Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de mayo de 2022

MÁIS SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Alumnado de varios cursos está a facer diferentes actividades sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Para buscar a información, os rapaces e rapazas visitan a exposición que temos no soto, frente á biblioteca. 

O noso eslogan para este ano é "A festa das nosas letras".












viernes, 13 de mayo de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe iniciamos a conmemoración do Día das Letras Galegas. No recreo tivo lugar un acto organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de Biblioteca. 

Nerea Gómez e Rodrigo Otero, de 4º e 3º de ESO respectivamente, explicaron aspectos da vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Posteriormente, contamos coa colaboración de Falcatrueiros. Un grupo de alumnas e alumnos que forman parte desa asociación actuou ante todos nós para celebrar a Festa das Nosas Letras.


Os retratos de Florencio Delgado Gurriarán que aparecen no cartel foron feitos por alumnado de Debuxo artístico.














miércoles, 6 de junio de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar a Semana das Letras Galegas, adicada a María Victoria Moreno, o alumnado de Plástica e de Galego realizaron diferentes traballos que foron expostos no vestíbulo do centro.




lunes, 3 de junio de 2013

Mini e Mero: Trovadores deste século



O pasado mércores estiveron no IES de Monterroso Mini e Mero. Charla e música de novo no Salón de Actos do centro. Os cantantes do inicial grupo "Fuxan os ventos" e despóis integrantes de "A Quenlla" ofrecéronnos unha nova forma de aprender disfrutando. O tema xirou en torno á música de tradición oral baseada nas cantigas medievais. 

Mini e Mero como trovadores deste século.

martes, 14 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013: Rosa Cedrón no IES de Monterroso


Este curso para conmemorar  o Día das Letras Galegas estará connosco a artista  Rosa Cedrón.
Rosa Cedrón  é cantante e violonchelista, coñecida por ser a voz do grupo "Luar na lubre". Colaborou con Mike Oldfield no disco Tubular Bells III incrementado a popularidade do grupo galego. A partir de 2005 inicia a súa carreira en solitario co seu disco "Entre dous mares". En 2010 sacou novo disco xunto a artista Cristina Pato.



Con todos nós, o día 16 de maio no IES. Todo un pracer.

sábado, 4 de junio de 2011

Día das Letras Galegas: "O achado do castro"


A tarde do pasado luns día 30 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas no centro. Todo o alumnado puido asistir e disfrutar da representación teatral "O achado do castro" do autor Manuel Núñez Singala, a cargo do grupo de teatro de Antas de Ulla. O argumento da obra é o seguinte: Manolitus e Carmiñae son dous rapaces namorados, pero o Emperador, pai de Carmiñae, non consinte tal relación, e tampouco Arpexia, nai de Manolitus, que é a comerciante máis rica do Imperio. Por si fora pouco catro ladroas tentan roubar, sen demasiado éxito, a coroa do Emperador. A todos estes personaxes temos que sumar dúas escravas, unha sabia que non o é tanto, e tres soldados romanos con moi poucas luces. Todo isto da lugar a esta divertida comedia romana.