Mostrando entradas con la etiqueta literatura contemporanea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta literatura contemporanea. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de mayo de 2014

"Balzac y la joven costurera china"


Esta obra de Dai Sijie é unha homenaxe á literatura non só como medio de coñecemento senón de ventá cara a plenitude persoal e a liberdade. Os dous adolescentes protagonistas alivian a súa penosa situación na China de Mao a través da lectura, coñecendo así outros mundos. No libro  está presente o tema do amor e  da liberdade.
Para rematar o curso, que mellor forma que lendo sobre libros!
 

A obra foi levada o cine polo propio autor en 2001 recibindo o Globo de Oro á mellor película no ano seguinte. 



miércoles, 7 de mayo de 2014

Club de lectura: "El señor de las moscas"


"El señor de las moscas" é unha obra clásica da literatura contemporánea. O seu autor é o británico Willian Golding que foi Premio Nobel de literatura no ano 1983.

O autor, ademáis de novelista, foi profesor e tomou parte na II Guerra Mundial. Os seus textos exploran os dilemas morais e as reaccións do ser humano cando éste está sometido  a situacións extremas. Os anos de barbarie e a crueldade da guerra causáronlle un gran impacto. De aí a súa visión pesimista sobre o ser humano.

"El señor de las moscas" é unha obra sobre a condición humana, unha reflexión sobre a falta de normas e do establecemento dunha forma de goberno tiránica e violenta. Isto está moi en relación co contexto da época que vivíu Golding: o ascenso dos totalitarismos.

A novela conta a historia dun naufraxio. Os protagonistas son rapaces entre seis e doce anos. A orde é establecida polos maiores, mentras os pequenos só saben xogar, comer e durmir. Os maiores organízanse para a caza, fan os refuxios, piden axuda a través de sinais...Sen embargo a violencia, o sangue e a morte van caracterizar a forma de goberno tiránica que se impón na illa. O tema da guerra está moi presente no libro. Unha reflexión sobre o ser humano, sen dúbida.


A lectura do mes de abril no club de lectura "Lector@s da Ulloa"

lunes, 31 de marzo de 2014

"As voces baixas" de Manuel Rivas

O libro de lectura deste mes no club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" é "As voces baixas" de Manuel Rivas. É unha autobiografía do propio autor, da súa infancia, doas súas lembranzas e da súa primeira xuventude. Á vez, é unha biografía colectiva da xente do común ambientada na pequena aldea do Castro de Elviña, nas aforas dunha cidade en crecemento, A Coruña. A propia aldea de Castro, o  cemiterio de san Amaro, a rúa da Marola perto da Torre, a prisión provincial, o instituto mixto de Monelos ou a enxebre taberna Dos Beléns tamén de Monelos son os lugares que poboan esta novela de Manuel Rivas na que nos amosa que son as voces baixas. Estas son as lembranzas, os murmurios dos nenos e tamén as voces prohibidas dos anos do franquismo...
Á vez, Manuel Rivas, réndelle homenaxe a súa irmá María, muller que se adiantou ao seu tempo e que morreu moi nova. 
Manuel Rivas indica que esta obra é un libro do principio e do final. 

A vindeira lectura do club é "El señor de las moscas" de William Golding, un clásico da literatura contemporanea. A reunión, o último luns do mes (28 de abril).

lunes, 4 de febrero de 2013

Lector@s da Ulloa: "El gran Gatsby"


O pasado xoves día 31 de xaneiro asistimos a unha nova reunión do club de lectura de pais e nais "Lectr@s da Ulloa". "Marcas de nacemento"  de Nancy Houston e "La vieja sirena" de J. L. Sampedro foron as obra lidas no Nadal. Nosos grandes lectores fixeron comentarios sobre estas obras contemporáneas.

O 28 de xaneiro temos unha nova cita. A obra, nesta ocasión, é "El Gran Gatsby" do norteamericano Francis Scott Fitzgerald. Esta obra captura o espírito da xeración de Fitzgerald é un dos grandes clásicos da literatura contemporánea norteamericana. Unha novela sinxela e fermosa que conta a historia do millonario Jay Gatsby, plasmando á sociedade dun país. Os cartos, a ambición e a luxuria están presentes nesta gran obra. Unha fábula sobre o soño americano.

viernes, 30 de noviembre de 2012

Lector@s da Ulloa: Coñecendo a Paul Auster




"El palacio de la luna" de Paul Auster é unha obra que envolve e que nos  engancha desde a primeira páxina lida. Na primeira parte da obra, o protagonista, Marco Frogg, déixase levar cara ó verdadeiro inferno. O delirio que lle provoca a fame convértese en verdadeira loucura. O espectador asiste  á  soidade do personaxe principal desta impactante novela. Tras saír do inferno no que vive grazas ó amor,  Marco atopa traballo coidando a un ancián paralítico. Aquí a novela vólvese totalmente esperpéntica e surrealista. Ao longo do resto da novela; o tema do amor, o azar e a soidade mestúranse. Son, realmente, os grandes temas de Auster.

Paul Auster é un dos grandes escritores norteamericanos actuais. AS súas obras  son o resultado dunha vida intensa; Paul Auster traballou como "negro" para outros escritores, traballou nun petroleiro, vivíu na indixencia nunha breve  etapa da súa vida, ó igual que  Marco Frogg en "El palacio de la luna". Nas súas obras está presente a tráxica soidaded do home xunto a outro tema estrela da súa  produción: o azar.