jueves, 31 de enero de 2019

LECTURAS DE DECEMBRO E XANEIRO

Durante os meses de decembro e xaneiro no club de lectura Lector@s da Ulloa, lemos dous libros, que comentamos na reunión que se celebrou o martes 26 de xaneiro.



El rey recibe, de Eduardo Mendoza

A opinión case unánime dos membros do club foi que a lectura desta novela resultou un pouco decepcionante, xa que nos pareceu complexa e árida.
O feito de que forme parte dunha triloxía implica que careza de final, deixando o camiño aberto a unha continuación.






O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro

Os membros do club de lectura coincidimos en que  a historia de Delia e Miro resulta moi entretida.
Destacamos como se reflicte a pegada dos diferentes acontecementos históricos de principios do século XX na vida do pobo de Vilagarcía.
Igualmente nos sorprendeu como o autor recupera, ao final da narración, a figura do alemán e a súa relación co Cemiterio dos Ingleses.
En definitiva, trátase dunha obra moi recomendable.

martes, 8 de enero de 2019

GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Tamén durante o festival de Nadal, o día 21 de decembro, entregouse o premio á mellor postal de Nadal. O concurso foi organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística.

            O gañador foi Hugo Rodríguez Sánchez, de 1º de ESO.




GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN

   Os gañadores do concurso de relatos de Samaín, organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística e polo Equipo da Biblioteca, son:

 

 3º premio: Lucía Vázquez Gómez, de 2º ESO, coa narración titulada"O neno da desgraza".

  1º premio: Ánxela Fernández Otero, de 1º ESO, co relato "50 formas de matar".




 2º premio: Marcos Ouro Mosquera, de 1º ESO, con "O vampiro".

 



3º premio: Lucía Vázquez Gómez, de 2º ESO, coa narración titulada"O neno da desgraza".


                     



   Os premios e os diplomas foron entregados o día 21 de decembro durante o festival de Nadal.