Durante 15 días o vestíbulo do noso IES engalánase ca exposición Cartas e Amor, a cal recolle a visión de 15 artistas sobre a violencia machista.
Esta exposición prestamos a oportunidade de facer reflexionar ao alumnado sobre a violencia machista, e o que xera: odio, violencia, posesión, celos, perda de identidade, etc...
Ademais esta exposición acompáñase de máis medio cento de libros emprestados pola Biblioteca da Fundación Novacaixagalicia. Todos estes libros fomentan a lectura en igualdade, introducíndonos algúns no universo feminino dende diferentes perspectivas.
Así que estades todos invitados, a ver e ler.
Non me quero despedir sen agradecer a tódolos organismos pertinentes a súa colaboración e axuda para levar a cabo esta exposición. Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario