Mostrando entradas con la etiqueta cadro-estrela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cadro-estrela. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de noviembre de 2013

"Un día de choiva" de Caillebotte



"Rúa de París nun día de choiva"  amósanos  o estilo particular do artista francés Gustave Caillebotte. Encadrámolo nun realismo case fotográfico, moi minucioso,  pero a súa pintura achégase ao Impresionismo de Renoir. Os seus cadros presentan a vida cotiá parisiense nas súas rúas. Neste caso semella unha instantánea que sitúa ao espectador nunha encrucillada de rúas no París de Haussmann, o gran urbanista que cambia a face da capital francesa no século XIX. Haussmann derriba o caótico París medieval e abre amplias avenidas con grandes perspectivas que Caillebotte plasmou nas súas obras.

miércoles, 17 de octubre de 2012

Cadro-estrela da semana: "La bola de cristal"




Este cadro foi pintado en 1902 polo británico John William Waterhouse. Este artista pertenceu ao Grupo Prerrafaelita, que acolleu a un número importante de pintores ingleses cuxo obxectivo era conseguer a beleza e a simplicidade da arte do século XV e XVI, tendo como principal figura ao gran pintor italiano Rafael.

Os Prerrafaelitas son un grupo que representa ao Romanticismo inglés, buscando plasmar no cadro os sentimentos do artista.

Neste cadro "A bola de cristal" amósase a unha muller vestida de vermello mirando fixamente cara unha bola de cristal e realizando algún feitizo coa axuda dun libro e dunha calavera. O autor trata de transmitir a maxia e o poder das profecías, ou sexa, crear no espectador un sentimento místico rodeado dse certo misterio.

Son os grandes temas de Waterhouse, ademáis dos mitos e das lendas baseados na literatura. 

A continuación, os alumnos de 1º ESO opinan sobre o cadro: 

"Gústanos este cadro porque presenta un debuxo perfecto, cunha cor moi intensa, un vermello que parece terciopelo... O rostro da muller, a bola e a calavera causan moita intriga..."
Carmen Barrul e Jose Luis Fernandes

"Un cadro misterioso, gústame..."
Raúl Ríos

jueves, 12 de abril de 2012

Cadro-estrela da semana: "Morte de Marat" de J. L. David


Cadro conmovedor clasificado dentro do Clasicismo do século XVIII e como arte revolucionario. Representa a morte de Marat, unha figura clave da Revolución Francesa. Marat era un revolucionario xacobino que foi asasinado en 1793.

Marat tiña unha enfermidade na pel e tomaba baños terapéuticos a miúdo. Na bañera o sorprende a morte en mans da súa asasina; Charlotte Corday.

O cadro é simple, moi sobrio, sen ornamentación. Representa a morte case prácida, non hai violencia. Os tons son fríos e apagados. A parte superior está totalmente vacía, simboliza a soidade e o silencio do momento. na inferior atópase Marat na bañera. Na man esquerda sostén unha carta, o brazo dereito cae pesadamente sobre o chan.

Trátase dun dos cadros máis sobrecolledores da historia da pintura.