jueves, 17 de diciembre de 2015

LER NO NADAL

As nosas recomendacións de lectura pra este Nadal. Podes atopalas na nosa Biblioteca.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Lector@s da Ulloa

O MALETÍN DO MESTRE de Hiromi Kawakami
O club de lectura de adultos, "Lector@s da Ulloa", comezou a súa andaina deste curso, con anovadas ilusións e con novas incorporacións, !xa somos 15!.
Empezamos con unha fermosísima historia de amor. Tsukiko, unha solitaria muller de 38 anos, vaise namorando do seu vello profesor de xaponés, Matsumoto, viuvo, ó que chama o  mestre. Tras varios encontros, máis ou menos casuais, aderezados con saborosas delicias gastronómicas xaponesas e groliños de sake, xorde o amor, malia diferencia de idade.
Pero non é unha historia de amor máis. É unha historia de amor moi simple ("Sentíame feliz ó seu lado. Eso era todo"); unha historia de amor na que todo ocorre "por casualidade"; na que os encontros entre os namorados carecen de contido preciso pero transfórmanos en significativos acontecementos; o amor que Tsukiko sente polo seu mestre non é un amor platónico de xuventude, senon un amor auténtico, real; non está con él porque se sinta sola ou porque non teña outra opción (a aparición dun antigo pretendente de xuventude e o seu rexeitamento son a xustificación da autenticidade do amor que sente polo seu mestre), está con él porque está realmente namorada.
Na novela hai numerosas referencias poéticas relacionadas cos haikus (poemas tradicionais xaponeses de tres versos, sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente; e fan referencia a esceas da natureza ou da vida cotidiana). Algúns dos membros do grupo atrevémonos a compoñer un haiku ó rematar a reunión.

Dame un bico                                                   Do maletín so
aloumiña meu corpo                                         follas no firmamento
brinda con sake                                                 sentir o vento
         (Asunción Casas)                                                      (Ana Vila)

Comezamos con                                                Sol, mar, salitre
o maletín do mestre                                           vento tolo do nordés
o andar do club                                                  miña serea
       (Filomea Ocampo)                                                    (Miguel Rico)

Mª del Carmen Pleger, Mª Carmen Gómez, Pedro del Rio, José Luis Fernández, Noelia Serrano, Filomena Ocampo, Manolo Vilar, Asunción Casas, Mª Soledad García, María Fuertes, Ana Vila.... E non aparecen na foto Olga Bruzos, Mª Carmen Varela, Carmen Sarmiento (a esa mesma hora tiñan que "tocar noutra praza"). E un servidor, Miguel Rico (alguén tiña que sacar a foto)

Próximaas lecturas (dous libros, para recuperar o tempo perdido): 
Arráncame la Vida de Ángeles Mastretta e El libro de los Abrazos de Edurado Galeano.

jueves, 12 de noviembre de 2015

ENRÉDATE COA LECTURA

Comezamos un novo curso. Os grupos do Club de Lectura "Enrédate coa Lectura" do IES de Monterroso tivemos a semana pasada a primeira xuntanza deste curso. Somos tres grupos de 1º e 2º de ESO (30 en total) e dous grupos de 3º e 4º de ESO (21 en toal). Coordinados por catro profesoras/es.
Durante este curso os grupos de 1º e 2º de ESO imos ler estas obras:
                                1. Nata y chocolate. Alicia Borrás Sanjurjo
2.  Rapazas. Agustín Fernández Paz
3.  El niño con el pijama de rayas // O neno do pixama a raias. John Boyne
4.  Estás na lúa. Carmen Montalbán
5.  La música del viento. Jordi Sierra i Fabra
6.  A illa de todas as illas. Xabier P. Docampo

Nos grupos de 3º e 4º as obras que imos ler son:
 1.    O único que queda é o amor. Agustín Fernández Paz

2.    El extraño. Jordi Sierra i Fabra
3.    Un viejo que leía novelas de amor. Luis Sepúlveda
4.    O corazón de Xúpiter. Ledicia Costas
5.    A pomba e o degolado. Fina Casalderrey
6.    La ciudad de las bestias. Isabel Allende


Tamén temos un Club de adultos (nais, pais, profesorado...), "Lector@s da Ulloa". O 24 de novembro teremos a primeira xuntanza para falar de O maletín do mestre. Hiromi Kawakami . Ademáis este curso imos ler:


1.    Herba moura. Teresa Moure
2.    El libro de los abrazos. Eduardo Galeano
3.    Arráncame la vida. Ángeles Masttreta
4.    Dende o conflito. María Reimóndez
5.    Galván en Saor. Darío Xohán Cabana
                  6. Un saco de canicas. Joseph Joffo








sábado, 27 de junio de 2015

Visita á Ribeira Sacra

Rematado o curso, o xoves 25 de xuño, 22 alumnnas/os dos clubs de lectura "Enrédate coa Lectura" e 6 nais/pais do club de lectura de adultos "Lector@s da Ulloa"xunto con 3 profesoras/es coordinadores dos mesmos, fixemos unha excusión á Ribeira Sacra. Visitamos a presa do encoro de Belesar; fixemos unha viaxe en catamarán, polo encoro dos Peares, dende Belesar; disfrutamos dun xantar compartido e dun refrescante baño na Praia da Cova, no mesmo encoro; e rematamos a xornada con unha visita ó Ecomuseo de Arxeriz, que nos amosou a cultura fluvial existente arredor do Miño, etenografía, arte, patrimonio, entroido, viticultura... da zona.








Lecturas Teatralizadas

No festival de final de curso, o 19 de xuño, os membros do club de lectura "Enrédate coa Lectura" de 1º de ESO representaron anacos de "O vello que quería ver o tren" de Rafael Dieste, e o 1º acto de "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.




miércoles, 13 de mayo de 2015

Encontro con Lu e Go pola muralla

Os membros do club de lectura de 1º e 2º de ESO do IES de Monterroso e os do IES de Palas de Rei tivemos, o pasado xoves día 7, un encontro con Antonio Reigosa, autor do libro "Lu e Go pola muralla". Guiados polo autor, e seguindo as aventuras de Lu e go, comezando na porta Miñá, percorremos a Muralla de Lugo. Aprendimos moitas cousas da historia da cidade e das portas da súa muralla, e estivemos nos escenarios das aventuras do gato Lu e e do rato Go.
Tamén vos podemos contar que Reigosa nos adiantou que a cadela Laia, protagonista secundaria na obra de Lu e Go, e que ven de pasar a mellor vida, será a protagonista principal da súa próxima obra.



O MÉRCORES TEÑO UN PROBLEMA



PROBLEMA Nº 14 (13/05/2015)

DESPEDIDA DE AMIGOS

Se ó despedirse oito amigos se dan a man, cantos apretóns de man se darán en total?


(Entrega a resposta na Biblioteca antes do 2º recreo do martes 19 de maio)
 

REPOSTA PROBLEMA Nº 13
8 horas
A primeira gabia ten un volume de un metro cúbico. A segunda é de 8 metros cúbicos, polo que precisará oito veces máis de tempo para abrila.