteca convocaron o  Concurso de relatos de terror. O último día para presentar os traballos será o 4 de novembro de 2022.

Podedes consultar as bases nos taboleiros do centro ou na Biblioteca.



jueves, 25 de noviembre de 2021

TRABALLOS DO ALUMNADO DE DEBUXO ARTÍSTICO DE 2º DE BACHARELATO


O alumnado de debuxo artístico de 2º de Bacharelato realizou estes traballos con motivo do Samaín. Están baseados nas ilustracións de Fernando Vicente da novela Drácula de Bram Stoker.
O libro está dispoñible na Biblioteca.








 

lunes, 13 de enero de 2020

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

   O pasado 20 de decembro entregáronse os premios aos gañadores do concurso de relatos de terror, convocado para celebrar o Samaín.
O primeiro premio foi para Jorge Lobato Vázquez, co relato titulado O ciberasasino.
O segundo premio gañouno Ánxela Fernández Otero, con A imaxinación dunha humana.
Finalmente, o terceiro premio entregóuselle a María Suárez Fontao, con Lucía, a vella muller.


martes, 23 de octubre de 2018

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

O Departamento de Dinamización Lingüística e o Equipo da Biblioteca do IES Monterroso convocan un ano máis un concurso de relatos de terror para celebrar o Samaín no que poderá participar todo o alumnado deste instituto.,
Os autores dos tres mellores relatos recibirán un premio e os textos serán publicados na revista do centro.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

SAMAÍN

    No IES de Monterroso non esquecemos conmemorar o Samaín. 
    Os/as alumnos/as de 1º ESO B expuxeron unhas postais que realizaron nas clases de Educación Plástica. Estas postais serviron para ambientar o vestíbulo do instituto, xunto cos traballos que elaborou o alumnado de Investigación e Tratamento da Información, sempre coa colaboración dos Departamentos de Lingua Galega, Normalización Lingüística e Vicedirección.



Na Biblioteca entregáronse os premios do concurso de relatos de "terror na biblioteca". A gañadora, Cecilia Mato Serén, de 1º ESO, leu aos compañeiros/as o seu conto.






sábado, 29 de octubre de 2016

UNHA BIBLIOTECA TERRORÍFICA

Onte, venres 28, as dúas últimas horas de clase do alumnado de 1º e 2º de ESO do noso Instituto foron terroríficas. Disfrazados para a ocasión, desplazámonos á Biblioteca, ambientda tamén, para estremecernos con relatos de terror e coa proxección dun curto terrorífico e arrepiante. Lemos relatos de
Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz,
Cuentos de miedo. Solo para jóvenes intrépidos, VVAA;
Retrum. Cuando estuvimos muertos, de Francesc Miralles;
Historias de fantasmas. Relatos de terror y misterio. VVAA
Contos de medo no museo. Relatos do museo provincial de lugo. VVAA

 
 


 


 



martes, 25 de octubre de 2011

Buscando a Drácula


Recreación da historia do vampiro máis célebre da literatura universal. En 1999, un xove bibliotecario atopa fortuitamente o diario da viaxe de Jonathan Harker a Transilvania no século XIX. Éste foi o inspirador do clásico "Drácula" de Bram Stoker en 1897. Un novo punto de vista da aterradora historia do inmortal Drácula.

miércoles, 19 de octubre de 2011

O MES DO AUTOR : STEPHEN KING

Este mes do autor adicámolo a un mestre das literaruta de terror: Stephen King, coincidindo ca proximidade do Samaín. Na nosa Biblioteca dipoñemos dos seguintes títulos:





martes, 18 de octubre de 2011

CREA O TEU MONSTRUO NA BIBLIOTECA

A semana do 24 de Novembro con motivo do Samaín, levarase a cabo un taller de creación de monstruos, nos ordeadores da Biblioteca, visitando a aplicación : http://grabbabeast.com/#/build/

domingo, 16 de octubre de 2011

miércoles, 12 de octubre de 2011

PREPARANDO O SAMAÍN


Como cada ano estamos a preparar o Samaín, este ano ademáis do concurso de microrrelatos de terror, recomendaremos un libro una historiaeta gráfica de medo, como é Coraline, unha historieta gráfica escrita por Neil Gaiman e ilustrada por P. Craig Russell. Na que se nos demostra que o que desexamos pódese facer realidade.
Coraline é unha nena , a cal se acaba de mudar a unha estrana casa ca súa familia, demasiado ocupados traballando para prestarlle que non lle presta a atención que a súa filla, que por aburrimento e soidade acaba por meterse en enredos.

sábado, 13 de noviembre de 2010

CADERNOS DE MEDOS

Como xa vos dixen, os alumnos/as de 3º da ESO na materia de Educación Plástica e Visual xunto co "Enrédate coa lectura II" estaban a preparar unha actividade conxunta, mentras uns escribían os seu medos materializábanos en imaxes. O resultado foi dous Cadernos de Medos, onde se conxugan a verbas e as imaxes adentrándose nos medos máis profundos da humanidade; os insectos, a soidade, a pobreza, a oscuridade, o mar, as alturas, a perda de libertade, os monstruos, a morte,etc.
Espero que vos guste:




domingo, 31 de octubre de 2010

IMAXES PARA O SAMAÍN: EDWARD GOREY






Edward Gorey foi un escritor, poeta e humorista moi singular. Traballou no cine e no teatro, en obras como
"Drácula". Este norteamericano foi un dos ilustradores máis cotizados dos anos 70 do século XX influindo enormemente en cineastas e animadores como Tim Burton e Rob Reger o creador de Emily The Strange. E. Gorey é excéntrico, macabro e perverso.
Aquí van algunhas das súas maravillosas ilustracións

martes, 5 de octubre de 2010

UNHA BIBLIOTECA DE MEDO!



Ademáis do Concurso de Relatos de Terror tamén estamos preparar outras actividades:
Expositores sanguentos,este mes adicaremos os expositores o Día de Difuntos, asi que poremos libros de temática de terror nos expositores da Biblioteca.
Contos para non durmir. Contacontos de medo. Día das Bibliotecas 25 de Outubro.
Ciclo de contos Edgar Allan Poe, proxección de adaptacións cinematograficas dos seus contos. Semana do 25 o 28 de Outubro.
Para levar a cabo este actividade consultaremos os seguintes enlaces:
El cuervo, versión de los Simpson
El retrato oval.
El gato negro

El corazón delator
El pozo y el péndulo
La máscara roja
Vincent
Homenaxe de Tim Burton a Edgar Allan Poe

Outras curtametraxes ca temática de difuntos que quero compartir con vós son:

Este curto encantoulles os meus alumnos do curso pasado de 1º da ESO.
El espectro del bosque
Hasta los huesos
o La llorona de René Castillo






CONCURSO DE RELATOS DE TERROR




Con motivo do Samaín estamos a preparar actividades especiais, unha delas é o Consurso de Relatos de Terror, o gañador terá un premio e os participantes tamén serán recompensados. Anímete!